lunes, 9 de noviembre de 2009

Lugo, a nosa prioridade

Traballar. Esa é principal encomenda que asumimos a pasada fin de semana todos o integrantes do novo comité executivo do Partido Popular de Lugo tras recibir o respaldo maioritario dos preto de 800 compromisarios que asistiron o noso décimoquinto congreso provincial. Un apoio que, dito sexa de paso, non podo deixar de agradecer de xeito efusivo.

Pero é precisamente con moito traballo como se acada un dos principais obxectivos que abertamente, sen disimulos e sin complexos (pese a quen lle pese) nos marcamos a medio plazo: gañar as vindeiras eleccións municipais de 2011.

E a mellor arma que temos para asegurarnos de que podemos superar con éxito ese reto é a certeza de que toda a militancia do Partido Popular, moi numerosa e activa, vaise implicar de cheo nese cometido. Doutro xeito, e tamén necesario recoñelo, sería imposible.

Díxeno no Congreso, e repito agora a idea ante toda opinión pública: a maior riqueza e o mellor aval do PP lucense son as súas bases. E neste contexto reitero tamén aquí o fundamento básico que rixe o ideario político da nova executiva que me honro presidir e que non é outro que a avogar, e sobre todo practicar, a proximidade á militancia e, por extensión, ó conxunto da sociedade.

Resulta difícil, por non dicir imposible, dar resposta ás demandas, inquedanzas ou anhelos dos cidadáns desta provincia ou dos de calquer outro espacio xeográfico se non se coñece de primeira man as súas condicións de vida e os seus problemas. E para ter coñecemento desa realidade social hai que estar a pe de rúa, cada día, todos os días do ano, escoitando, encaixando críticas e tomando nota exhaustiva das suxerencias.

Facilitando e incluso promovendo o debate, a confrontación de ideas, dentro e fora do partido (aínda que sempre empregando os foros e seguindo os cauces axeitados para elo) é como se vai enriquecendo un proxecto político.

Encauzar e impulsar este plantexamento, complicado pero tamén ilusionante, é a tarefa que nos toca asumir e desenvolver ó novo comité executivo provincial.

Entrega e gañas non faltan neste equipo no que se conxuga veteranía e xuventude (porque na xusta medida está o acerto), pero a revolución ideolóxica que queremos impulsar vai moito máis aló dos propósitos que se marque un mero órgano de dirección dun partido político. É moito máis ambiciosa no fondo e na forma porque, entre outras consideracións, abarca e afecta á sociedade no seu conxunto.

Para cumprir ese cometido precisamos, por tanto, a colaboración e a implicación non só (permítanme a expresión) de toda a familia popular, tamén do resto da cidadanía lucense, independentemente incluso da súa ideoloxía. Porque Lugo, así rezaba o lema do noso congreso, é a nosa prioridade; e Lugo somos todos e todos queremos un Lugo mellor, con máis oportunidades, con mellores servizos, con infraestructuras acordes ó tempo no que vivimos...

Estou convencido de que, coa aportación e implicación de todos, lograremos efectivamente que a prioridade sexa esta provincia.

9 comentarios:

zETA dijo...

A seguir trabajando, que la Diputación está cada día más cerca y con el trabajo de todos lo conseguiremos.

Estrella dijo...

Hay que seguir trabajando para dar solución a los problemas de los ciudadanos de toda la provincia.
El cambio en la diputación es necesario, por el momento Besteiro debería de dar unas cuantas explicaciones a los ciudadanos.

armadanzas dijo...

Besteiro sabe lo que le queda dentro de poco más de un año.
La fuerza del PP de Lugo le va a enseñar la puerta de atras por donde salen los caraduras como él

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Antes de comezar a falar do Congreso, dicir que se me puxo o pelo de punta (e iso que o teño longo e atado en coleta) ao oír a Manuel Fraga, xa o tiña escoitado máis veces, en diversas ponencias, e tamén nas Autonómicas de iste ano, pero a súa intervención curta e directa no Congreso, fíxome reflexionar.

Foi o primeiro en chegar e con 86 anos demostrou ter un amor pola política e polo partido que roza os extremos infinitos.

