lunes, 19 de octubre de 2009

Nin austeros, nin solidarios

Os orzamentos do Estado para o vindeiro ano non son nin austeros, nin solidarios, aínda que a ministra de Economía Elena Salgado tente convencernos do contrario.
A realidade é que o gasto público dispárase, cun incremento desmedido do gasto corrente e unha reducción do 9,4 por cento no gasto productivo. A débeda pública subirá por riba do 33 por cento, polo que no próximo exercicio suporá o 62,5 do noso Producto Interior Bruto. O dobre de hai dous anos, que se di pronto.

Na suba de impostos, que será permanente como non lle quedou máis remedio que recoñecer á propia ministra, tampouco hai nin pizca de solidariedade. Máis ben todo o contrario porque o gravamen non afectará precisamente ós que teñen as rendas máis altas. Os dous puntos de suba do IVE vai afectar a todo o mundo e os máis perxudicados, obviamente, serán os que menos teñen.

Os socialistas empregan como argumento para xustificar este incremento que España é un dos países europeos que ten unha das taxas máis baixas por este concepto. Pero o verdadeiramente interesante sería comparar a calidade de vida que teñen os países como Alemaña ou Francia ós que fan alusión, a súa media salarial ou cal é a pensión mínima que cobran alí os xubilados.

Os orzamentos do Estado para 2010 son, ademais, irreais porque supoñen un nivel de ingresos difícil de cumprir. Sen ir máis lonxe, o previsto incremento da recadación pola suba do IVE de máis do 26 por cento non pode máis que calificarse de ilusión. O máis probable é que, como consecuencia do seu aumento, se resinta o consumo e o castelo de naipes que son estas contas, consecuentemente, se desmorone.

No que atinxe ás previsións para Galicia a situación non é moito mellor. De entrada suporá un recorte de preto dun sete por cento con respecto a este ano, o primeiro descenso que se produce dende hai unha década.

Total, que a inversión per cápita prevista na nosa comunidade será de 717 euros, pero quedarase en 117 euros porque á suba de impostos suporá desembolsar ó redor de 600 euros a maiores por cabeza.

Por si todo esto fora pouco, non hai que esquecer que, segundo a tendencia á que nos teñen acostumados os socialistas, máis da metade deste orzamento quedará sen executar. De feito, o 60 por cento do consignado para este ano non se gastou, polo que dende 2005 o Goberno de Rodríguez Zapatero deixou de investir en Galicia 4.000 millóns de euros.

En definitiva, nin austeros, nin solidarios, e, por riba, irreais.

5 comentarios:

armadanzas dijo...

Esta xente estanos a tomar o pelo, todo o que falan sobre economía é falso e con cosecuencias desastrosas para o noso país.
Se tiveran dignidade terían que facer o que fixo o ex-ministro Solbes irse por onde viñeron

Estrella dijo...

El PSOE cada vez que gobierna nuestro País lo deja en la ruina. Elecciones ya!!!

zETA dijo...

Sumemosle la inmoralidad de medios de comunicación como El País, que no se como a estas alturas y siendo objetivos pueden seguir con ese apoyo incondicional al gobierno.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Isto desgraciadamente non me sorprende nada, vindo de onde ben. O problema está na base, é decir, na raíz do sistema que aplican os socialista en España no referente á economía, e non aprenden do pasado, máis be nao revés, gústalles que a historia se repita, aínda que acarree consecuencias pésimas para tódolos cidadáns.

O que defenden, en canto á economía se refire, sostense básicamente en tres pilares, os cales na teoría quedan moi bonitos, moi hermosos exposto nun papel, pero cando falamos da práctica a cousa xa toma tintes escuros.

Queda moi bonito, o decir que a economía (de España, ou de Galicia) se desenvolva seguindo un plan e a altos ritmos para qué? Pois para ter como obxectivo satisfacer tódalas necesidades que lle fagan falta ao cidadán porque se trabilla para o pobo. Pero na práctica isto é máis be nao revés, nen cohesión nen coherencia, siguen perdendo o timón do barco. ¿non si, señorita Elena?.

