lunes, 5 de abril de 2010

Unha provincia, moitas visións

Lugo é unha provincia chea de posibilidades, de arraigadas tradicións, de grandes riquezas naturais, patrimoniais, culturais e gastronómicas.

Son cada día máis consciente desa exuberancia de cores, olores e sabores, que non por repetidos deixan de ter encanto, máis ben ó contrario, cada día ofrecen un matiz novo, unha visión distinta.
Xunto con esa provincia cun amplísimo abanico de paisaxes excepcionais, de monumentos únicos, de viños e viandas excelentes, hai outra provincia cunha cara menos amable e moito menos atractiva.

Lugo é unha provincia de contrastes, de praias e montañas, de vals e de espacios agrestes, pero tamén de desigualdades, de diferencias case que insalvables.

É unha provincia onde abundan as estradas mordidas pola vexetación circundante, nas que é imposible sortear os baches ou ignorar a gravilla solta; de polígonos industrias case deshabitados, con infraestructuras deficientes e con empresas que afrontan graves dificultades económicas que fan poñer en cuestións a súa continuidade; de pobos case fantasmas nos que a mengua de servicios vai parella á perda de despoboación porque o tan aludido reequilibro territorial non se dá materializado.

Falo dunha situación ben coñecida, son testigo dela nos meus continuos percorridos polas comarcas e concellos desta provincia nosa. Son conscientes de que as deficiencias ou as melloras precisas non se poden manterializar dun día para outro. Nin en tempos de bonanza é posible acometer a un tempo todas as necesidades nin dar resposta a todas as demandas, hai que priorizar actuacións. Nos tempos que corren, cuns recursos aínda máis contados por mor da crise económica, hai que fiar moi fino para seguir avanzando, paseniño, pero avanzando.

Sorpréndeme, a pesares do que estou relatando, das deficiencias que se detectan a primeira vista, sen necesidade de profundizar nas peculiaridades específicas de cada concello ou bisbarra, que dende a Deputación se malgasten alegremente os cartos de todos en actuacións que en nada repercuten na mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Abundan nos orzamentos provincias as partidas para gastos diversos, sobre os que resulta difícil exercer unha laboura fiscalizadora; multiplícanse as consignacións para gastos protocolarios ou para accións diseñadas específicamente para a maior gloria dos máximos responsables provincias, xa pertenzan á área socialista ou nacionalista, que para eso non hai diferencias entre os integrantes do goberno.

Onde está a sensibilidade e o respaldo do gabinete que preside Gómez Besteiro para cos sectores productivos que máis o precisan? Onde está o seu apoio ós concellos máis aillados e máis deficientes en infraestructuras básicas? Por que premeditadamente se retrasa a execución de obras aprobadas antes da chegada do bipartito á Deputación cando está fora de discusión a súa importancia? Por que se fan diferencias ostensibles entre uns concellos e outros en función non das súas necesidades senón da súa cor política?


Convido ós lucenses a reflexionar sobre todo esto e reclamo ós máximos responsables da administración provincial que, á hora de fixar as súas directrices políticas, prime o interese xeral sobre o partidista.

15 comentarios:

Anónimo dijo...

Sen dubida, está deputación está perdida. Non se sabe o que fai nin en que gasta os cartos, non se nota.
Seguro que solo traballa pra os amigotes progres.

telmo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
telmo dijo...

Amigo Xosé Manuel:
Esta xente non entende doutros convites que non sexan para encher estómagos agradecidos.
Para eles, o camiño para conquerir un voto non é amañando unha pista, limpiando unha silveira, ou poñendo unha sinal nun cruce perigoso. Eles só coñecen a política da enchedola, meter a maiores nos buses, regalarlles paraugas e pratos de Sargadelos. E así nos vai.

ALEXANDRE dijo...

A Deputación é un barco á deriva, nen hai presidente nen hai nada. Non teñen amor por Lugo, porque se lle tivesen agarimo actuarían doutro xeito ben distinto. Mentres o señor Orozco se queda só no poder, a Deputación quédase á deriva neste mar de incertidumbre socialista. E así lles vai e irá, menos mal que pronto no la entregarán.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Os eloxios doutros días, hoxe teñen que ser críticas, e críticas moi duras. Coido que se está actuando moi mal, e ti, Xosé Manuel, como home sabio que eres, deposito a miña confianza e a miña fe cega en que nos fagas remar a todos/as na mesma dirección, porque non se está facendo.

