domingo, 11 de octubre de 2009

Estar sin saber estar

En Lugo estamos no San Froilán. E aínda que a situación non está para moitas celebracións, esforzámonos por disfrutar desta cita anual e por evitar que a situación económica e a choiva desluzan os últimos destellos da festa.

Hai que recoñecer que, o que máis e o que menos e en maior ou menor medida, deixase levar pola algarabía xeral. Tamén os políticos rebaixamos, uns máis que outros, claro está, e en función da trascendencia do asunto a debatir, un pouco o tono. Cada cousa no seu tempo e sobre todo no seu contexto.

Non se trata tampouco de deixarse levar polo consello universal (e sempre acertado, dito sexa de paso) de que na terra dos lobos hai que ouvear coma todos pero si, cando menos, de telo presente.

Está tan fora de lugar, por exemplo, que un vaia de troula co ceño fruncido coma que atenda os cometidos laborais cotidians con excesivo ánimo festivo. Son desas cousiñas que caen de caixón. E coma case sempre hai tempo para todo, case sempre hai tamén un lugar para cada cousa. Suliño o do case porque ás veces nin o intre nin o foro resulta o axeitado para facer según que cousas.

Xa saben vostedes a diferencia de matiz notoria entre estar e saber estar ou ser autoritario ou transmitir autoridade, ás que poderiamos engadir unha lista longuísima de notorios matices. Sutís, burdos ou incluso excesivamente impertinentes se queren, pero diferencias ó fin.

É algo parecido ó respeto institucional ó que, antes ou despois, con maior ou menor profusión, sempre botamos man os políticos. Ás veces é unha mera excusa, unha crítica fácil; outras, simplemente a colocación dos puntos onde corresponde porque o cortés non ten nunca razóns para estar de uñas co valente.

Hai criticas ou alusións ou matices ou valoracións ou como queiran vostedes calificalas que a un lle gustan máis ou menos. Como todo e a todos. Pero hai que asumir, e neste caso refírome específicamente ós políticos, que ó igual que temos dereito á censurar o que non nos parece axeitado, tamén temos a obrigar de aceptar os reproches que nos fagan. E temos, ademais, foros dabondo para facelo. O que ó meu entender non é de recibo, nin sequera respetuoso, é empregar atalaias inaxeitadas para facer uso do dereito á réplica e, dende logo, un acto institucional, que non político, non parece o lugar máis idóneo para facelo.

Estoume a referir, como xa intuirían moitos, ó acto oficial de colocación da primeira pedra dunha nova ponte sobre o Miño protagonizada polo ilustre ministro lucense de Fomento. Levabamos máis dun lustro agardando polo singular trance e, pese o notorio e abultado retraso e algúns cabos soltos que aínda quedan por aclarar, era un motivo de celebración. Sinto que, facendo alusión á diferencia de matiz do estar e saber estar, D. José Blanco non o entendera así e non tivera o ánimo en consonancia co que tocaba.

A discusión, interpretación e valoración política dos orzamentos do Estado para o vindeiro ano é, ademais de necesaria, obrigada, e eu, pola miñas responsabilidades políticas, estou ademáis lexitimado para facelo, pero non é axeitado confundir as churras coas merinas cando se trata de falar dunha ponte, por exemplo, que, dito sexa de paso, non figurou cómo, cándo e na cuantía que debía, pese as repetidas promesas, nos sucesivos orzamentos do Goberno socialista. E cando o fixo ou contaba con partidas irrisorias ou éstas simplemente non chegaron a investirse.

José Blanco debeu, ademais de tentar controlar a súa soberbia, aproveitar a ocasión para explicar as razóns polas que esta obra acumula retraso e non para laiarse dunha valoración sobre as contas do Estado que, pola súa actitude, non debeu dixerir demasiado ben. Aproveito a ocasión, porque penso que ésta si é unha atalaia axeitada, de retomar unha reflexión que xa expresei hai unhas semanas neste mesmo foro: de pouco serve poñer cifras con máis ou menos ceros se á hora da verdade eses cartos non se invisten. Esta, se me permiten a expresión, é unha verdade universal que non admite nin sequera matices.

7 comentarios:

armadanzas dijo...

Señor Barreiro, certamente non sei de que se extraña, o ministro Blanco coma político é infumable e como ministro para Lugo será todavía máis ruín.
O tempo dará ou quitará razóns

Estrella dijo...

