lunes, 22 de marzo de 2010

Equilibrio e liberdade

O galego, a nosa lingua propia, é o noso principal sinal de identidade e a súa defensa non é, nin tampouco debe pretender ser, patrimonio exclusivo de ningún partido político, sexa cal sexa. O galego é de todos os galegos e as galegas e todos temos e debemos defendelo.

O equilibrio e a liberdade son (como ó meu entender deben ser) as premisas básicas sobre as que se sustenta o borrador do proxecto de decreto plurilingüe presentado recentemente polo goberno galego.

A Xunta de Galicia escoitou (e esto hai que telo moi presente) as opinións de todos a este respecto e, en base a elas, decidiu. E a súa decisión, ese borrador que xa está a disposición de todos, cumpre varios preceptos salientables.

En primeiro lugar, dá resposta a unha promesa electoral asumida directamente polo presidente Feijoo. Ademais, salvagarda os dereitos e deberes constitucionais e estatutarios referidos á lingua e garante non só o fomento da nosa lingua propia, o galego, senón que establece o punto de partida para promover a aprendizaxe dunha lingua estranxeira, que contribuirá a mellorar a capacitación lingüística dos alumnos nos primeiros tramos educativos, dende infantil ata a secundaria obrigatoria, da que, segundo os datos existentes, carecían.

Galicia, como ben saben todos os galegos, é bilingüe e por esa razón dase liberdade de elección ós alumnos para que se decanten polo uso dunha ou outra tanto no que respecta á expresión oral durante o desenvolvemento das clases como á hora de facer os exames.

En definitiva, este borrador de decreto garante o máximo equilibrio entre as dúas linguas oficiais en todas as etapas educativas, aínda que sin obviar o compromiso de fomentar o uso do galego, e introduce, a maiores, unha aposta decidida e sobre todo efectiva pola inclusión dunha terceira lingua estranxeira, priorizando o inglés.

Non hai que esquecer tampouco o papel relevante que en todo este proceso asumirán os pais e as nais, que por primeira vez pudieron opinar sobre a educación que van a recibir os seus fillos e que, segundo garante o propio decreto, seguirán a facelo no futuro.

O Goberno da Xunta puxo sobre a mesa unha proposta sensata, consensuada e con proxección de futuro. Agora tócalle a outros opinar e decidir si se suman a ela ou non, aínda que para poder facelo implícitamente terán que recoñecer que a imposición, como sobradamente quedou demostrado, non foi e tampouco será o mellor camiño para a armonía e a cordialidade lingüitica pola que avogan a maioría dos galegos.

8 comentarios:

Javi Fiunte dijo...

Aqueles que non respeten este decreto seran aqueles que non respetan a liberdade, e coma sempre o PP esta a demostrar que e o partido dos galegos e de Galicia

Anónimo dijo...

Gracias ó partido popular e xente decente e honrada coma barreiro e feijoo empeza a haber liberdade en Galicia, o galego e de todos, non dos demagogos que non o Falan e enrolanse na bandeira nacionalista anticonstitucional, o mal das rexions son as guerras propiciadas pola xente que di ser mais dun territorio que outra. Gracias barreiro viva a liberdade

ALEXANDRE dijo...

A liberdade é o primeiro que hai que respetar, e este Decreto non atenta nen mata a nosa lingua. Con imposicións non se consegue nada, porque nunca foi o camiño para conseguilo. O Galego é de todos/as nós, e non só dunha formación política. Se respetas a liberdade, respetas este Decreto. Alberto é o presidente de tódolos/as galegos/as e así o está demostrando, un 10 para el, e un SÍ rotundo ao Decreto.

ZParo. dijo...

Por a vía da imposición esta claro que non vamos a ningún lado e o que estaba a facer o bipartito, ou mellor dito o PSOE coa imposición dos ideais do BNG non era outra cousa que que a obligación dunha língua frente a outras, e tal e como reza a nosa constitución, o noso país esta formado por autonomías nás que ademais do idioma español, tamén recolle como idioma cooficial outros idiomas, e este e o caso de Galiza, por o tanto o decreto do galego de Feijoó é totalmente valido e acertado, e máis, deberíase tomar como exemplo noutras comunidades autónomas xa que me parece moi acertada a opción tomada por os populares galegos, e é máis, o goberno autonómico ademáis do idioma galego e castelán tamén propón o idioma inglés que hoxe en día e prácticamente básico na vida social e económica contemporánea. E para máis inri a favor do Goberno galego, este fixo enquisas as familias galegas para que elixan a mellor opción. Polo tanto non merece a pena a demagoxia que se está facendo de este tema por parte da oposición igual que cos outros temas como a lei de caixas.

Anónimo dijo...

E onde están as enquisas e consultas para acabar co artigo 3.1 da Constitución que obriga ao coñecemento do Castelán. Libertá, libertá, libertá.

Os galegos e españois falaremos no que nos pete, non a imposición do castelán. (500 leis obrigan e impoñen o castelán na vida diaria)

JTIRIMOL dijo...