Tirimol está mal, e eu estou mal, Tirimol está tristeiro e eu estou tristeiro, Tirimol está comezando a fartarse moi seriamente e eu... xa sabes a ecuación...

De cando en vez non estaría mal dar as GRACIAS a aqueles que traballamos para que este proxecto siga adiante, porque polo que vexo uns traballamos e outros poñen o perfil para levarse os aplausos e iso é inconcebible, e como é inconcebible, non se pode permitir. Había e hai unha canción de Barricada que di; “Las lentejuelas brillan demasiado ya no alucinas a nadie”. E eu teño medo que iso lle aconteza ao noso Partido. Porque as cousas están a facerse mal, ou a non facerse ben de todo.

De cando en cando recoñecer o traballo feito para o Partido, non estaría mal, ¿non che parece?. Porque creo, cremos neste proxecto mais vexo unha pasividade total por parte do Partido, mentres os eloxios caen en mans daqueles que non fan nada.

Se remamos todos ao mesmo tempo e na mesma dirección, por qué hai que remar por aqueles que non reman?. Por qué teño que remar polos que reman ao revés e polos que deixan de remar??? Un non ten que achegarse aos políticos, teñen que ser istes os que se teñen que achegar á xente para saber dos seus problemas e inquietudes. E só vos estades achegando aos que vos dá a vós a gana. E iso non pode ser.

Eu creo no proxecto, no programa e no Partido, e creo en ti, Xosé Manuel. E por iso, sei que tomarás as riendas e medidas, para que aquí, un non sexa máis ca outro. Eso deixámosllo ao BNG e ao PSOE. Pero aquí, non pode pasar.

Estou bastante decepcionado e moi triste. Se queremos a Deputación e o Concello, ou traballados todos/as intensamente para facelo, ou seguimos así, que cada un traballa para o que lle convén a el/ela e sen pensar no próximo ou ben encarga a outros que traballen para el/ela. Non me parece xusto nen moi ético, e moito menos para unha fomación política como a nosa, que consta de máis de 709.000 afiliados.

Eu non quero abandonar iste barco, non quero irme co corazón baleiro, nen coa alma polvorienta nen coa axenda deserta, prefiro fundirme co barco. Pero se este é o rumbo que toma o barco, moi mal vamos.

Xa che digo, que estou moi triste e moi decepcionado co Partido, pero sobre todo moi triste pola actitude de algúns. Hoxe é un día gris e os eloxios difumínanse na nada, para dar lugar as merecidas críticas. Xosé Manuel, imaxínaste a un mendigo nunha rúa baleira, contanto limosnas unha noite triste e fría de inverno, coa soedade como compañeira. ¿¿¿imaxinalo??? ¡¡¡Pois así me sinto eu hoxe!!!!

As críticas, non hai por qué tomalas a mal, senón todo o contrario. Se non se criticase a Martina Hingis no 1997 pola final de Roland Garros, probablemente non gañaría o US Open nen sería a Nº 1 da WTA. Se non se criticase o xogo dos Lakers nesta década, probablemente non gañaran a anel da NBA. Se non se criticase o último disco de Metallica, non farían unha xira repasando os seus vellos temas, e así ata o infinito...

Só os grandes son capaces de escoitar as críticas, comprendelas e traballar para que non se repitan os erros do pasado. E eu confio en que ti, Xosé Manuel, así o farás. Agora que o disgusto que temo co Partido non mo quita ninguén...

Ao final do teu artigo dis “á hora de fixar as súas directrices políticas, prime o interese xeral sobre o partidista” Pois eu trasládoo ao Partido, e que prime o traballo de todos e non o individual, que ou traballamos todos para todos, ou mal vamos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Eu sinceramente tampouco sei en qué gasta a Deputación os cartos, non sei se os tira ou se os queimou nas fogatas do San Xoán, porque no rural estamos abandonados completamente. Non se nos ten en conta para nada e trátasenos como se foramos cidadáns de terceira categoría, estamos perdidos entre Lugo cidade e os concellos dos redores nosos. E vivimos aislados totalmente, 9000 personas marxinadas, isa é a palabra que hai que empregar. Porque esto dá vergonza, dende os camiños, que ou os baches os arranxamos os veciños, ou aquí non move un dedo ninguén, ata os montes, que só se acordan cando hai incendios, e gracias aos veciños o ano pasado non houbo traxedias maiores. Porque nos encargamos de rozar e de sacar a maleza para evitalos. E así día tras día. Por iso me fai gracia cando escoito a alguén da cidade, sobre todo do BNG, falar da Galiza e das aldeas, nunca pisaron unha, se tanto amor teñen por Lugo, que veñan conmigo sachar e rozar os toxos e as silvas, que veñan conmigo achicar o auga, que veñan conmigo facer regos para levar o auga ao río e evitar que se inunden as estradas, que veñan conmigo arranxar os baches con grabra, que veñan conmigo sacar toda a maleza... Non o fan. Queda moi fermoso dende un sillón ou dende un atril proferir verbas cándidas e melancólicas cara as aldeas lucenses, mentres que cunha man se tocan a bolsa escrotal e coa outra a arman para recibir os cartos de todos. É un insulto, e non se pode consentir.

