viernes, 27 de noviembre de 2009

O campo arruínase

A situación do sector agroalimentario español é crítica. A rencente movilización que protagonizaron é boa proba delo. Demandan ó Goberno de Zapatero un plan de choque que inclúa medidas de loita contra a situación actual, especialmente no que atinxe á negociación de prezos mínimos en función dos custos de produción, así como un plan de financiamento do sector con novas liñas de crédito ICO e a negociación dunha Política Agraria Común sólida máis aló do 2013.

A realidade está á vista. Moitos agricultores e gandeiros teñen que vender os seus productos por baixo dos costes e en Lugo, as perdas ás que se enfrontan, poñen en perigo a continuidade dun sector económico estratéxico para a nosa provincia.

As razóns do problema tamén son ben coñecidas. O incremento lineal de cuotas pactado na última reforma da PAC, que permite ós países excedentarios inundar o mercado de países deficitarios como é o caso de España, provocou o desplome dos prezos. E as axudas adicionais para o sector lácteo aprobadas hai pouco pola Unión Europea son insuficientes: só 12 dos 280 millóns consignados irán a parar ós gandeiros españois porque o criterio fixado para o reparto favorece ós productores dos países con máis cuota que España.

É urxente declarar e tratar a actividade agrogandeira como o que realmente é, un sector estratéxico, e elaborar medidas que solventen os problemas de liquidez nos que se están a afogar os agricultores e gandeiros españois en xeral e os galegos en particular. Ó tempo, hai que exercer unha presión efectiva para que dende a UE se dé unha resposta axeitada ós problemas que ten o sector e lograr o obxectivo de manter un nivel de prezos que permita a sostenibilidade das explotacións.

A estas alturas non hai dúbidas de que o Goberno español, especialmente por parte da ministra de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, non sabe ou non quere dar resposta a estos problemas e deixa ó campo literalmente abandoado a súa sorte.

Unha vez máis, o Goberno de Alberto Núñez Feijoo, en comparanza co de Zapatero, pon de manifesto que hai outro xeito ben distinto de facer as cousas. Feijoo, dende o primeiro día, aportou solucións ós problemas e adoptou medidas xurdidas do diálogo e do consenso co propio sector.

Un botón de mostra: en breve, os gandeiros galegos empezarán a recibir o 60% das axudas directas ó sector lácteo comprometidas pola Consellería de Medio Rural, que supoñen ata 1 céntimo de euro por quilo de leite producido. Serán 20 millóns de euros que está previsto ampliar en función das necesidades.
A diferencia está á vista. En Galicia, compromiso e actuación; en España, esquivar o problema e desentenderse do sector.

8 comentarios:

Estrella dijo...

La situación en la que se encuentra el séctor agroalimentario parece ser cada vez peor y necesita una solución inmediata aunque, por lo que se ve, para el gobierno hay cosas más importantes a las que dedicarse como por ejemplo, la iniciativa para el reconocimiento de los moriscos expulsados de España en el siglo XVII. Si dedicaran ese tiempo y esfuerzo en solucionar la crisis, cuánto mejor nos iría....
Alguien debería de darle clases a la ministra de como hay que negociar en Europa porque reunión tras reunión supone un fracaso tras otro fracaso.

ZParo dijo...

A situaciòn do lácteo galego é moi preocupante e a crise estase cebando se cadra moito máis con eles que cos demais sectores e aínda así segue a ser un sector totalmente olvidado polo Goberno que o único que fai é aprobar pequenas e insinificantes axudas que o único que fan e calar a boca dos máis conformistas mentres que os gandeiros seguen como estaban. En Lugo especialmente este é un tema moi delicado xa que prácticamente toda a economía da nosa provincia esta directa ou indirectamente relacionada con sector lácteo (industrias de alimentación, transporte, fábricas de pensos...) e ante todo isto a única reacción do Goberno central é nula xa que solo se centra nas mediocres, e as veces insinificantes medidas sen ter en conta o suplicio no que están os traballadores do agro galego que necesitan unhas medidas urxentísismas e de colaboráción co goberno galego para elaborar e sacar adiante as medidas propostas por a Xunta, cousa que o señor Rodriguez Zapatero obvia totalmente

