lunes, 16 de noviembre de 2009

Presunción de inocencia, si, pero responsabilidade política, tamén

Presunción de inocencia ou o que é o mesmo: todo o mundo é inocente ata que non se demostre o contrario. Este principio é un pilar fundametal do Estado de Dereito, é, claro está, hai que respetalo escrupulosamente. Debe deixarse, por tanto, actuar á xustiza e agardar o seu pronunciamento.

Pero posto o punto sobre esta i, hai que facer outros matices e sopesar exhaustivamente outros condicionantes que afectan precisamente as persoas sobre as que hai que poñer por diante a súa presunción de inocencia como é o feito de que, non hai que esquecelo, teñan responsabilidades políticas.

Nas últimas semanas a sociedade vive en vilo, con gran interese e ata con certo asombro, por non dicir perplexidade, as diversas investigacións xudiciais abertas por acusacións igualmente diversas, pero en todo caso moi graves, nas que están implicados responsables políticos tamén de variada acepción ideolóxica. A provincia de Lugo non é allea a esta situación e a sombra da sospeita planea sobre a Deputación e sobre dous destacados membros do equipo de goberno que preside José Ramón Gómez Besteiro.

A honorabilidade das persoas afectadas está en dúbida, pero as pesquisas xudiciais aclararán, agardamos que coa maior brevidade posible, se as sospeitas se confirman ou non. Será unha cuestión de tempo e, mentres o fallo non teña lugar, imponse a prudencia e, como dicía ó principio, debe prevalecer sobre todo a presunción de inocencia.

De calquera xeito, non se pode obviar, e non sería políticamente correcto facelo ademais, que este tipo de situacións afectan negativamente á imaxe de toda a clase política e, por extensión, á das institucións democráticamente constituidas.

Imponse por tanto e resulta ineludible por pura saúde democrática a depuración de responsabilidades políticas, antes incluso de que se a xustiza se pronuncie e esclareza cales son (si é que as hai) as penais.

No caso de Lugo, a credibilidade e a transparencia da xestión dunha institución tan importante como é a Deputación está en entredito ante a opinión pública. A cidadanía esixe información ó respecto e ten, ademais, dereito a que se lle den explicacións políticas sobre o que está a pasar e que medidas, cando menos cautelares, se van a tomar. Cada quen ten que asumir a súa responsabilidade política, e insisto no de política, porque de políticos, ó fin, estamos a falar.

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Por iso e tan importante acadar un gran pacto entre as distintas forzas políticas de este pís, para rematar dunha vez por todas coa corrupción.

armadanzas dijo...

Barreiro ten toda a razón neste tema en concreto.
Non podemos permitir que a xente perda a confiazna na clase política

Estrella dijo...

Es una pena que por ciertas personas la gente pierda la confianza en los políticos.
Besteiro debería de dar las explicaciones pertinente a la ciudadanía y aclarar lo que está pasando en la diputación.

zETA dijo...

Todo político debería llevar unido a su propio cargo la palabra buena gestión y esfuerzo, cosa de la que el sr Besteiro no hace gala.

ZParo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ZParo dijo...

A famosa frase de "pagan xustos por pecadores" neste caso é a máis correcta xa que o que dí Barreiro ten toda a razón do mundo de que a cidadanía perde a confianza na clase política por culpa de "4 gatos" que meten a man onde non deben e despois bótanlle a culpa os demais cousa que perxudica a tantos políticos como a cidadanía e a imaxe en xeral do noso país polo tanto, mantendo ante todo por diante de todo o principio xeral do dereito da presunción de inocencia, hai que limpar a imaxe dos nosos políticos para que sexan noticia polas suas xestións politícas e non por detencións, en en caso de que comentan un delito, hai que xuzgalos como delincuentes que son e non en función do partido político no que militan nin por a repercusión pública que poidan causar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Como xa dicen e xa comentei noutras ocasións, volvo a decilo agora nesta entrada xa que me parece apropiado facelo así.

Xuzgar só o poden facer as Administracións competentes deliberar a cerca da culpabilidade dalguén (persoa, cargo, institución…) ou da razón que hai nun asunto determinado para proceder a facer unha sentencia do mesmo, só o pode facer quen ten autoridade para elo, é decir a Xustiza, a cal debe actuar con total independencia, aínda que isto non lle debe gustar moito aos Socialistas xa que non é a primeira vez que empreñan Institucións públicas para beneficiarse.

Polo tanto todo o mundo é inocente ata que se demostre o contrario, agora ben a honorabilidade das persoas afectadas neste caso, é para poñela en dúbida. O peor é que a xente perde confianza nos políticos, e se se perde confianza naqueles que en teoría representan á cidadanía, e estan para axudar ao pobo, algo se está a facer mal.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Despois das declaracións de Besteiro, é mellor nen opinar xa que cada unha das súas verbas xa o delatan, a ver se explica o seu proxecto político que ardo en desexos (no bo sentido da palabra) de escoitalo coas orellas ben abertas ao igual có lobo.

Aprobeito para decir que algún membro, principalmente do BNG, se pon un pouquiño nervioso cando se saca o tema da Deputación, e cando se di, se comenta, se opina e se afirma que ti; Xosé Manuel serás o próximo presidente da mesma. Home, sendo ista forza política a minoría, da minoría, da minoría; pois comprendo o seu nerviosismo dende o seu punto de vista político. O que xa non entendo son as acusacións e os ataques tan gratuítos que fan.

Vamos, que o PP está en boa liña, traballando que é como se deben facer as cousas e ti; Xosé Manuel, tes o apoio e o respaldo de cada un de nós.

olmo dijo...

Exactamente la presunción de inocencia, el principio in dubio pro reo, viene recogido en el artículo 24.2 CE, y a consecuencia del mismo, uno es inocente hasta que no se demuestre lo contrario y un tribunal así lo ratifique; pero hay que tener en cuenta, que la actitud de unos pocos afecta a todos y que como he leido por ahi, pagamos justos por pecadores. Se supone que los el personal que está al frente de la administración, llamese Diputación, Ayuntamiento, etc, ha sido elegido por todos democráticamete y tienen la obligación de defender los intereses de todos los ciudadanos. El problema radica cuando a unos cuantos, se les "olvida" que la ley es para todos y el hecho de tener una posición política aventajada, no supone la libre actuación y el enriquecimiento injusto-.
Como no, esto afecta, de forma indirecta, a toda la clase política, ya que al final el ciudadano, cansado de los abusos, identifica al político como corrupto.
Gracias a Dios ésto no es así, y como en todos los árboles, siempre hay alguna manzana podrida.