Tamén defenden que coa súa economía se erradique o para forzoso. Disto mellor non opinar, deixámosllo os 4 millóns de parados, que falen por nós.

E xa para rematar, din que as súas bases de economía son moi sólidas, e polo tanto defenderon e afirmaron por activa e por pasiva, que a crisis financieira sería escasa debido as mencionadas, con anterioridade, bases tan sólidas que din que teñen.

Isto posto nun papel, escrito nunca páxina web, escrito nas follas dun medio de “descomunicación” besase El País, ou mesmo nun programa electoral, queda moi ben, pero creo e coido seriamente que deberían aterrizar e andar de vez en cando polo chan, porque están a anos luz da realidade, e os únicos perjudicados somos todos e todas nós.

Julio Villarubia aseguraba que coa boa base da política socialista, a repercusión da crise financiera e como consecuencia do para será escasa, porque con isas bases a economía estará sólida, e mellor que no 2004. Isto é un chiste, pero dos cales non teñen ningunha gracia.

E se xa falamos das subidas de impostor do señor ZP, poderiamos afirmar que é unha agresión para as carteiras de tódolos cidadáns.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Evidentemente ante iste panorama o gasto público ten que dispararse a velocidade de vértigo, vamos igual que cando montas nunca Montaña Rusa. E o de que a débeda pública supere o 33 por cento, xa é para botarse as mans á cabeza e non separalas dela. Ista xa roza o surrealismo.

Evidentemente, todos somos os perjudicados, pero os pobres máis cos ricos, porque como ben afirma Xosé Manuel, os dous puntos de suba do dichoso IVA, afecta a todo o mundo por igual, e os que menos temos somos os máis perjudicados, nesta tolemia socialista que estamos padecendo.

E bueno o de comparar isto co Francia ou Alemaña, e a alusión á calidade de vida. Direi que para valorar a calidade de vida dun país, analízanse nada máis e nada menos que 39 factores, e non dous ou tres como coidan algúns. Entre eses factores están A Seguridade Social, as taxas de desempleo, as axudas do Estado, a vivenda, a educación, o entorno político… Vamos que en España co PSOE encabezado polo señor ZP pasariamos todos estes factores con Matrícula de Honra.

As cidades con máis calidade de vida son; Viena, Zurich, Ginebra, Auckland, París e Vancouver, é decir que os paises con mayor calidade de vida son; Austria, Suíza, Alemaña e Francia (e despois destes catro paises europeos é Canadá), España baixou 20 postos no ranking, segundo o Estudio Mundial Sobre Calidade de Vida deste ano. Os principales factores son a economía e o desemprego. E os Socialistas ises dous puntos quédanlles demasiado grandes. E iso non ben de ahora, x ana última Legislatura de Felipe González a economía española resentiuse bastante, e a taxa de desempregados tendera a subir (evidentemente non tanto como no presente que vivimos) pero si foron os dous puntos e aspectos que nunca cuidou o PSOE.

O fastidiado é o de Galicia, non coñecía o dato que aporta Xosé Manuel, o de que a inversión per cápita para Galicia é de 717 euros pero que se quedará en só 117. Xa era o dato que me faltaba para preguntarme qué fan? E a qué están xogando?. É como se foramos títeres nas mans dun goberno á deriba, e iso asusta a calquera.

E entristéceme moito que o señor ZP non invista en Galicia. E por último emprego esta entrada para volver recordarlle ao señor Orozco (por enésima vez) que Lugo non comeza na Calle Da Reina e termina no Concello. Que no Rural tamén existimos e tamén pagamos impostor. Veña levantar Lugo co Plan E, pero no Rural estamos abandonados, se non arrancamos nos os problemas ninguén o fai, e xa nos estamos fartando de que se nos teña marxinados. Que os camiños están que dan pena, e non lle bote a culpa á choiva nena o mal tempo ¿ou é que en Galicia nunca choveu?.

E polo demais, que o señor ZP, deixase dende fai catro anos de investir 4.000 de euros na nosa Comunidade, iso xa resume todo. Razón non che falta, Xosé Manuel, istos austeros non son pero solidarios tampouco. E totalmente de acordo cos comentarios anteriores.