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA O sector Lácteo Galego, está prácticamente agonizando, e ninguén pon nen propón solucións, e iso é unha cousa que xa comeza a preocupar, hai que lembrar, que é a peor crise das últimas décadas, cousa que se di pronto.
As cousas como son, tamén hai que decir que Agaca, UU.AA., SLG, e ata o XX.AA, alertaban dende fai xa tempo desta situación. Sabedes o último, que aproximadamente entre unhas 1800 e 2000 granxas galegas corren o perigo de pechar porque a situación é máis alarmante do que os “expertos” poñen nun papel ou con cándidas verbas tentan suabizar a xa mencionada situación do campo galego, na entrada que fixo Xosé Manuel neste blog.
Non esquezades que todo o rural galego está relacionado co sector lácteo (e dígoo eu que vivo no rural). Quizais unhas das causas máis graves desta crise seña a auténtica basrbaridade e aberración que sufriron os prezos, se non lembro mal, e a memoria non me traiciona, creo que fai dous ou tres anos, o litro de leito (de orixe se entende, evidentemente) pagouse preto duns 46 céntimos, e agora descenden a unha velocidade de vértigo ao igual que cando subimos na Mobntaña Rusa e baixamos pola inercia, xa que se paga a 31 céntimos. Realmente ¿pódese vivir así? A desposta coido que é evidente…
Zapatero, xa demostrou que lle queda moi longo o seu cargo, e que é incapaz de facer fronte a crise, mentres outros países xa comezan a dar luces de esperanza, en España seguimos igual ou peor, e o malo é que non ten solucións, nen hai un plan B, nen C nen tan sequera Z.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA E tenta desviar todos istos temas con outros que non veñen ao caso. O que está claro é que cando perdes o timón do barco, iste vai á deriva, e España está no medio do Océano de incertidumbres e contradicións continuas.
Outro dato, hai compradores que venden o leite a empresas a 0,14, 0,15, ou 0,16 céntimos e o mellor é que o fan a empresas fóra de Galicia, mentras que aquí no rural galego, páganse a 0,26 ou 0,27 céntimos.
Houbo varias tractoradas alá atrás que non serviron de moito, o Bipartito esqueceuse do Rural, e tamén da Mariña e iso págase, e máis en tempos de crise aguda, está claro e estaba claro que isto tiña que reventar por algún lado.
A economía do rural galego, está basada en explotacións familiares, que teñen dous obxectivos, por un lado, o entramado social e polo outro, a ordeación do territorio.
O título dista entrada espero e desexo de todo corazón que non seña un presaxio, pero se isto segue así, efectivamente; O campo arruínase.
Isto daría para escribir o libro de “Guerra e Paz” de Liev Tolstói, e seguramente superaríamos en contados e páxinas ao libro do escritor ruso, novela que ten máis de 500 personaxes, e máis de 1500 páxinas. O que pasa que o personase principal sería o señor Rodríguez Zapatero e moi probablemente 1499 páxinas falasen da súa magnifica xentión.
Parafraseo a Aznar no 1996 e digo, ben alto para que me escoite “Váisa señor Zapatero, vaiase!!!!!”.

Armadanzas dijo...

Querido Xosé Manuel, non so se arruina o campo, arruínase toda España mentres esta xentuza continue no poder...
Para loitar contra a crise o que nos propoñen é regular por ley a temperatura dos bares, en fin, esto xa é de tolos

Anónimo dijo...

O certo e que os catro listillos que nos gobernan impórtalles un comino o que sucede no campo

olmo dijo...

Parece que hay quien no se da cuenta que si el país funciona y sobrevive a la crisis es gracias a la pequeña y mediana empresa, al campo, a los agricultores y ganaderos; y en vez de defender esos sectores se les ataca más y más, subimos los impuestos, reducimos las ayudas... a este paso los únicos que van a permanecer a salvo van a ser los funcionarios. Tenemos que prestar más atención a lo que sucede a nuestro alrededor.

olmo dijo...

No entiendo porqué no se establece un precio fijo para la venta de leche, y se anda bailando arriba y abajo con el precio. Eso a quién perjudica es al ganadero, y por rebote, a la ganadería.