martes, 25 de mayo de 2010

Equilibrio

Equilibrio entre galego e castelán, incorporación paulatina dunha terceira lingua e máxima participación posible das familias á hora de elexir o idioma no que van a ser instruidos os seus fillos.

O decreto aprobado o xoves polo Consello da Xunta toma en consideración ademais a recomendación do Consello Consultivo que advertía de que non había cobertura legal suficiente para plantexar a consulta sobre a asignación lingúística das materias troncais en educación primaria e secundaria e supedita esta cuestión a aprobación dunha lei que dé cobertura legal á consulta ós país.

A estas alturas está claro que os diferentes extremos do espectro ideolóxico sobre o galego non van a dar por pechado o debate sobre a lingua. Sempre hai matices, sempre hai pegas, para uns quédase corto para outros vai moi lonxe.

Sego a manter que o galego, a nosa lingua propia, nunca debeu ser fonte de debate e menos de enfrontamento.

En primeiro lugar porque ese conflicto non existía no día a día dos galegos, pero fíxose todo o posible por trasladalo dos foros de debate parlamentarios á rúa e despois á escola, onde os principios que deben imperar, ademais do coñecemento, son a tolerancia e a equidade. Non debemos esquecelo. E en segundo lugar porque precisamente unha das características que nos distinguen como galegos é precisamante a nosa lingua propia e eso debía de ser motivo de orgullo común e sobre todo de unión.

A defensa e promoción do uso do galego é un dos piares fundamentais e irrenunciables do Partido Popular dende sempre. Eso é incuestionable. Ningunha forza política nin ninguén debería autoproclamarse propietario ou garante magnánimo da súa defensa e promoción. Ademais dun erro, supón usurparlle o seu posto a quen verdadeiramente lle corresponde que non son outros que cada un dos galegos (ou non galegos) que difunden a nosa lingua polo mundo enteiro.

Avogo pola sentadez e a concordia e sobre todo apelo ó sentido común para acabar con este histerismo que a nada nos leva pero que perxudica moito ó noso idioma, ó que no fondo todos queremos defender.

9 comentarios:

Mateo dijo...

Algúns partidos políticos queren facer da política lingüística o escaparate para demostrar os seus votantes o ineficaces que foron na súa etapa no goberno. Aférranse ó tema da lingua para facer dano a Feijoo a base de mentiras. O galego non vos pertence. O galego e a lingua de todos nós e pervivirá sen estas caralladas. Temos que deixar claro que a política lingüística da Xunta baséase na cooficialidade entre o galego e o castelán, na consideración da lingua galega como lingua propia de Galicia, en extender por vías positivas o seu coñecemento e uso e na aplicación do principio de non discriminación por razón da lingua.

Miguel dijo...

Estimado X. Manuel:
Sei positivamente que este comentario non sairá publicado pero o que me interesa é que o leas ti.
A nivel lingüístico, este decreto está elaborado con escaso rigor científico e non se axusta á legalidade.
Son licenciado en Filoloxía Galega e Filoloxía Románica, especializado en Sociolingüística e por iso permitireime facer unha serie de comentarios:
1. Estou de acordo coa equiparación dos dous idiomas. Pero para equiparar teñen que estar en situación de igualdade, cousa que non ocorre (a calquera estudo elaborado por calquera entidade ou organismo me remito) Mentres isto ocorre, a discriminación positiva é fundamental para acadar esa igualdade.
2. Neste senso, sorpréndeme que faledes de igualdade cando en 16 anos no goberno o galego nunca pasou dun 33% de horas de docencia, sen comentar os incumprimentos constantes desa mínima porcentaxe, da que sempre fostes coñecedores e que vos daba igual. Pero agora esgrimides a bandeira da liberdade (de xeito demagogo; isto é como pór a raposa no galiñeiro.
3. Este decreto e as ideas do PP fomentan a diglosia, o que sempre se pensou nos barrios centro das citys: o galego para as letras (o menos importante) y el castellano para las ciencias (lo que tiene prestigio).
4. O de infantil é sangrante: resulta que vai haber rapaces que non van ter contacto co galego ata Primaria. Moi pedagóxico, si señor. Eu dou clases de galego en Secundaria nun centro situado nun contorno castelanfalante dunha cidade, e atópome na ESO con alumnos autenticamente analfabetos en galego. Co que acabades de aprobar tereime que comunicar con eles por lingua de signos, porque a súa competencia en galego vai ser...
5. Tamén é moi pedagóxico que o profesor fale nunha lingua e os rapaces no que lles dea a gana. Xa a nosa autoridade está polo chan como para agora que teña que depender da nosa capacidade de persuasión que empreguen unha lingua...

