lunes, 15 de marzo de 2010

Desnortados

As propostas presentadas polo goberno na comisión anticrise revelan dous feitos salientables. O primeiro é que o goberno segue desnortado á hora de aplicar medidas eficaces en política económica para loitar contra a crise. Só así se explica que plantexara únicamente dúas medidas relevantes, pero totalmente insuficientes, como son a concesión directa de créditos do ICO ás Pemes e autónomos e a rebaixa no tipo de IVE para obras de rehabilitación de vivendas. Esta última ademais é unha copia dunha enmenda ós PXE 2010 que presentou o Partido Popular e que foi vetada polo goberno sen dar sequera opción a debatila.

O executivo central segue sen abordar temas fundamentais para a reactivación económica como son a consolidación das contas públicas, a reestructuración do sistema financiero ou a reforma laboral.

O segundo feito que se deriva deste documento é que o goberno está tentando gañar tempo coa esperanza de que a recuperación económica internacional empurre a reactivación económica española e realice o traballo que os socialistas non son quen de facer. De feito, as medidas que propón non requiren dous meses para implementarse senón que se poden adoptar inmediatamente.

Esa ilusa esperanza do goberno de que sexan os demais os que nos saquen da burato é un tremendo erro. Hai razóns de peso para facer esa afirmación. A recuperación internacional, aínda que si se empezou a manifestar noutros países (a diferencia do noso) é demasiado feble como para reactivar a economía nacional. Ademais os desequilibrios do noso sistema productivo derivados da falta de competitividade e da ausencia de reformas estructurais como a do mercado laboral situarán a España cunha seria desvantaxe internacional que nos fará perder cuota de mercado aínda que a recuperación se acelerase.

Ademais, os problemas de credibilidade e as medidas desacertadas do noso goberno seguirán lastrando as nosas posibilidades de recuperación. Como exemplo temos o último informe da axencia Standard & Poor`s que desconfía da capacidade do executivo para reducir o déficit por debaixo do 3 por cento no 2013 ou o aviso da Comisión Europea de que a próxima suba do IVE perxudicará a economía española.

En definitiva, o goberno debe rectificar a súa política, aplicando un plan máis crible de reducción do déficit público, deixar de poñer trabas á reestructuración do sistema financiero como fai coa fusión das caixas galegas, e esquecer a súa antisocial e inapropiada subida de impostos que perxudicará ós máis febles e contraerá aínda máis a actividade económica.

11 comentarios:

Cernadas dijo...

Xosé Manuel: o goberno o que debe facer é gobernar. Algo que nunca fixo porque non sabe facelo. Este goberno o único que soupo facer foi baleirar as arcas do estado e cando xa están baleiras, subi-los impostos para seguir subencionando o paro. É decir vamos facer de Robin Hood maquiavélico imos sacarlle-los cartos á clase media para que eu poida seguir dándolle as migallas ós pobres que eu vou facendo.
Voto cautivo, vamos.

Alvite dijo...

Con este gobierno España jamás saldrá de la crisis porque no tiene ni voluntad ni ideas. ZP juega al malabarismo electoral que es lo único que le preocupa y le importa un pepino hundirnos cada vez más. Esto sería imposible sin la anuencia y complicidad de todo el PSOE y del resto de los grupos y grupitos que siempre tiene un voto a mano con el que salvarle el tafanario a ZP. Son todos igualmente responsables, empezando por el BNG y continuando con ERC, IU, etc.

Adrian dijo...

Xosé Manuel, eu non teño nada claro que co aumento do tipo de gravame do IVE se cheguen a cumprir os obxectivos recadatorios do Goberno de ZP. Moito me temo que mesmo chegue a diminuír a recadación.

saratorres dijo...

Los españoles tenemos muy claro que con Zapatero no habrá recuperación económica.“España va camino de sufrir la mayor recesión de Europa”, lo advierten los líderes europeos, como Sarkozy, y los medios de comunicación de prestigio internacional, como The Economist o Financial Times. La Comisión Europea… su compañero de partido, Almunia da otro toque de atención al optimismo de Zapatero. El ejecutivo de zapatero como tu bien dices sigue sin tomar medidas, y cuando toma alguna como la subida del IVA empeora la situación. ZP dimite España te lo agradecerá.

ALEXANDRE dijo...

Cando se perde a credibilidade, pérdese tamén a confianza, e o Goberno de ZP, perdeu ámbalas dúas.
Pasando á historia coma o peor Goberno da Democracia. Evidentemente, deron mostras de que son incapaces de sacarnos da crise, e que con ZP non haberá recuperación económica. Teño a estraña sensación, de que todo isto volven a ser cortinas de fume, papel mollado e parches políticos, a realidade é distinta, e o rumbo xa o perderon fai moito. O executivo está totalmente desorientado, claro queda que con este Presidente e coa súa política, a recuperación económica é unha utopía.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Fai xa tempo, Jaime Castiñeira, escribira que entre café e croasam , case se lle atraganta o almorzo ao ler o xornal, creo recordar que polo tema do auga e do señor Orozco.

