domingo, 18 de abril de 2010

Hipotecas na vez de pan

Zapatero pretende castigar a Galicia porque é popular ou, dito doutro xeito, porque non é socialista.

É unha das moitas cruzadas absurdas nas que anda inmerso últimamente: que si recurre ó Tribunal Constitucional para atrancar a lei de caixas (animado polo lucense José Blanco, quen despois do seu “patriotismo de hojalata” deixou claro cal é a súa postura neste asunto), que si boicot ó Xacobeo negándolle fondos e ata un sorte de lotería ou a celebración dalgunha das xuntanzas previstas por mor da presidencia de turno española da Unión Europea, que si racanea a entrega da financiación que lexítimamente lle corresponde a nosa comunidade… En fin, a lista de agravios é cuantiosa e non só contra os intereses de Galicia senón de todo o Estado por culpa da nefasta política económica que está a practicar o executivo central.

Pero a realidade é tozuda e desdice as mentiras e sobre todo pon de manifesto a boa ou mala praxis que se aplica á hora de gobernar.

Na era Zapatero os nenos nos veñen, como tradicionalmente se dicía, cun pan baixo o brazo, nin sequera, nunha versión moderna o máis típico estilo socialista, co prometido cheque bebé. Non. Veñen cos dúas hipotecas, a que lles impón Zapatero nada máis nacer e a que, andando o tempo, asumirán si queren (ou poden) adquirir unha vivenda.

Os datos, ó igual que a realidade, son incontestables. O PSOE, con Felipe González á cabeza, elevou a taxa de paro ata o 23 por cento; o PP, en oito anos, rebaixouna a máis da metade, pero chegou Zapatero e voltaron a duplicala ata o 20 por cento. Conclusión evidente: Os socialistas son especialistas en destruir emprego e o PP é a única forza política que crea postos de traballo neste país.

No que atinxe ó déficit público, máis do mesmo. En 1995 estaba preto do sete por cento; o goberno de Aznar deixouno en cero, pero chegou a nova remesa socialista e xa superamos un (negativo) once por cento.

E que lles vou dicir da débeda pública… As previsións para este ano do propio goberno de Rodríguez Zapatero é de case o 66 por cento, e rondará dentro dun par de anos, segundo as súas propias estimacións, ó 75 por cento. E veremos en qué medida afecta a este parámetro o plan de axuda a Grecia que o Goberno de España, como presidente de turno da Unión Europea, está a impulsar e que suporá para as arcas nacionais o desembolso de 3.650 millóns de euros.

Non dubido de que sexa preciso dende as institucións europeas acudir ó rescate económico de un dos seus membros, pero é igualmente necesario ter presente a situación interna do noso país para sopesar serenamente ata onde pode chegar a solidariedade española. O Goberno de Zapatero debería explicarlle os cidadáns deste país o custo que se derivará desta actuación.

Puntualizo sobre a débeda pública que no 96, cunha taxa de partida do 68,1 por cento, o Partido Popular aplicou medidas que permitiron rebaixala no 2003 ata o 50,8 por cento. Un dato que creo é tamén importante ter en consideración para facer unha comparativa entre a xestión realizada polos gobernos populares e os socialistas,

En resumo, a historia económica recente deste país amosa claramente dúas conclusións: os socialistas destrúen postos de traballo a un ritmo frenético e hipotecan o futuro das próximas xeracións con igual ardor.

Todo ten un límite e, chegados ó extremo no que nos atopamos, o cambio, ademais de necesario, é ineludible por máis tempo.

6 comentarios:

Laura dijo...

Somos poucos e paríu a avoa, como a situación económica é tan boa, temos unha tasa de empleo boísima, a deuda pública, niste momento non existe, as arcas do estado están a tope, a sanidade pública non sabe onde invertir os cartos, o fondo das pensións ten superávit ata o século que ven, os nosos chavales rompen ránkins Europeos na súa preparación, en canto o nivel de Inglés, e ademáis destacan por non ter fracaso escolar, os nosos empresarios teñen unhas expectativas de futuro, que fan inversións novas todos os días e ven crecer os seus negocios coma a espuma.Siga así, sr.PRESIDENTE, QUE O ESTÁ A FACER MOI BEN....
GRAZAS ZAPATERO POR GASTAR O QUE NON TEMOS, POR PEDIR CARTOS PARA OUTROS, POR SER CANDIL DE PORTA AXENA.

JTIRIMOL dijo...