En fin e a modo de conclusión: semella un disparate e un acto de demagoxia como nunca na historia: criticades ao bipartito e resulta que pais, sindicatos, RAG, Consello da cultura, pedagogos, xuritas... estaban de acordo co decreto que presentaran (só ignoraron pequenas observacións do Consello Consultivo, en nada comparables coas que fixeron do voso decreto esperpéntico). Vós aprobades isto en solitario, pasando polo arco de triunfo os ditames da RAG, Consultivo, ILG, CC Galega, sidictos , pais, pedagogos... e dicides representar a maioría silenciosa que non se manifesta, pois que se manifesten apoiándoo para evitar que dea a impresión que gobernades inspirados neses "poltergeist" ( a chaamada maioría silenciosa).
E finalmente, o máis triste de todo e que vos votei, pero non contedes máis con iso.
Un saúdo.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Iste é un debate que xa se fai demasiado pesado. Aqueles que empregan a lengua como vínculo de desunión e de enfrontamento, non merecen ser chamados políticos. Facendo un simil, co BNG, pasa igual que cando vas ao río a pescar carpas, como poñas a rapala axeitada, tíranse a comela e a matala, sen darse conta que atacan a un ser inerte, e as que van quedar mortas son as carpas. Co BNG e o tema do pluringuismo pasa igual, e non se dan conta que teñen eles dentro da súa formación política, bastante que arrancar sen necesidade da facer o ridículo cada vez que saen á rúa, aínda sen saber moi ben para qué.

E os socialistas, caladiños estarían mellor. Porque non son ninguén para dar leccións de política, que se preocupen do que teñen, que é abundante e nada positivo. Que o único que están facendo é arruinar ao país coas súas medidas e a súa política baseada na improvisación constante.

Sigo a defender a língua galega, como língua de todos/as os galegos e galegas, e estou moi orgulloso de poder expresarme nela, libremente e sen imposicións de ninguén. E síntome máis galego cá ninguén, e para iso non me fai falla porme camisetas coa bandeira galega e a estrella vermella. Defendo a liberdade en todos os eidos da vida. E eses ataques dende distintas formacións políticas de carácter nacionalista, de distintos colectivos, (que din defender a liberdade), contra o PP e contra Alberto Feijóo, non os entendo, e a parte de non entendelos e que non quero. Paréceme demagoxia pura e dura, ou simplemente non ter qué facer para chamar a atención.

As cousas funcionan con traballo, e con constancia, se xa polo medio metemos a improvisación e os ataques gratuitos non teremos moito futuro no mundo político. Xa que a credibilidade esfumarase a pasos axigantados. É o que lle estar a pasar ao PSOE no ámbito nacional, e ao BNG aquí.

Que lean outra vez o Decreto, porque para min que se saltaron rengóns. E que reflexionen sobre as manifestacións feitas. Se como oposición, só son capaces de propoñer iso. Entón están no lugar axeitado, e Galicia non se trabucou ao envialos a ela.

Semella que só saben impoñer, cando falla o programa, non hai solucións e se deixan máis preguntas que respostas, acontece iso.

