viernes, 21 de mayo de 2010

Zapatero, un engano

A estas alturas, despois de que Rodríguez Zapatero dera a coñecer o radical, improvisado e imposto plan de axuste económico, só uns días despois de que asegura ante Rajoy que non era o momento de afrontar unha reducción drástica do déficit, a retahíla de negacións sobre a gravidade e o alcance da crise dos últimos dous anos deben estar a martillar os miolos do goberno socialista ó completo.

É de agardar que cando menos certo rubor apoderarase de Zapatero cando lle reprochen todo o que dixo. Así, por exemplo, confirmada a recesión, mantiña que era “opinable” que España entrara en crise ou aseguraba que non había “atisbo de recesión económica” ou incluso que o sistema económico español “era un modelo internacional de solvencia e eficiencia”. Eso diciao a finais de 2007 e a principios de 2008 insistía en que a crise era “unha falacia, puro catastrofismo” e enarbolaba eslóganes “polo pleno emprego” e prometía a creación de dos millóns de novos postos de traballo.

Non foi ata xullo de hai dous anos cando pronunciou (e recoñeceu) por primeira vez a existencia da crise. E foi a partir de aí cando periódica e tercamente auguraba un fin inmediato da sangría do desemprego e atisbaba unha próxima mellora económica que nunca chegaba a producirse. En abril de 2009, segundo dicia, o peor da crise xa pasara e as cifras do paro ían ter “outro color” nos próximos meses; en xuño xa “tocaramos fondo”; en xaneiro deste ano “obxectivamente o peor da crise xa pasara” e incluso a finais do pasado mes de abril afirmaba que a reducción do paro era inminente.

Pero nada foi como dixo que sería. Temos máis de cinco millóns de parados e un déficit do once por cento e a súa encadenación de erros, a presión dos mercados e o mandato da Unión Europea fixo que Zapatero se vira obrigado a contradecirse a si mesmo e imaxino que a arrepentirse de repetir tantas veces que “mientras yo sea presidente, las políticas sociales no tendrán recortes”.

As medidas de axuste que plantexa supoñen, de feito, a maior rebaixa no gasto social da democracia. Este cambio de visión e mesmo de acción, parido da noite para a mañá, merece ser obxecto de estudo porque posiblemente non existan precedentes dun cambio de ideario político tan radical coma este. E aínda menos que esta transformación extrema se leve a cabo cunha precipitación de tal envergadura que ata se prescinda de aderezar a súa presentación cun gran feixe de explicacións que tenten, cando menos, poñerlle pes e cabeza a semellante revirivolta, ó inicio dun máis que probable novo espiral de enganos.

Zapatero e o seu goberno mantiveronse impasibles durante meses ante as alarmas que se ían disparando e agora, nin sequera por vontade propia senón obrigado pala presión internacional e polo medo non a contaxiarnos da situación grega senón a converternos noutra Grecia, arremete contra todo e contra todos (especialmente contra os que menos teñen) cun paquete de medidas que ninguén comparte e que todos consideran que non serán as máis axeitadas para arranxar a grave situación á que nos levou e que probablemente non sexan nin sequera suficientes para amañar a desfeita.

Agárdannos meses moi difíciles. En eso si que ten razón Zapatero.

6 comentarios:

Adrián dijo...

Cando en 1997 conxeláronse os soldos dos funcionarios, os que tiñan débedas recuperaron unha boa parte do seu poder adquisitivo porque se partía dunha situación de altos tipos de interese que foron diminuíndo sensiblemente. En 2010 estamos ante un escenario de baixos tipos no que só será posible mellorar se se consegue eliminar o chan das hipotecas, co cal por aí non imos compensar a redución salarial. Con isto e a subida do IVE as economías domésticas terán que facer o que non fixo desde 2007 o inútil de ZP, isto é, reducir gastos, coa repercusión consecuente no PIB.

omnium dijo...

