lunes, 23 de noviembre de 2009

Todos melloran menos España

A crise económica vaise superando, aínda que uns países súmanse antes que outros a este cambio de tendencia. España é dos que non logra subirse a este carro. O paro, por exemplo, lonxe de reducirse segue aumentando. Os datos de outubro elevaron a cifra de desempregados ata os 3.808.353 e as previsións dan como seguro que seguirá incrementándose nos vindeiros meses.

A economía española, polo tanto, segue sen remontar, allea ós balóns de osíxeno que comenzan a imperar nos países do noso entorno, que despois de moitos meses de valores negativos camiñan pouco a pouco hacia os positivos. Como é posible entón que España, cando non hai moito era líder en Europa en creación de emprego, sexa agora a campeona en destrucción de postos de traballo? Como é posible que países como Gran Bretaña, pese a non medrar económicamente, logre conter as súas cifras de parados por baixo da metade da taxa que ten España, e España sexa incapaz de parar esta sangría?

Non hai que esquecer que no terceiro trimestre deste ano, a denominada Eurozona, conformada por 16 países, saliu da súa peor recesión en máis de 60 anos. O seu PIB medrou, apuntalado por Alemania e Francia, un 0,4 por cento en comparanza co trimestre anterior.

Se a referencia é o conxunto da Unión Europea, cos seus 27 estados, a recuperación tamén está contrastada, cun crecemento do 0,2% no terceiro trimestre fronte á contracción do 0,3% dos tres meses anteriores.

Todos os países, en definitiva, en maior ou menor medida, principian a recuperarse. Todos, insisto, menos España, que continúa en caída. O deterioro do consumo e da inversión entre os meses de xullo e setembro mantivo en negativo o PIB, un -0,3%, polo que a tasa interanual suma xa un menos catro por cento.

Os principais organismos económicos nacionais e internacionais coinciden en sinalar que España será, dentro das grandes economías, o país que máis tarde sairá da recesión e, de feito, instan ó Goberno español a realizar reformas estructurais. Insisten asimesmo en que é fundamental facer maiores esforzos encamiñados a reducir o déficit, que apuntan coma o principal e máis pesado atranco para tentar sequera atisbar á recuperación.

A Comisión Europea, que concede un ano máis de prórroga a España (ata o 2013) para colocar o déficit por baixo do 3%, indicaba no seu último informe que debía concentrarse o esforzo en acadar este obxectivo, o tempo que advertía que había que reducir a débeda pública, que, segundo as súa previsións, pasará de menos do 40% do PIB en 2008 ata preto do 75 por cento no 2011.

Na mesma liña a OCDE, no seu último informe, afirmou que España será a única gran economía que caerá no 2010 e será a que menos medrará no 2011 (-0,3% y +0,9%, respectivamente). O pronóstico é que o desemprego alcanzará no 2011 tasas superiores ó 20%. O paro é non só un gran atranco na nosa economía, cunha tasa superior ó dobre da media da Unión Europea, senón que se está a converter xa nun grave problema social. Un problema que seguirá agrandándose. Algúns membros do propio Goberno de Zapatero contan con elo e recoñecen que o vindeiro ano será nefasto no tocante á creación de emplego.

En definitiva, os datos e os expertos poñen de manifesto que a política económica que está a seguir o Goberno central é un fiasco. Os socialistas sen embargo non recapacitan nin recoñecen que algo estarán a facer mal se aquí, ó contrario do resto dos nosos veciños, non se logra enderezar a situación. Os españois o estamos a pasar mal pero Zapatero e o seu Goberno non rectifica e non acaba por poñerlle coto á sangría do desemprego. A media interanual do incremento do paro sitúase neste intre no 35,14 por cento e parece seguro que encetaremos o novo ano con catro millóns de parados.

Resulta urxente un drástico cambio de rumbo se non queremos instalarnos definitivamente no fondo do pozo. É fundamental reducir o déficit e a débeda pública e iniciar reformas estructurais que permitan a creación de postos de traballo e a mellora da competitividade da nosa economía.

Pero Zapatero, na vez de adoptar medidas correctoras, incluso toma decisións que van na dirección contraria. Retirou, por exemplo, as axudas para o fomento de emprego que percibía Galicia. Una afrenta máis contra os galegos porque noutras comunidades autónomas, cunha situación similar á nosa, si continúan a recibilas.

O Goberno de Madrid debería tomar nota do que está a facer o executivo que lidera Núñez Feijoo, que ten claro que practicar a austeridade e incentivar o emprego é a mellor política social que pode desenvolverse. E as medidas adoptadas neste senso, aínda que con moita moderación, están a dar os seus froitos. Galicia ten hoxe 208.923 parados, por baixo das cifras do bipartito. E agardamos que as accións postas en marcha permitan ir rebaixando esa cifra: máis cartos para a formación dos traballadores; dez millóns para modernizar e facer máis efectivo o servizo público de emprego; 178 millóns para o fomento do emprego, 811 millóns para mellorar o tecido productivo, 78 millóns para asegurar a liquidez das empresas…

Que máis ten que pasar para que Zapatero e os socialistas se decaten de que están a levar a España á ruina e que deben rectificar xa a súa política económica?

6 comentarios:

Estrella dijo...