Un apuntamento, algúns defenden que o galego é unha variedade diatópica do diasistema lingüístico gallego-luso-africano-brasileño, algúns non vinculados ao BNG, pero si a outras formacións políticas Nacionalistas e minoritarias, din que o Galego e Portugués son a mesma lingua. Certo que formamos un País, pero os rasgos do galego son semellantes aos de calquera lingua procedente do latín.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: O máis curioso é que nen os expertos se poñen de acordo, así que dubido moito que catro persoas dunha formación política, sen base histórica, poidan dar unha opinión coherente e que convenza a filólogos, filósofos e historiadores.
Ademais segundo a separación dialectológica de Galicia empregada por organismos como a Real Academia Gallega (RAG) ou o Instituto da Lingua Galega (ILG) existen tres bloques lingüísticos recoñecidos, cada un coas súas particularidades. O bloque occidental abarca as Rías Bajas e chega ata a zona de Santiago de Compostela. O central ocupa a gran maiora do territorio galego, e por último o bloque oriental comprende as zonas más orientales de Galicia e os territorios fronterizos de Asturias , León e Zamora.

E na nosa cidade, en Lugo, é onde mellor se “fala” o Galego. Cando filólogos, filósofos e historiadores, vertan a súa opinión afirmando que a Xunta está matando o galego. E que iste Decreto vai matar ao galego. E que os nenos/as van ser analfabetos em torno ao galego. Serei o primeiro en rectificar o que digo e o que opino.

Que pode que haxa cousas, aspectos, dentro do Decreto que se poden modificar para o ben común, pois non o sei. Supoño que si porque todo é mellorable. Pero ningún rapaz vai acabar sendo analfabeto en canto a língua galega se refire, e non creo que haxa que comunicarse con signos con ningún alumno/a.

Bastante sorte ten, aquel que é mestre ou mestra, e pode traballar con rapaces e rapazas, con iso deberá estar orgulloso. Xa que eu presenteime a oposición e quedei sen plaza.

E se queredes falar de pedagoxía, facédeo de todo, non só na parte lingüística (na cal hai pedagogos que debenden que haxa dúas línguas, e que unha se use máis cá outra, ningunha morrerá porque se complementan, e iso é necesario e pólo tanto bo para os nenos/as), facédeo tamén da práctica educativa non formal, así como da parte social.
As cales xustifican e polo tanto son as encargadas de xustificar e ao mesmo tempo comprender a normatividade máis axeitada para a prevención axuda e liberdade do alumno/a como ser autónomo, que cando remate a E.S.O. poida decideir por si mesmo, de forma autónoma e libre.

Unha cousa é defender a língua e outra moi distinta impoñela. Unha cousa é educar aos alumnos e outra adoctrinalos. Se non se teñen claros estes aspectos, non me extraña que o sistema educativo de España sexa un dos peores de Europa, os mestres/as teñen que educar aos alumnos, para cando acaben a E.S.O. sexan persoas autónomas e libres, e se son incapaces de facer iso, é que non merecen ser mestres, que deixen a plaza á xente que desexamos ensinar e innovar para o ben do sistema educativo, e dos propios nenos/as. Así de claro o digo.

No teu blog, non hai censura, Xosé Mnuel. Outros están acostumas a ela e claro pensan que os comentários non se publican. Que tomen nota os socialistas. Em especial Orozco e o señor José Blanco.

Ephemeral gatherings without interaction
Be sincere and announce your departure.. (Floor Jansen, vocalista soprano do grupo de Rock Gótico, dos Paises Bajos, Alter Forever)

“Antes de felicitarnos por dar libertad a las gentes debemos preguntarnos qué harán con ella”. (Edmund Burke)


ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!

Miguel dijo...

