jueves, 22 de abril de 2010

Honestidade

Son consciente do malestar, recelo, disgusto e ata cabreo que está a provocar na cidadanía as constantes vinculacións entre política e corrupción. Con maior ou menor razón, vehemencia ou intención, os medios de comunicación constantemente están a relacionar representantes políticos ou persoas do seu entorno cun enriquecemento ílicito e comparto o cabreo social xeralizado que elo está a provocar. E entendo o recelo, a desconfianza incluso, que estes comportamentos xeneran hacia toda a clase política, sen excepción.

Pero ó tempo que o comprendo, creo que poñer no mesmo saco a “todos” os políticos é inxusto. Xa coñezo esa incontestable teoría da mazá podre que contamina sin piedade e que moitos están a empregar como argumento de peso. De calquera xeito, ante infeccións desta índole, é tamén universalmente coñecido o remedio: a eliminación da froita infectada.

A corrupción é inxustificable e imperdoable en calquera ámbito pero aínda máis, se cabe, no exercicio da política, dado que os fondos que se manexan dende as institucións, polo seu carácter público, pertencen a todos. E cos cartos de todos hai que ser máis cuidadosos e meticuloso que cos propios.

É tarefa inaplazable para os que nos adicamos á política recuperar a confianza da sociedade que nunca debemos perder, pero tamén é preciso que a sociedade crea nos seus políticos porque, ó fin, non somos máis que o seu reflexo.

É tan grave o desprestixio no que nos atopamos que non é intre de discutir e menos aínda de contar as excepcionais mazás corrompidas xurdidas en cada fila senón de actuar e sobre todo demostrar que esa mala fama non se corresponde coa realidade, que os políticos, por regla xeral, somos xente comprometida e honrada e boto man no noso caso do presidente fundador Manuel Fraga que é, sen dúbida, pola súa longa traxectoria adicada á vida pública, o mellor espello onde mirarse.

A xente do Partido Popular, por moitos ataques e descalificacións das que sexamos obxecto, non temos que sentirnos acobardados. Non podemos deixar que paguen xustos por pecadores, nin resignarnos a encaixar os ataques, debemos dicir con contundencia que quen non sexa merecedor de confianza non ten cabida no Partido Popular, así de simple e así de claro.

E voume permitir citar textualmente unha frase do líder dos populares vascos, o meu bo amigo Antonio Basagoiti que ilustra perfectamente esta idea: “no hay pajines ni pepiños que sean capaces de aguantar la mirada de un concejal del PP vasco, que se juega la vida por cero euros, y decirle que este partido es corrupto”.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois a APLICARSE O CONTO:

- Non hai militante do PP que poida aguantar a mirada cando se fala de San Cosme de Barreiros.(Os que coñecen persoalmente esa zoa, claro)

- ¿E o espectáculo de onte cos responsables da Atención Primaria?
Gustaiame saber a quén chamou o Alcalde para que presionase a Conselleira e destituiran a o xerente.

Debería o partido EXPULSAR tanto o Alcalde como a "Alta instancia" a quen recurriu pra que presionase a Conselleira.

¿Fuches tí Xose Manuel?

Laura dijo...

Suscribo totalmente as túas palabras,Xosé Manuel, e penso que a gran meirante parte da xente que está na política é xente honrrada,xente que adica o seu tempo e o da súa familia a un proxecto e a unhas ideas, que as veces non é recompensado, e non digo en cartos, sino que os sinsabores, as responsabilidades, as renuncias son tantas,e as alegrías tan poucas, que non sei como aguantades ahí, sin mandar todo ao traste, e ides aos vosos postos, nos que ganadeis máis, e sin duda estades máis recoñecidos, e máis valorados, e máis queridos. A política é un sacrificio polo ben público, e cada vez a xente dáse máis conta delo. É un luxo terte en política en Lugo, non esquezas que detrás de tí hai moita xente que te valora e sabe das túas renuncias personais, e do tempo que lle dedicas a política, 24h. ao día, 365 días ao ano. ¿ quén da máis? NINGUÉN

Manuel dijo...

a mi personalmente, me parece, que la profesión de político a la par que otras muchas ( médico/profesorado ect) está un tanto denostada ( no sin razón en algunos casos -por ambos bandos-) y cada vez se pone mas en tela de juicio que los políticos están para servir al bien común.
Deseo que José Manuel, sigas demostrando, a los que creemos en la honradez de los políticos, que no estábamos equivocados, y que el premio llega tarde o temprano para hacer mejor una provincia, una ciudad y su ciudadanía.
Ánimo que ya falta menos.

JTIRIMOL dijo...

A ver, está claro que en tódolos ámbitos e eidos profesionais, hai, non me atrevería a dicir corrupción, pero si que falta calidade humana que permita un comportamento e unha expresión coherente e mais sinceira. E tamén, en moitos casos, honestidade. E na profesión de político, semella que algúns medios de comunicación, e outros de descomunicación, queren pór en portada dos seus xornais, como a política e a corrupción van collidas da man. E evidentemente esto esperta na xente un malestar, porque non poden confiar o seu futuro a aqueles que empeñan ao país, e ver que uns se lucran e que ti vas sobrevivindo, pois fastidia, e moito.