Eu, non sei, ónde está Besteiro, debe esconderse, non sei qué fai a Deputación, nen onde gastan os cartos nen onde os envirten, sinceramente non o sei. É unha vergonza. E hai que dar un golpe sobre a mesa e poñer as cousas claras, que esto pasou a converterse non xogo, e nós non queremos xogar con tramposos. Realmente lamentable, como lamentable a crise do PSOE no concello, coa marcha de Burgo, o señor Orozco queda só. Pobriño... E menos mal que se vai, porque como Concelleira de Cultura e Turismo non fixo nada, e cando quixo facer algo empeorou todo. Lamentable os seus programas para o San Froilán, e lamentable as actuacións que se trouxeron estes anos e cómo se trouxeron. Indo me lembro do concerto de Amaral, poñen o concerto na praza do Seminario, costa abaixo, atasco de xente por Ramón Ferreiro e Obispo Aguirre, un escenario para todas as actuacións. Concerto ás 22:00 e ao aire libre cando na Web dos de Zaragoza, se anunciaba en recinto pechado con apertura de portas ás 20:3o. Non poideron levar toda a parafernalida, xa que nesa xira o escenario que levaban era catro veces no que tocaron. Cando falo con Eva sobre a xira isa, sempre se lembra en Galicia no dado no Coliseum da Coruña pero evita falar do de Lugo, e iso que se portou moi ben con todos nós, facendo un guiño ao falecido Antonio Vega e adicándolle á cidade de Lugo un tema que non estaba no setlist. Iso sí é agarimo e non o da Deputación.

Reclamas reflexión, e iso é o que hai que facer, unha que a figura de Orozco se desgasta e está quedando só. Dous a actitude do BNG que vai cos da feira e volve cos do mercado, tres a actuación da Deputación, e con ela a actuación dos socialistas e nacionalistas. E así o farei, reflexionarei seriamente sobre o que escribes nesta entrada. Aínda que a conclusión está bastante clara e así a reflexas moi ben no artigo que escribiches.

E espero e desexo que ti, meu querido; Xosé Manuel, tamén reflexiones sobre as miñas palabras. Sei que o farás porque a parte de gran PERSOA eres un gran POLÍTICO.

“You can't always get what you want
But if you try sometime, yeah,
You just might find you get what you need!”.Sir; Michael Philip "Mick" Jagger (Letrista e vocalista de The Rolling Stones)

“Estoy contento de sentir, aunque suelo estar triste por sentir”. (José Narosky).
“Nuestros mejores éxitos vienen a menudo después de nuestras mayores decepciones”. (Henry Ward Beecher)

Anónimo dijo...

Eso, que se deje el PP de remar en San Cosme de Barreiros por unos pocos, porque está cabreando a muchos votantes.
(Quizás mejor decir ex-votantes)

Anónimo dijo...

Que acepten las críticas, como Dios manda, que no lo están haciendo. Muy bien jtirimol, las cosas claras que aquí trabaja uno y cien ponen la cara y completamente de acuerdo con el último anónimo.

Anónimo dijo...

Yo también voto al PP, pero lo de San Cosme de Barreiros es INTOLERABLE.
¿De que manera me van a convencer para que vuelva a votarles?

Anónimo dijo...

El pasado día 3 hubo una reunión de vecinos en San Bartolo, fue una pena que no acudiese el Sr. Barreiro y escuchase los comentarios de gente que es y vota al PP, incluso cargos del partido.

A muchos nos da verguenza ajena.

Anónimo dijo...