Si cada vez que prometen algo tardan más de 10 años en cumplirlo entonces empieza a tener sentido las palabras de Zapatero prometiendo el pleno empleo.
Menos pantomimas y más trabajo

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: O do señor Blanco é de Xuzgado de Garda e o de prometer e non cumplir é unha das bases do PSOE neste país.

Pero eu nesta entrada, quería falar das festas de San Froilán, agora que xa remataron podemos facer un balance de todo o acontecido nelas.

Imaxe pésima da cidade, totalmente levantada por cantos sitios hai, polo famoso Plan E, desvíos, rúas cortadas e todo enfandangado, que sigan picando a ver se atopamos petróleo.

Aparcadoiros lonxe das festas, un pouco máis e habilitan un preto de Rábade, cousa que estaría ben e se agradecería porque o de tardar 50 minutos para percorrer 7 kilómetros e poder estacionar paréceme excesivo.

Deixando a un lado todo isto, Quero centrarme na festa e no seu programa, Quero centrarme sobre todo no musical. E transmitir o meu enfado que dende estas liñas, e dende o teu Blog, Xosé Manuel, espero que alguén lea e reflexione.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Sobre as actuacións musicais hai unha pésima organización en dúas de elas, que xa nomearei máis adiante. Agora simplemente decir que ónde está a música Heavy e o Rock?. Parece que iste estilo sigue marxinado polos altos cargos políticos, sendo sen dúbida o estilo rei da música, con letras comprometidas e que aguanta a moda e o paso do tempo.

Todo isto ben referido, a que hai un enorme enfado co señor Orozco e co Concello en xeral. Xa que ningún grupo de Rock de Lugo tocou no San Froilán. Repito NINGÚN. E cónstame que o señor Orozco prometera que si ían tocar e non. Sería polas enormes actuacións de tódolos días, vamos lamentable. Só querían tocar, tocar na súa cidade o día das festas, e ofrecéronse a tocar SEN COBRAR. E teñen discos e fan xiras a pesar de non vivir da música, pero viven para ela. E o señor Orozco xogou coa ilusión dos rapaces, lamentable.

E máis lamentable, se vemos que noutros Concellos si se apoia, sen ir xa máis lonxe, non saimos da Provincia, e vemos que en Sarria o Concello sacou un disco con temas dos grupos dalí para difundilos. E claro isto fastidia e moito. Outra cousa, Los Suaves ían vir a presentar o último disco “Adiós, adiós” non apareceron, Marea xa estaba contratada dende fai meses, nen rastro de Kutxi Romero e compañía, e finalmente ían volver Reincidentes pero ao final todo papel mollado, como as accións do 1929 en New York.

Fago mención tamén aos actos bandálicos acontecidos nas festas, ás toneladas de lixo que cada mañá apareceron nas costas do Parque de Rosalía, e así como a que tódolos productos postos á venda eran completamente falsos (refírome á cultura) dende películas ata cds, especial atención tamén ás prendas de vestir. Non sei que opinaría de todo isto a Ministra de Cultura.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Analizando a organización destas festas en canto a concertos se refire, resulta totalmente patético. Sobre todo a de Amaral. Cómo se pode facer un concerto no que se supón que van vir o redor dunhas 25.000 persoas nunca praza que está costa abaixo, interrumpindo o tránsito daqueles que queren acceder á festa, evidentemente Ramón Ferreiro e Obispo Aguirre quedaron colapsadas. Xa na páxina web de Amaral, se dicía que sería nun recinto cerrado, con apertura de portas ás 20:30 e concerto ás 22:00. Pero nada de isto aconteceu, e inda por riba o escenario era o mesmo para tódolos grupos que actuaron na mencionada Praza, polo que os fans non pudieron disfrutar de toda a parafernalia que tanto Eva como Juan levan nesta xira. Mención especial ao fabuloso comportamento dos de Zaragoza, cun giño ao falecido Antonio Vega, e saíndose do set´list para dedicarnos a nosa cidade unha canción.”Esta noche”. Pregúntome para que sirve o pazo de feiras e congresos así coma os dous Pavillóns, porque dende logo menuda organización!!!.

E outra cousa, qué pinta no cartel o cantautor Albert Plá, (o cal fixo un bo concerto, curto e sen músicos, veu el só) pero con gran empatía co público alí presente. Non o entendo, a ver se mo pode explicar alguén?.