Para Jtirimol:
Todo nunha parte:
Encántame que me contestes sen contestarme, falándome do que din algúns pedagogos, dando leccións do que temos que facer os profesores e mestres, falando dos outros partidos (cousa que non me importa, xa que non os defendo), dando leccións de dialectoloxía galega, falando de imposición... E todo de xeito bastante agresivo, partidista e demagogo.
1. Son a RAG, ILG, Consello da Cultura, Consultivo, institucións a ignorar e partidistas? Teñen coñecementos sobre lingua, sociolingüística e, maís concretamente planificación lingüística? - Lembro que nin na época de Fraga protestaron coma agora, nin foron tan ignoradas.
2. Como todas as linguas o galego ten dialectos e ningún é mellor cós outros. A nivel oral calquera variedade se acepta, mentres que nos contextos formais (orais) e en toda manifestación escrita cómpre usar o estándar.
3. Respectar e aplicar políticas lingüísticas axeitadas propias de lugares coa mesma situación lingüística cá nosa -Quebec, Bélxica...- sería o seu. Estas políticas lingüísticas mesmo inclúen a mal explicada e denostada inmersión e a discriminación positiva, pois está demostrado que a lingua forte non corre en ningún caso perigo, xa que o contexto lle é favorable (medios de comunicación, consideración social...).
4. Se repasas os ditames das institucións antes mencionadas, as entrevistas na prensa dos seus membros e de moitos expertos, os informes e artigos elaborados por todo tipo de institucións, verás que si se afirma que o galego corre perigo con este decreto e mesmo se chega a falar da súa morte. Isto dino expertos.
5. Sobre o comentario no que afirmas que son institucións formadas por membros de dous partidos, sorprenderíaste de cantos srs da RAG, ILG, CCG e o Consultivo son afíns ao PP. Semella -con perdón- unha perrencha de neno pequeno facer ese tipo de afirmación só poruqe non están de acordo coa política lingüística do partido ao que lle votas.
6. Entendo moi ben o de preparar oposicións e non ter praza e deséxoche o mellor. Pero polo feito de cometer o pecado de ter traballo non estou inhabilitado para opinar e ese "que se vaian e os que queremos traballar xa o faremos..." é, alén de demagogo, un comentario que cercena de xeito autoritario a liberdade de expresión. Xa verás cando traballes nisto que a teoría é moi bonita pero na práctica nin o que se estuda na oposición nin as túas expectativas coinciden coa realidade. Así que creo honestamente que non es quen para dar leccións de como facer as cousas.
O de que os alumnos chegan á ESO con moi baixo nivel de galego é certo porque eu vivo esa experiencia, así que non dubides do que eu vivo. Igual na túa zona de Lugo non pasa iso -que sorte!- e eu non o vou pór en dúbida.

Para rematar, só fago dous comentarios maís:
- Defender o galego e estar en contra deste decreto non é impoñer nada. Impoñer as teses dunha asociación á que un se liga para obter votos (GB) si é imposición. Do mesmo xeito, o que si foi toda a vida imposto foi o castelán, xa que nin o mínimo do 33% de docencia se cumpriu nunca, igual que o ata agora 124/2007 (sempre houbo barra libre para incumprilo)-. De aí a necesidade da discriminación positiva.

- Finalmente, pido desculpas a X.M. Barreiro, por dubidar da publicación do meu comentario. Estivo feo pola miña parte e sinto ter posto en entredito a liberdade de expresión neste blog.

Un saúdo.

JTIRIMOL dijo...

Para Miguel:

A min encántame que te refiras a min directamente, xa que eu nen che contestei a ti, contestando nen sen contestar, se te deches por aludido, sinceramente é o teu problema. E es ti quen mostra esa agresión, demagoxia e partidismo, e non eu. Se ti tes dereito a abrir a boca, ningún cha pechou nen te censurou, eu tamén teño dereito a opinar sobre os pedagogos e os mestres, e as formacións políticas. Mentres non mo impida o creador do Blog, ¿vasmo impedir ti??.

1º Se che quixera contestar sen contestarche faríaoo, non teño problema ningún. E se che quixera contestar, contestando, pois tamén.

2º Xa sei que o uso das expresións con significados distintos ao contexto diferente ao que se considera o habitual, non está ao alcance de todos/as.