No nos esperan meses difíciles. Nos esperan años difíciles. Es duro decirlo, pero para poder superar cualquier realidad adversa, hay que empezar por conocerla y aceptarla. O sea, justamente lo contrario de lo que este país ha hecho a lo largo de los dos últimos años.

Se votó, en las últimas elecciones generales, sobre una monumental mentira. Si entonces se hubiera dicho la verdad y el Gobierno salido de las elecciones de 2008 hubiera adoptado medidas restrictivas, en aquel momento, posiblemente hoy la situación estaría totalmente controlada. No habríamos solventado la crisis financiera internacional, pero sí podríamos tener totalmente neutralizados sus efectos sobre las finanzas públicas españolas. Sin embargo, no fue así. Y no es que los españoles votáramos engañados. Engañado vota el que carece de todo elemento de juicio para valorar la realidad, y esta no fue la situación. Ya entonces, mucha gente (recordemos a Manuel Pizarro) advirtió a todos de la peligrosa realidad que se aproximaba. Sin embargo, la mayoría optó por ocultar la cabeza en tierra (táctica del avestruz) y apoyar a Zapatero, su economía de "champions league" y sus promesas de pleno empleo. A estas alturas, tales palabras parecen un sarcasmo siniestro.

No caiga ahora el PP en la tentación de responder con las mismas armas: digamos a los ciudadanos la verdad, por desagradable que sea. Dejemos la demagogia para sus dueños naturales (PSOE)y, cuando nos toque y al nivel que nos toque (Ayuntamientos, Diputaciones -esto afecta muy especialmente a
Barreiro-, pronto, esperemos, Estado), llevemos a cabo una política realmente distinta: pongamos fin al despilfarro, a la desatención en la administración de los fondos públicos, a la ineficacia administrativa que ya es tradición en este país. Puede que electoralmente no sea lo más rentable, pero nosotros debemos pensar, únicamente, que nuestros períodos de Gobierno sean lo más productivos posible en términos de desarrollo y consolidación democrática y social.

El cálculo electoral, dejémoslo para los profesionales del mismo, por ejemplo, el Ministro Blanco, por más que ahora quiera ir de hombre de Estado.

Laura dijo...

Estou dacordo que nos esperan meses moi dificiles, meses no que a incertidume va a ser a tónica xeral da economia, por certo mala compañeira para ela, pero o peor vai ser que a situación a la que nos levou iste toleirán, non vai ser doado sair dela, as familias non sabemos si os cartos do banco están seguros, si os soldos os seguiremos cobrando, si as pensións seguirán chegando aos nosos fogares, si o euro seguirá sendo a moneda oficial, si Europa non morirá no intento por gobernantes ineptos que en plena crise deron: 400 euros a todos, plan E, axudas a todos os paises que xe lles foi ocurrindo, 2500 euros a todas as madres, asesores, cochazos, viaxes, ministerios de igual me da...vicepresidencias sin contenido.... y todo por que non habia crise....e agora os pensionistas e os funcionarios temos que pagar a desfeita.MOI BEN ZAPATERO

JTIRIMOL dijo...