E bueno o de poñer un concerto acústico como o de Revolver na Praza de santa María, xa non ten precio.

Evidentemente había que axustar os gastos á situación, pero un pouco máis e xa non hai situación que axustar aos gastos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE CUARTA: Pleno descontento, por prometer e non cumplir, por volver marxinar a música na que creo, por volver a marxinar aos grupos lucenses, que se lles prometeu en persoa que tocarían pola semana, plena decepción ao non ofrecer nada máis co de sempre, e inda por riba en porcentaxes tan baixos, que semellan invisibles.

sintoo pero se isto é o máximo que pode aspirar a facer unha concelleira de Cultura, mal vamos, de mal en peor, sinto dicilo pero é a realidade, un cero para Concepción Burgo, sinto porque non a coñezo persoalmente pero vamos para organizar un programa así non fai moito esprimir os miolos, nen axustarse moito aos gastos, porque pobre foi un rato.

Non opino do San Froilanciño, pero coido que os nenos poderían ter moitas máis actividades das cales lles ofreceu nestas festas o Concello.

E pregúntome o último disco de Killing Touch, o último vidioclip de Abaddon Incarnate, o último DvD de Moi dix Mois ou o último concerto de Nasty Savage ¿non é cultura? Para algúns semella que non, verdade Sr Orozco?.

Pero vamos que os 40 principais, os grupos modernos e alternativos, o pop, o flamenco, o Folk., o hip hop, os DJ, e as Orquestas deben contentar a todo o mundo, e non deben faltar a súa cita anual co San Froilán. O que pasa que fóra diso existe un maravilloso mundo de música e cultura que a Concelleira de Cultura debe descoñecer, a parte disto, tamén hai outros estilos que LEVAMOS DEMANDANDO, ano tras ano, nas festas da nosa cidade, dígase Heavy, Black Metal, Doom, Gothic, Death, Trash, Pagan, Viking, Grind, Dark Metal ou Dark Ambient, e xa non nen rastro destes estilos, senón que nen rastro de grupos que practican ista música.

JTIRIMOL dijo...

PARTE QUINTA E para rematar, simplemente facer unha reseña sobre o señor José Blanco, que como político parece pésimo a pesar de ser da nosa Provincia, ya que sempre orgullece e motiva a un, ver como un “veciño” ocupa un alto cargo dentro do Estado Español, pero este non é o caso do susodicho elemento. É unha persoa que se contradice seguido, continuamente, é o peor de todo é que lle dá igual, e cando a situación xa non ten derroteiros por onde poida sair airoso dela, bótalle a culpa a calquera; neste caso sempre ou polo menos o 99% das veces ao PP. Polo demais peca de todo un pouco, de mentireiro, de charlatán de feira, e ten un apetito descomunal por sentir a superioridade fronte aos demáis. Que siga colocando pedras que é o mellor que pode facer, e non me cansarei de repetir, que menos mal que os romanos construían ben, que se non teriamos que coller o hellicóptero para cruzar o Miño. Dos atascos que se forman a determinadas horas do serán e da mañá cedo, mellor non falamos…

Para rematar deixo dúas frases para a reflexión; ista primeira para Concepción Burgo; “El rock llegó a mí cuando parecía que no había escapatoria posible y abrió ante mí un mundo de posibilidades y A veces vuelvo a leer mis libros de la escuela y me doy cuenta de que no tiene ningún contacto con la vida real, no enseñan nada lo que vas a necesitar en la vida. A los ocho años, cuando escuché por primavera vez a los Drifters por la radio, descubrí que había más verdad en una sola canción que en todo lo que me habían enseñado en la escuela. Esto es lo que intento decirle a la gente: buscad vuestras propias raíces y sed responsables de vuestras vidas." Dita textualmente por Bruce Springsteen
E para o señor Blanco, vai ista outra; “La soberbia no es grandeza sino hinchazón; y lo que está hinchado parece grande pero no está sano” É de San Agustín.

A ver se empezamos a escoltar aos cidadáns, a non cometer os mesmos erros ano tras ano, a saber rectificar cando nos trabucamos, a non ser oportunistas, e a deixar a soberbia a un lado, baixar á terra e tentar ser máis humildes e políticos máis cercanos; ¿non che parece señor Blanco?. …Pois dito queda…