3º Para a extinción da língua galega, tería que producirse unha situación de entre dez e vinte falantes, e a partir da terceira xeración, probablemente estaría incluída como língua en alto risco de desaparecer, ou simplemente desaparecería. Mais iso é inviable.

4º No mundo existen 6912 línguas diferentes, das cales un porxentaxe bastante elevado corren o risco de desaparecer, sobre todo as línguas autótonas dos paises de centro américa. Istas línguas constan de entre cinco a dez falantes, e aínda así considérase que desaparecerán ao longo deste século. Mais, para sorpresa de todos, o galego non está. Así que ide falar coa UNESCO para que eses “expertos” aos que te refires a inclúan entre as línguas en perigo de extinción, que para a semana vou ver a Lacuna Coil e máis a Rage, e teño medo que cando volva dos concertos, xa non se fale o galego no meu pobo.

5º Dis que non son quen de dar lección de cómo facer as cousas. E despois chámasme autoritario. Pois, sinceramente, a túa afirmación superou o meu autoritarismo. Vale, que non me deixes dar leccións, pero pólo menos non me cortes a lengua e deixame espirme coas palabras e expresar a miña opinión. Que por defender o Decreto, non son menos galego cá ti, deso podes estar seguro.

6º O de demagogo, e que fixen demagoxía, nin cho vou a contestar, prefiro que cho conteste Aristóteles “"el predominio de los pobres con exclusión de los ricos".ç

7º Se eu non teño que dubidar o que ti vives, non dubides ti o que eu vivo.







ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

miguel dijo...

Estimado Jtirimol:
Encántame a forma que ti tes de mentir e darlle a volta á tortilla.
Mentir, porque é evidente que os teus 2 primeiros comentarios eran unha resposta aos meus.
Darlle a volta ás cousas porque dis que eu son agresivo e o certo é que o único que se expresa autoritariamente es ti.
E a interpretación particular do que escribo é evidente: en ningún momento me dirixo a ti de forma despectiva, ti si. En ningún momento pretendo impedirche expresarte, faltaría máis, así que non sei de onde deduces iso no meu comentario. Sobre iso de que "o uso das expresións con significados distintos ao contexto diferente ao que se considera o habitual, non está ao alcance de todos/as", pretende ser ofensivopola túa parte, pero a min oféndeme quen pode e quen me importa, non quen quere. Pero o que responde agresivamente manifesta ter poucos recursos verbais e certa intolerancia. Eu non teño por que xulgar as túas opinións pero si pode expresar opinións diferentes. Iso non é un ataque, así que non o tomes como tal.
Fas alusión outra vez ao partidismo.. Que che quede claro, que eu non son do PSOE nin BNG; se ata agora me sentín identificado con algún foi co PP.
Pásao ben nos concertos, eu penso facelo.
Saúdos a todos-incluído Aristóteles.

JTIRIMOL dijo...

Estimado Miguel:

1º É bo e positivo que haxa debates deste tipo en blogs persoais de políticos. Xa que nalguns foros, dan unha noticia e comezan os comentaristas a desvariar e irse do fío conductor, en vez de estar nun foro político semella que están nun programa do corazón.

2º Eu nunca minto, así que non me chames mentiroso, porque non me educaron na mentira, nen me coñeces como para afirmar eso.

2º A volta á tortilla, a verdade é que lla dou bastante mal, nunca se me deu moi ben.
O de que teño poucos recursos verbais e poua intolerancia, nen cho vou contestar. Con que o fagan as persoas que comparten a miña vida, que son as que me importan, é me suficiente. E curiosamente opinan todo o contrario cá ti. Normal, eles/as coñécenme e ti nen sabes nen quen son.

3º Ben, Xosé Mauel Barreiro, fixo unha entrada no seu blog, escribindo este artigo, eu ratifico as súas palabras e cada unha das liñas que escribiu. Ti expresaches a túa opinión, e eu expresei a miña. Evidentemente opostas entre si, e pólo que semella difícilmente vamos chegar a un entendemento entre ámbalas dúas partes.
Eu sigo defendendo o que dixen, e o tempo xa me dará, daranos, a razón ou ben, quitaránola.