Yo creo, amigo Jose Manuel, que si te luces en San Cosme de Barreiros como te luciste en Rinlo, deberías presentar la DIMISION.

Estás apostando muy fuerte por alguien que no se lo merece, y el rechazo que en ciertos sectores esta produciendo esta actitud, puede perjudicar al partido en las próximas elecciones.

No olvides que a diferencia de las izquierdas, los votantes de derechas exigen a su partido principios y moral, y en este caso cualquiera que conozca San Cosme de Barreiros y no tenga allí intereses económicos, no da credito a lo que está sucediendo.

Andrea dijo...

Hay que tratar mejor a la gente que trabaja tanto, y Jose trabajó mucho en Tirimol y alrededores sin pedir nada a cambio y es normal que estea decepcionado.

Anónimo dijo...

Eu estou dacordo cos anonimos que falan de San Cosme de Barreiros, e sentindo moito, vou romper o meu carnet do partido.

JTIRIMOL dijo...

As críticas alusivas ao Partido, en absoluto tiñan que ver cós últimos anónimos, nen moito menos. Non cabe dúbida e ninguén o pode pór en estado de incertidumbre, que Xosé Manuel Barreiro é o noso Presidente. E así quedou de claro no congreso provincial. É o mellor líder que podemos ter, e cando seña presidente da Deputación moitos/as darédesvos conta do gran político que é. O que pasa que tomar decisións, nunca foi doado, non temos que esquecer que é o producto final do proceso mental-cognitivo, e como producto final, ten que estar madurado e ser firme co pensamento e ollando para o ben común. E coido que iso Xosé Manuel faino á perfeción. Este é un proxecto ambicioso e sen medias tintas a difencia do dos socialistas e nacionalistas. E hai que traballar para que salga adiante e conseguir a Deputación e o Concello de Lugo, xa que non temos ningún dos dous. E cústame crer que os que levades tempo no Partido non creades nel. Estou seguro que ao final reflexionareis e eses votos irán parar ao voso/nosso Partido, porque, permitídeme, dubido moitísimo que creades nas outras dúas formacións políticas. Repito que tomar decisións nunca é doado, pero xá veredes como ao final se tomou a opción correcta. E a estas alturas, poñer en dúbida a capacidade política de Xosé Manuel, non vén a conto, porque a súa traxectoria política é intachable. E será o mellor Presidente que poidamos ter. Hai que criticar aptitudes eso si o hai que criticar, pero criticar a capacidade política de Xosé Manuel, case é un insulto ao Partido. E sei que non fondo pensades coma min, e sei que ainda que esteñades enfadados, encomodados ou decepcionados, credes no proxecto e credes no Partido.

“They think our heads are in their hands But violent use brings violent plans” James Hetfield (Guitarrista, letrista e vocalista do grupo de Heavy Angelino, Metallica)

“El principio más fuerte de crecimiento humano radica en la elección”.
Mary Ann Evans

Alfonso dijo...

Muy sencillo y muy directo sr. Barreiro. Soy simpatizante pero en estos momentos estoy muy preocupado por la deriva del partido en el asunto del embalse de Navia. Las electricas nos quieren arruinar la vida en una de las zonas mas hermosas de Galicia -por supuesto de Lugo-, con un potencial espectacular.
Desde los años 50 -mas de 60 años- no nos dejan vivir, no tenemos la oportunidad de desarrollar nuestra comarca como cualquier otra. Nuestros padres tuvieron que emigrar porque nadie se atrevía a gastar un solo duro allí. Esa espada de Damocles, esos intereses económicos de empresas foráneas que nada les interesa salvo sus propios resultados económicos se tienen que acabar.
Usted en su estapa de conselleiro tuvo el magnífico propósito de crear el Parque Natural de Ancares demostrando una gran sensibilidad y visión. Lamentablemente las elecciones aparcaron el proyecto aunque se ha podido demostrar que hay un gran consenso político. Espero que impulse esa idea porque es la única solución de futuro de la comarca. Hay otras experiencias similares en otras zonas de España que demuestran que donde la naturaleza se manifiesta con todo su explendor y su conservación es buena hay un gran FUTURO. Hidroeléctrica del Cantábrico (Santander) y ENDESA (italiana) pretender anegar nuestra ilusión y el futuro de nuestros hijos -el de nuestrospadres ya lo hundieron-. Plante cara a esos intereses. Nos merecemos una oportunidad para nuestros hijos.
Un saludo