A min pásame igual, pero pásame tódolos días. E estas medidas, contrarias e opostas á razón dos cidadáns, fan que tamén se me atragante o almorzo cada dia. E pregúntome se ZP, ¿ten algún modelo económico alternativo?. A resposta é evidente, non. Entón malo se pode pensar en recuperación económica. Coa subida do IVA, pretende recortar un tercio o desequilibrio que no 2010, é decir, no ano no que estamos, elevará o déficit a unha taxa do 10% sobre o PIB. As medidas tomadas polo señor ZP, non deixan de ser medidas trabucadas, da política económica do Goberno socialista. Sobre todo a da subida do IVA, nestes intres en que o mercado e o consumo de todos/as está deprimido e semiparado.

Un presidente do Goberno de Espana, ten que saber que en matéria económica, os impostos son estimuladores e incentivadores da actividade económica dun país, e non só serven para recaudar para as arcas do Estado. E todo isto mentres se votou no Parlamento que se suprimiran Ministerios de cuota, Vice-presidentes, Altos Cargos, Secretadios... Vése que o plan de austeridade no goberno socialista funciona ás mil maravillas.

É o goberno da desconfianza, certo é que en tempo de crise hai que dar confianza ao goberno, pero isa confianza hai que gañala, xa que despois de perdida é imposible recuperala e eso é o que lle pasa ao executivo. Os cidadáns xá non cremos na persoa de Rodríguez Zapatero, nen cremos no seu grupo político, porque ainda que é o desexo de todos/as, eles non actúan dun xeito adecuado nunha situación determinada, como é o caso da crise. E obvian todo aquelo que se lles di, e as propostas que fan os demais grupos e formacións políticas, tómanas como ataques directos. Así que perderon toda a confianza que podíamos depositar neles. Polo tanto, ¡¡ZP non nos vai sacar da crise!!.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: É un goberno que tamén perdeu a credibilidade, non existen xa nen compoñentes obxectivos nen subxectivos que definan a capacidade de ser cridos por parte dos cidadáns. E non só a perderon, polas medidas tomadas senón tamén polo que fixeron e a credibilidade esvaeceuse ao mesmo tempo, que a confianza desaparecia. Polo tanto, ¡¡ZP non nos vai sacar da crise!!.

É o Goberno da contradición, capaces de dicir unha cousa, aprobar unha lei, e ás dúas horas dar marcha atrás, ou retificar sen xeito. Negan continuamente o que se dá e se deu por feito con anterioridade. Polo tanto, ¡¡ZP non nos vai sacar da crise!!.

E por suposto, é o goberno da constante improvisación. Improvisación en tódolos eidos políticos, o caso e crear cortinas de fume e desviar o foco de atención cara outros lados, ir poñendo parches a un balón cada vez máis desinchado e pinchado. E seguir mentindo unha e outra vez, e isa improvisación non a empregan en facer boa política, xa que carecen de recursos para facelo. Non a empregan como un estimulante da creatividade que lles permita dar solucións, por pequenas que sexan a esta crise. Senón que o fan sen sabelo facer, baseando toda a súa política nunha improvisación constante, que vai dende convertirse no enimigo dos pensionistas ata as últimas medidas tomadas. Polo tanto ¡¡ZP non nos vai sacar da crise!!.

E sobre todo, Xosé Manuel, e ti refléxalo á perfeción nesta entrada, coa falta de credibilidade. Hai unha sensación de dúbidas. O goberno de ZP crea dúbidas, e iso crea na xente un estado de incertidumbre e ún limite á creencia da verdade, e entón perdemos outra vez, a confianza neste Goberno. Por todo iso, alguén pode seguir coidando, que ¿ZP nos vai sacar da crise?.

Evidentemente, Xosé Manuel, o Goberno debe rectificar a súa política cun plan máis crible, como ti ben dis. Pero despois dos antecedentes, pode quedar algún que crea na credibilidade do Goberno?.

"Los países que están bien, sin problemas, escuchan blues y rock and roll los países que caen en desgracia escuchan cumbia." Norberto Aníbal Napolitano (guitarrista, cantante y compositor de blues, rock e Heavy Metal arxentino, coñecido artísticamente como Pappo) Non hai máis que ver a lista dos 50 discos máis vendidos en España, para saber se temos problemas ou non...

“La credibilidad no es un ejemplo de palabra, la credibilidad es un ejemplo de vida. Cuando alguien te ha decepcionado una vez, pierde toda credibilidad”. Eduardo Suger,

Bea dijo...

El socialismo y la ruína siempre vienen de la mano. ¿Cuándo nos quedará claro a los votantes que estos señores sólo saben dilapidar dinero público, explotar a los trabajadores con impuestos , fabricar parados y vaciar las arcas del estado? No van a rectificar nada. Nos meterán cada vez más en el hoyo y echarán tierra encima.

Anónimo dijo...

Así no.

Jose Manuel, así no vamos a ningún lado.

Mejor perder un peón que la partida.

Mira que no es solo tu futuro político, sino el futuro del partido en Lugo.

Anónimo dijo...

¿O de DESNORTADOS e polo minicipio ise do norte de Lugo?

Anónimo dijo...

jtirimol + Barreiro = Periodistas de La Gaceta