4º As veces enrróllome moito escribindo ou comentando, mais sempre procuro ser directo, non creo que por iso teña que ser agresivo. Nunca tentei ofenderte, nen moito menos. Ademais como apuntas, só te ofende que quere e a quen che importa. E eu, tamén é evidente, que non che importo. Tampouco creo que teñas interesse e viceversa.

5º Se consideráches que calquera dos comentarios era un ataque directo cara ti, dígoche agora, que en primeiro lugar; endexamais foi a miña intención desprestixiarte e polo tanto moito menos ofenderte. E é máis deséxoche o mellor no teu ámbito profesional, ao igual ca ti me desexaches sorte coas oposicións. E por se non queda claro, vólvocho a dicir, non pretendín ofenderte, e se o fixen, pídoche mil disculpas.

6º Certo que ataquei a partidos políticos e a formacións de carácter nacionalista, concretamente ao PSOE e máis ao BNG. Hai outras formacións políticas de carácter nacionalista que tamén as critiquei. Fíxeno unha vez e fareino mil, fíxeno mil e fareino sempre que eu o considere oportuno.

7º Tamén me parece respetable, só faltaria, que “pases” dos partidos políticos. E o de sentirte identificado nalgún momento por algún membro do PP, é porque algo se está a facer ben, non che parece?

8º Está claro que hai cousas no Decreto que se poderían cambiar, estudiar ou mellorar. Xa que a mellora sempre é posible. Pero vámoslle a dar un marxe de tempo. E voltaremos ter este debate, e verase quen estaba trabucado, e se ao final foi un erro o de poñelo en práctica

Gracias por dicirme que o pasase ben nos concertos, fareino, xa que non é fácil buscar a poesía nen a melodía axeitada no medio da música comercial, e só no Rock e no Heavy-Metal se atopa todo o que buscas, todo o que precisas. Long live to Rock and Roll.
Ti, tamén, pásao ben. Un saúdo.






ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!
.

omnium dijo...

Me ha llevado un buen rato leer el pequeño debate que se ha organizado en el blog, y no quisiera pasar sin dejar mi opinión.

Opinión, comienzo por decir, sin los conocimientos técnicos que muestran los otros participantes. No soy linguista, ni docente.

Sin embargo, creo que puedo igualmente opinar, ya que este, más que un asunto lingüístico, es un asunto político. Lamentablemente, porque a algunos les interesa mucho, pero es un asunto político.

No puedo estar de acuerdo con el comentarista miguel cuando dice que el Gobierno de Feijoo se ha sometido a los criterios de Galicia Bilingüe. No hay más que oír las declaraciones de la Sra. Lago acerca del Decreto.

En realidad, GB no es más que la otra cara de la moneda, el reverso tenebroso e inevitable de la Mesa para la Normalización Lingüística. Unos quieren la desaparición del gallego, y otros la del castellano. Galicia, evidentemente, no puede prescindir de ninguno de sus dos idiomas.

Es muy difícil que pueda hacerse un estudio sereno y razonable del problema, dada la politización extrema que del mismo se hace. El idioma se ha convertido en el nuevo "Prestige", en la nueva Guerra de Irak, bandera imprescindible para mantener la "necesaria" movilización contra un PP que "no puede", "no es normal" que gane las elecciones. Hay mucha gente que piensa así.

No tengo conocimientos para discutir los argumentos técnicos de miguel, pero sí me permito (no le parezca mal) dudar de una de sus afirmaciones. Perdóneme, repito, pero no me creo, en absoluto, que Vd. votara a Feijoo en 2009.

Esto es algo que se oye muchísimo, en estos tiempos: "yo voté a Feijoo, pero por el tema del Decreto, no volveré a hacerlo". Si se hiciera el recuento de todos éstos, tenía que haber sacado el PP un millón de votos, por lo menos.