En primeiro lugar, estou totalmente de acordo co que comentou omnium. E en segundo lugar reafirmo as túas palabras, Xosé Manuel, nesta entrada que fas esta semana. pouco máis se pode engadir.
O que está claro que as finalizacións dos argumentos de ZP, fai que o desenlace do seu programa electoral, esvaeza de súpeto. Xa sebemos que as matemáticas son exactas e que os números e as cifras son inalterables como a historia. E por moitas voltas que lles queiran dar, a realidade é a que é, polo que non atopamos ningunha solución singular, particular nen xeral, ao problema que estamos recibindo. E iso é triste, xa que vemos que a única saída posible, son ou ben eleccións anticipadas ou ben dimisión, ámbalas dúas case imposibles de pensar nestes intres, ainda que sexan desexadas póla maioria da cidadania.
A diferencia existente entre unha situación desexada, e a situación política actual; é o goberno do señor ZP e todo o seu equipo. Todos estamos de acordo en que dende fai xa, bastantes meses tódalas medidas tomadas se basan na constante improvisación. E as últimas medidas referentes aos recortes salariais, seguen sen ser suficientes, axeitadas, e ademais bastante inxustas, em tódolos eidos. Claro que, quizais, para unha maioría da cidadania, se vexa con vos ollos que se lle conxele o soldo aos funcionários, xa que poden ter a visión de que teñen un soldo máis que digno e un traballo de por vida. O que pasa que a realidade é totalmente oposta a esa visión, enfocada polo presidente de España, e ratificada con vos ollos por José Blanco. O cal afirma por activa e por pasiva, que os beneficiarios da crise son os do PP, e que o PP emprega a crise como arma electoral. Evidentemente, non fai falla ser moi intelixente, para ver que ditos argumentos non se sosteñen nen con alfileres, e que mentres improvisen e fagan desviar miradas cara o PP, máis tempo de marxe terán para seguir poñendo parches a esta nefasta política. A única solución sería un Goberno liderado pólo PP. E a xente cada día que pasa se dá máis conta delo...

"Según el rock, todo está mal, y según el pop, todo está bien, pero tú puedes cambiarlo". (Bono, vocalista e letrista do grupo irlandés U-2)
Vámoslle a mostrar a ZP que esto está mal, e que nos esperan meses, senon anos, moi pero moi duros, e esa é a realidade, dura e mala, e non como a pintan os socialistas, fermosa e non preocupante.

“Una mentira va pisándole los talones a otra”. (Terencio)


ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!

Manuel dijo...

A ZP no hay quien le haga entrar en razón, no obstante diré que no es de extrañar, me explico, a un analfabeto funcional no se le puede pedir que recite a Rosalía y mucho menos que realice divisiones de dos cifras, ya que conllevaría la interpretación y comprensión del proceso de lecto-escritura y sumar y restar llevando con el razonamiento lógico matemático que eso conlleva.

ZP es un gobernante de chirigota, de telediario, de improvisación para AR, la Noria, Sálvame y programas asi: TITULARES, NOTORIEDAD, LLAMAR LA ATENCIÓN... pero poco mas.....

el desgobierno es palpable, la improvisación manifiesta y si no tuviésemos los sindicatos que tenemos, rehenes de las prebendas que han estado chupando todos estos años, hace tiempo que las calles estaría echando humo.

Tengo un amigo , catedrático de estructura económica, que me dice siempre.... tardaremos 9 años en salir de esta, hasta el 2020, es mucho tiempo le digo yo, y el me contesta: ES MUCHA LA DEUDA

Gran parte ( sino toda) de esa deuda que vamos a heredar ( nosotros y nuestros hijos) es RESPONSABILIDAD directa de ZP ( no de sus ministros de economía no, que Solbes ya lo vio venir y no quiso saber nada del asunto en el que nos metía este sr)

No dudo de que el PP ganará las próximas elecciones, pero me da verdadero PAVOR lo que se puede encontrar...
no vienen buenos tiempos
ánimo!

Mateo dijo...

La super-ministra de economía, la Sr.Salgado reconoció que el decretazo contra funcionarios y pensiones se debe “al elevado déficit y los altos niveles de deuda pública”.
Desde que empezó la crisis el gobierno socialista ha gastado 50.000 millones de euros en medidas inútiles, descoordinadas e improvisadas.
La falta de un plan completo y coherente de medidas ha dilapidado la confianza internacional en la economía española, encareciendo la deuda pública.
El gobierno socialista reconoce que su decretazo recortará también el crecimiento de la economía española. El gobierno de Zapatero ahora reconoce que la economía crecerá 0,5 puntos menos del PIB este año.
A QUE ESPERAN PARA MARCHARSE