Coido que é sabido por todos, que o socialismo en si, carece de política económica, e os datos ao igual cá historia son inalterables. O do Xacobeo xa é de, cachondeo, rozando o absurdo total. Menos mal, que se conseguiu traer a Benedicto XVI. Polo demais vexo non só a Galicia, senón a Santiago, totalmente marxinada. É unha cidade na cal se respira cultura e historia por tódolos seus rincóns, atreveríame a dicir que xunto coa parte vella de Madrid, e a Praza Maior de Salamanca e alrededores, é a cidade española onde máis cultura se respira e aspira por metro cadrado. E non merece ser tratada desta maneira tan ruín. Negando, e negando e negando cartos e cousas.... Non sei por qué non aplicaron esa política durante toda a lexislatura em vez de despilfarrar sen control. Lamentable ter acordado co promotor traer ao Monte do Gozo a banda de New Jersey, Bon Jovi, na xira do The Circle. E que ao final Jon, Sambora, David Bryan e Hugh McDonald, queden sen visitar Galicia, menos mal que de rebote se colleu a Mark Knopfler, para tocar no Multiusos do Sar, aprobeitando a súa xira española. Todo foron negacións e pegas, nen sequera un simple sorteo. Santiago non merece este trato e despois que se regalen cartos por ahí adiante, véxase o exemplo de Haiti, onde o señor ZP, deu máis cartos cá Alemaña e cá Francia, e iso que foi colonia desta última. E non estou dicindo que non haxa que axudar a reconstruir a illa, nen moito menos, só digo que todo ten uns limites, que se deben aplicar en tódalas decisións tomadas.
Pólo demais, lamentable actuación dos sindicatos, os cales van collidos da man do PSOE. Cando gobernaba o PP, puxeron a España patas arriba, saindo á rúa, dende o Prestige ata o paro. E anos despois, cando a taxa de parados se pode situar preto dos cinco millóns, cruzan os brazos, cerran os ollos, tapan a boca, e esperan a ver se soa a flauta. Realmente lamentable. Moi ben exposto, Xosé Manuel, esta situación, esta realidade, resúmese nunha soa frase; os socialistas hipotecan, hipotecaron e seguen a hipotecar o noso futuro.
Como lamentable o futuro, hipotecado, de todos/as nós, e daqueles que se atreven a nacer. Se todo ten um límite, hai que saber que cando ese concepto describe a tendencia, así como a realidade cotiá, a medida que ese parámetro se vai achegando á realidade, a función ten que cambiar, e con ela, cambiar o presente. E xa é hora de facelo, e tarde ou cedo a función que se achega á mencionada realidade tornará. E os socialistas, farán oposición, que é o sitio do que nunca deberon sair, e o PP adicarase ao que sabe, a facer política.

“Un viaje en la oscuridad,
recuerdos para enterrar,
mil millones sin hogar,
ninguna oportunidad.
Perdiste el último tren,
el cielo se va a caer,
ésto es lo que vas a ver
si te atreves a nacer”. Yosi (vocalista, letrista do grupo de rock Los Suaves).


“Yo creo que muchos sin darse cuenta, se meten en hipotecas que los intereses acabarán por liquidarlos a ellos primero, envéz de ellos liquidar los intereses. (Esteves R).

saratorres dijo...

Todos o casi todos sabemos que PSOE=PARO, DEFICIT, DEUDA PÚBLICA. Los socialistas, Barreiro no tienen una política económica, como tu bien dices la historia se repite con un partido socialista. Las comparaciones son odiosas pero Zapatero ha sido mucho peor presidente que el Sr. Felipe González. El Sr. Felipe se merece la distinción de Sr., ya que por lo menos nunca intento dividir a los españoles, ZP está destruyendo España intentando crear dos bandos, renegando de nuestra cultura, religión, ética, moralidad…Es bochornoso que alguien como Pepiño Blanco sea condecorado en Lugo por hacer lo que tiene que hacer y que su antecesora tenia que haber realizado hace muchos años, el puente sobre el río Miño, que el Sr. Orozco nos lleva prometido elección tras elección. Esto es un desastre menos mal que en Galicia cambiamos de partido y la gestión se ve: Puesta en marcha del Plan Impulsa Lugo, 151,7 millones en el primer año de gobierno, 225 millones de euros comprometidos con Lugo: ronda este, nuevo auditorio, plan Paradai, desdoble de Nadela, etc.

Mateo dijo...

Está claro que Zapatero, aquel ZP que llegó al gobierno lleno de soberbia y con aires de salvador, se ha convertido en 7 años en el peor presidente de la historia de España.
El gasto desbocado del gobierno de Zapatero aumenta la percepción del riesgo sobre la deuda de España. La percepción del riesgo de impago (CPD) de la deuda pública de España en el primer trimestre de 2010 aumentó el 28% respecto al trimestre anterior.
El seguro contra impago de deuda (CDS) de España también ha aumentado en el primer trimestre de 2010 el 27% respecto al trimestre anterior.
Zapatero también endeuda más a España para pagar la deuda de Grecia. España deberá emitir deuda para poder prestar los 3.600 millones a Grecia.
España tiene que satisfacer 210.000 millones de euros de deuda este año.
Como decía mi abuelo: "que Dios nos colla confesados".

Anónimo dijo...

¿A donde nos lleva la política del PP?

Ahora en O Grove habrá que volverse atrás y no derribar esas construcciones a pie de playa que destrozaron ese lugar que debería preservarse.

Y todo ello por culpa de lo que se hizo en Barreiros.
¿O es que los promotores del resto de Galicia van a ser menos que los de Barreiros?

Mientras el PP siga en manos de los grupos de influencia económicos y de los especuladores, mejor no votar (o votar otra cosa), mejor no ser cómplices.

Ya sé que muchos piensan que hay que cerrar filas, pero el crédito se ha terminado y ya no podemos votar porque sí, o porque sino gobernarán los otros, esa forma de hacer política ha caducado, la madurez del electorado de derechas está exigiendo otro comportamiento; un liderazgo moral ejemplarizante,
... Y el PP está DEFRAUDANDO.

JOSE ANGEL dijo...

E bo ver que neste blog se admiten comentarios, con distintas opinións e distinas opcións políticas ou ideolóxicas.
Eso é o que fai máis grande a un partido, saber escoitar e aceptar as críticas, pois eso fai que se poida mellorar cando algo non se está a facer ben.
Por eso felicito a José Manuel, por qué neste blog non se censuran algúns comentarios como pasa no do alcalde de Lugo.