Es necesario un cambio de gobierno cuanto antes si se quiere salir de la crisis.Zapatero y su equipo ya no saben que hacer y ,para lo poco que hacen, lo hacen mal pero es que, aún encima, tienen la poca verguenza de mentir a los ciudadanos.
Mientras ellos se dedican a hacer shows, como el de este domingo, hay mucha gente que tiene que hacer números para llegar a fin de mes.¡Qué se dediquen a trabajar y se dejen de pantomimas!

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA:
Fai cousa do dous meses a periodista catalana, Samanta Villar Fitó, fixo unha reportaxe retratando a crise Mundial e centrándose en España, convivindo e falando con familias, nas cales todos, e recalco a palabra TODOS, dos seus membros estaban no paro. Unha reportaxe dura, onde a crise se cebaba cos máis débiles, e certo que mentres neutros puntos de Europa ista crise comeza a ver unha luz, en España e todo oscuridade.

O señor Zapatero xunto co seu equipo de goberno xa fixo cantos Plans puido e xa improbisou bastante, máis cá un pianista de Jazz, e de sobras nos demostrou que non ten nen idea, e que está a empeorar as cousas cos seus asurdos Plans, e desviando a atención, con outros menesteres, propios de revistas e programas do corazón, pero impropios dun político, dun presidente de Estado.

E curioso que a estas alturas sigamos falando de parados e de crise financieira, cando para o señor ZP só era unha desaceleración e a crise un invento de PP, e agora resulta que non ten solucións, proxectos, ideas nen vergonza.

E se ista crise e comparable polas magnitudes a do 1929. Pois hai que botarse a temblar, porque xa sabemos ónde e cómo acabou a crise, claro que despois do boom especulativo dos felices anos 20 iso víase vir. Ao igual que ista crise que se ía vir e que avisamos ao señor ZP que estivera ao que tiña que estar.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Semella que a historia se repite, que non nos aburran coa fe, porque os nosos ollos só cren aquello que ven, e a historia é inalterable e o tempo inmortal, e non se pode cambiar por moito que o tenten de facer algúns.

Naquela época cometéronse os mesmos erros que neste século, e xa deberiamos aprender do pasado, no 1929 non se aceptou a gravedade dos feitos e pensouse que sería unha mala época e polo tanto unha crise pasaxeira, no 2009 séguese pensando igual. No 1929, EE.UU non destinou fondos federais para socorrer aos Bancos. No 2009 ZP inda non sabe que facer con eles. No 1929, non se afrontou o problema do desempleo, no 2009, o para sigue subindo, según os datos que aporta Xosé Manuel.

O peor que non hai solucións, e que no 1929, a crise rematou en Alemaña coa II Guerra Mundial, enfrontándose o liberalismo capitalista, o sistema socialista e o nazi-fascista. ¿Qué pasa se isto non mellora? ¿Qué acontece se seguen medrando o número de parados?. ¿Qué solucións me aporta a min o Goberno de España, sendo Mestre, aprobando a oposición pero quedar sen plaza, non ser chamado para sustitucións, ter que accetar contratos por días en ETTs, e cada día loitar, e engrosando as lista do INEN?. Pero ninguén fai nada como cidadán que son por min. E non hai solucións, e de pouco me serven as cándidas verbas que laguen solte en discursos ou postas en papel, Quero soluccións e queroas xa, querémolas xa. Porque estamos fartos de soportar ista situación e non sabemos canto máis se pode aguantar así. Ou Zapatero e o resto do seu Goberno, toman solucións serias xa, e non de titiriteros de feiras baratas, ou que dimitán haxa eleccións, e diesen o goberno aos que queiran traballar para España e para os cidadáns. Así de claro e así de duro, como a vida mesma, é jodido pero é o que hai

ZParo dijo...

Isto é patético, e aínda non dou crédito de que tanto os que votaron o señor ZP como os que non o votaron saímos a rúa para que o Goberno se de conta que "España vai mal" moi mal. O Goberno defédense de todo tipo de acusacións eludindo a realidade e centrando á actualidade poítica na corrupción e no PP cando o que ten que facer e chegar a un acordo cos sindicatos e co a CEOE porque como se pode prometer creación de empleo se non se pacta cos representantes dos traballadores nin se dialoga coa oposición para levar a cabo os plans de recuperación. De este tema poderíase estar falando horas e horas e o que esta visto e que cada vez vamos a peor, o paro segue subindo e a pesares dos "brotes verdes" e os "claros" signos de recuperación, a cousa pinta moi mal, sobretodo dentro de 2 ou 3 meses nos que as familias sentiránse máis afogadas que nunca polo gasto do nadal e ante todo isto o noso Goberno elabora plans para saír do paso e para calar as bocas da oposición e cidadáns cando realmente o que se fai é empeorar as cousas cada vez máis. E como xa dixen antes, "España vai mal" e vamos a peor porque sendo simpatizante de calquera partido político ou calquera cidadán non ter nada máis que facer que saír a rúa e contemplar o panorama no que vivimos.

Armadanzas dijo...

¿Pero non era que xa estábamos a ver a luz ao final do tunel?
Señor Zapatero, mentres que vostedes sexa presidente isto non será un tunel, será un inferno.

olmo dijo...

Para que España mejore, la clave es poner al frente a alguién que sepa lo que hace. No hay más.