Volve a entrar en debate, o Decreto do galego, Alberto o PP e o bilingüismo. Mentres profesionais como Baker, tentan describir diferentes contextos nos cales os nenos/as poidan ser educados para chegar a ser bilíngües e comparar así os benefícios das diferentes formas de que os nenos/as adquiran dúas linguas. Aquí faise todo o contrario.Se manifestacións, se reivindicacións, se mencións a escritores galegos, que si bandeiras galegas coa estrela vermella... Un idioma, unha lingua, aparte de ser un sistema de comunicación verbal e xestual, é unha herdanza, un ben que debemos conservar. O galego, é o idioma de todos/as galegos/as e de todos os que queiran aprendelo ou achegarse a nosa cultura.

E ninguén nos vai quitar ese privilexio que temos e do que gozamos. Lendo o Decreto detidamente, vexo que non está atentando contra o noso idioma, nen contra a nosa cultura. O único que fai é respetar a liberdade, que aparte de ser un cocepto inanimado, é outro ben que debemos potenciar e disfrutar del. Poñer a Alberto como o enimigo do Galego, é un feito erróneo, absurdo e ilóxico.

Se se respeta a liberdade, tense que respetar o Decreto. O galego é un idioma de todos/as nós, e non quero entender porque algunhas formacións políticas de carácter nacionalista e izquierdista, se queren apoderar del, e poñernos aos demais en contra de todo aquelo que a eles non lles convén.

Volver a estas alturas a meterse e introduccirse no debate do galego e do Decreto, é simplemente non evolucionar nen ollar cara o futuro. E eu quero evolucionar e ollar cara o futuro e non quedarme ancorado nun pasado que xá pasou.

O PP ten que estar moito máis hábil para non caer nunha provocación ridícula, e para afrontar este tema sen que haxa lugar a ningún debate, se non se fai, é que algo está fallando.

Gustaríame que se falase do paro e das soluccións ao respeto e máis da subida do IVA. Dos 450 euros que cada família pagará de máis por dita subida, e de que o auga e a luz serán 30 euros máis caras ao ano, e que o redondeo provocará unha alza moito máis grande. Que un xá está farto de tanto puño e de tanta rosa, e últimamente de tanta estrella vermella. A realidade é outra, e se se trata de camuflar mal vamos. É unha verdadeira desgracia, que o mellor político de toda a Historia de España, como Adolfo Suárez, non se lembre de que foi Presidente por mor da tremenda enfermidade que sofre. Senón levaríase as mans á cabeza ao ver como está a situación e a actualidade política de España, el só, loitou por esa liberdade da que fala Xosé Manuel, e hoxe cando me vaia a durmir, non sei con que mundo vou espertar pola mañá. Se ollaran o que se loitou para nada, o mínimo que poderían facer era dimitir como políticos e ir a picar pedra todo o dia. Realmente lamentable. E agora volve outra vez o tema do Decreto a voltas…

Supoño que estamos en momentos moi difíciles e é unha pena que o señor ZP sempre tome decisións fáciles baseadas na improvisación para saír do paso. Esa é a realidade, e desa realidade é da que hai que falar porque é a que preocupa ao pobo. E non de escoller camiños fáciles para sair ao paso e evitala.

“Se rompió la cadena que ataba el reloj a las horas,
se paró el aguajero ara somos flotando dos gotas,
agarrado un momento a la cola del viento me siento mejor,
me olvidé de poner en el suelo los pies y me siento mejor”. (Robe Iniesta, letrista, vocalista e guitarrista do grupo extreño de Rock Transgresivo, Extremoduro).

“ La vida siempre te da dos opciones: la cómoda y la difícil. Cuando dudes elige siempre la difícil, porque así siempre estarás seguro de que no ha sido la comodidad la que ha elegido por ti”.
(Adolfo Suárez)

mateo dijo...

O galego pervive na sociedade galega a pesar de todo o perseguido que foi ó longo da historia. Esto non ocorre no momento actual, pero algúns pretenden facer ver á xente que só eles queren e defenden o galego. Falo desas plataformas creadas en defansa do galego, nin máis nin menos, e dalgúns partidos políticos que agora están na oposición.
Intentan facer deste decreto cuestión política pois non teñen argumentos para atacar a Núñez Feijoo. Non queren ver que precisamos tanto do castelán como do galego. Non queren recoñecer que o inglés e necesario se @s nos@s fill@s queren competir no mercado laboral con outr@s doutras comunidades e doutros países.
Pero primará a cordura e o decreto sairá a diante a pesar de que estes ilustrados e "defensores" do galego pretenden enganar á sociedade.
O noso galego se perdurará no tempo, con ou sin decreto. O galego e un dos dous idiomas oficiais de Galicia e Galicia somos todos.

saratorres dijo...

Eu quero vivir en liberdade e expresarme como me peta. Aqueles, os que se apropian do galego, e se empeñan en crispar empregando a lingua galega como cabalo de batalla, moitos deles, fálanlle os seus fillos en castelá e os levan a colexios que potencian o trilingüismo ¡Panda de hipócritas!. O PP o que esta a facer e garantir a igualdade de oportunidades. Isto e un partido que respecta a liberdade e escoita os Galegos, somos moitos os que demandamos un equilibrio entre as dúas linguas, e o Decreto e o que quere a maioría dos galegos. Tamén nos queremos galego. O galego e patrimonio de todos os galegos