Pódese acusar de tomar decisións equivocadas, pódense censurar algunhas das súas declaracións ou criticalas, o que sempre hai que facer é admirar o seu traballo, a súa dedicación e o seu enorme esforzo.

E sí, verdadeiramente pode ser o espello no que mirarse cando se comece a dubidar de todo.

En canto a ti; Xosé Manuel, está claro, non, clarísimo de que a xente do partido te apoia e te quere, apoiamoste porque sabemos que eres o mellor Presidente que pode ter o partido, e iso viuse reflexado o sábado, día do Congreso.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Se ben a Diputación é a chave para recuperar moitos concellos a e para seguir a fronte da Xunta. Efectivamente con traballo e esforzo Facendo un símil (e xa que che gusta o ciclismo); unha volta grande; véxase Giro, Vuelta ou Tour; en primeiro lugar para correla hai que estar preparados (xa que non todos a rematan) e ata o último Quilómetro non se pode dar nada por rematado. Xa que un día malo ou unha pájara nunha etapa de montaña, pódeche costar a carreira. Entón para chegar sen problema ao último día, hai que facer os deberes antes. E aquí pasa igual, para recuperar a Diputación e o Concello de Lugo, hai que traballar xa con vistas ás Municipais para que non nos pille o touro, e non improvisar coma outros. Temos un gran Partido con xente preparada e con ganas de traballar, certo que hai outra xente que non merece nen pertence ao Partido nen ao sistema Democrático deste País. Pero en liñas xerais, temos que ofrecerlle aos cidadáns todo o que están e estamos demandando dende fai xa tempo.

Outros como o PSOE improvisan no medio de campañas e os outros como o BNG non se decatan de que son a minoría da minoría, coo ese fantástico disco de Extremoduro “Yo, minoría absoluta”. O PP é e seguirá sendo o Partido máis votado en Galicia, e é o Partido que ten que estar no poder, porque de nada serven os programas electorais nen as promesas dos outros dous Partidos, xa que ao final pactan, se xuntan, se desfán, volven pactar, discuten e fan as paces. E montán un refrito político, onde tódolos perxudicados somos os cidadáns. Non lles sería mellor presentat candidatura conxunta?.

Xosé Manuel, traballo e esforzo. Son as dúas palabras claves para que isto salga ben e recuperar a Deputación. E por sorte temos as días.

Anónimo dijo...

Ogalla nunca recuperedes a deputación e siga todo como agora, cun presidente sin mancha e no camiño do avance, non da volta a tras que representa a dereita e máis concretamente o sr Barreiro

Anónimo dijo...

Que pasa en As Nogais??? Está resultando duro de roer o tal Coedo??? En As Nogais a moción de censura non che vai funcionar amigo!!! eche o que hai, a montaña e dura de roer.

Unknown dijo...

querido presidente do pp de lugo.
antes de nada, felicitarte polos resultados electorais acadados ata agora.de parte dun militante que leva moitos anos no noso gran partido.
decirche tamén que no CONGRESO LOCAL, saíu
elexido coma presidente un gran político como e o SR.CASTIÑEIRA.
O que nos deixou perplexos a algúns militantes e que na lista do COMITÉ LOCAL,sairan elixidos algúns persoeiros, coma o sr.BELOY, que sempre se aprobeitou do partido en favor dos seús intereses personais,-véxase o seu paso como concelleiro do pp en outeiro de rei-,que era tan bo político que o prescindir del na candidatura, o noso partido o que fixo foi aumentar os votos

Unknown dijo...

sr. barreiro:
falando da traxectoria pública do sr.beloy, quixera acordarme dos seús líos e liortas na ESCOLA DE ENFERMERÍA, cando era PRESIDENTE da mesma, chegando a estar IMPUTADO polo escándalo da FALSIFICACIÓN DE VOTOS ,NO COLEXO DE ENFERMERÍA.
advertencia:
se o queredes recuperar para a vida política, e segue coas mesmas mañas,deus nos pille confesados.......
istes PERSONAXES SON OS QUE DENIGRAN A POLÍTICA.
TEDE MOITO OLLO CON ISTE TREPA.
un saludo afectuoso dun militante preocupado, moi preocupado.