Nesta entrada que fixeches, non vou entrar en temas concretos, nen en debates. Simplemente, quero dar a miña opinión persoal, pero desta volta, non o quero facer como Jose. Quero facelo como militante e compromisario do PP. Eu, teño plena confianza no Partido e nos seus membros, e sempre apoiarei este proxecto e o defenderei ata o último día. E síntome orgulloso de poder participar e formar parte activa nel. Eso dígoo como militante e compromisario, como Jose, simplemente engadir que o mal uso gobernamental daqueles que nos gobernan para conseguir ventaxa ilexítima baseada en segredos, é corrupción, e é tan renunciable ou máis que os famosos “maletíns políticos”. Ata de agora a xestión da Xunta foi nítida, mais hai outros problemas máis graves nestes días como para falar de cousas que non aportan nada.
Teño plena confianza en ti, Xosé Manuel, e sei que serás un Presidente exemplar, capaz de entender e comprender os problemas da xente.

E sinceramente, a imaxe que poida ter calquera cidadán, ou que se poida crear, en relación de que a política ou os políticos van unidos á corrupción, é algo que tedes que cambiar vós dende dentro, porque é dende aí ónde eso lle chega, nos chega, a todos/as nós. E tamén tedes que demostrar, ou mellor dito mostrar, que detrás do Político, se “esconde” unha persoa normal e corrente, que fai cousas normais e correntes e que disfruta e ten os mesmos hobbies cá o resto da xente, e que é cercana. Porque as veces dá a sensación de que vos agochades entre traxes, americanas, camisas e garabatas e non vedes máis ca eso.

Eu non dubido do Partido, e sempre o defendín e o defenderei, e darei a cara por el, aínda que ma partan. ¿sabes por qué?, simple e llanamente porque teño plena confianza nel de forma xeral, e en ti de xeito particular. E é iso, o que tedes que buscar na xente; confianza. Xa que é moi difícil que calquera cidadán collido ao azar che diga; “Eu confío plenamente nos políticos”. E eso, só o podedes cambiar vós dende dentro, dando exemplo e sendo cercanos, e buscando os interes do pobo.

“When the night is someone elses
And you're trying to get some sleep
When your thoughts are too expensive
To ever want to keep
When there's all kinds of chaos
And everyone is walking lame
You don't even blink now, do you
Or even look away”. (Paul David Hewson “Bono”, letrista, vocalista do grupo irlandés de Pop, U2)


“La honestidad es la mejor política”. (Benjamin Franklin).

Anónimo dijo...

A min, ao contrario que a anónimo, gustaríame saber a quen chamou a coordinadora do centro de saúde de Quiroga, para que a volvese a nombrar o xerente dous meses despois de tela cesado. Por certo xa fóra nombrada a dedo pola consellería de sanidade do PSOE. Ao mellor é porque ten mellores contactos que o alcalde, ou ao mellor é que todos son os mesmos. Cando desaparecerá o caciquismo politico e se terán en conta a capacidade e os méritos?. Por certo, é "ético" nombrar a súa propia muller para un cargo?

Decepcionado dijo...

Muy bonito el escrito José Manuel Barreiro. Ahora solo tienes que creértelo y cumplirlo, y cuando vuelvas a dar tu palabra de honor a una persona, mirándole a los ojos, cúmplelo por favor. Soy militante del PP, pero para mi tu palabra tiene muy poco valor. El tiempo pone a cada uno en su sitio

omnium dijo...

No puedo por menos que suscribir totalmente la entrada de hoy del blog. Nos agobia una crisis económica sin precedentes, pero quizá tan grave sea el descrédito de la clase política, que ha alcanzado niveles intolerables.

A mí, personalmente, me preocupa especialmente la corrupción que pueda haber en el PP. Simplemente porque es mi partido, en el que creo y milito desde hace muchos años. Por ello, me considero con derecho a exigir a nuestros dirigentes un plus de pureza.

Considero muy acertada la referencia a Manuel Fraga, un hombre que ha cometido (como no podía ser menos, en una trayectoria tan larga) muchos errores, pero a quien nunca nadie se ha atrevido a acusar de beneficiarse personalmente de la política.

El problema es que hay mucha gente (quizá no mucha, pero siempre demasiada)que va a la política precisamente a eso, a enriquecerse. Gente que fuera de la política no pintaría nada. Tenemos en la provincia algún ejemplo glorioso (y no precisamente del PP).

Debemos exigir a todos honestidad personal en el ejercicio de la acción política, y para hacerlo, tenemos que empezar por exigírnosla a nosotros mismos.

Teniendo esto claro, estoy seguro de que el PP de Lugo, bajo la dirección de Barreiro, recuperará los éxitos pasados, más pronto que tarde.