viernes, 7 de mayo de 2010

Xacobeo

O 2010 é un ano importante para Galicia. A celebración do Xacobeo é un fito histórico para promocionar a nosa terra en todo o mundo e unha oportunidade económica nada desdeñable nun intre no que calquer axuda é boa para tentar empurrar os datos hacia valores positivos.

Pero como case sempre acontece, tamén con motivo do Ano Santo hai quen prefire atrancar o carro na vez de empurrar del. O Goberno de Rodríguez Zapatero adícase a torpedear a festa á que debería sumarse con efusión e entrega.

Négase a transferir fondos e racanea a celebración de calquer acto ou actividade que ben poidera contribuir a promocionar no exterior tan sinalada data, obviando que o Xacobeo non é só de Galicia ou de Santiago, é de toda España, porque moitos son os camiños que levan ós peregrinos a Compostela ó pé do Apóstolo.

Esta actitude dos socialistas non resulta novedosa é desgraciadamente non se restrinxe únicamente a este asunto, simplemente amplifica o proceder dos seus compañeiros en Galicia que centran o seu discurso crítico en minimizar a programación cultural diseñada pola Xunta, esquecendo, porque a súa memoria política é moi fráxil, que a súa propia contribución, xunto cos daquela socios de goberno na Xunta, foi totalmente nula. Así, todas e cantas actuacións de mellora e conservación das distintas rutas parécenlle insuficientes e ata lle restan mérito á anunciada visita papal.

A relevancia do Xacobeo, coma outros asuntos candentes neste intre na nosa cumunidade, son, ou debería selo alomentos, asunto de país e, polo tanto, como tal deberían ser tratados.
Poñerse en contra de todo e boicotear canto sea posible este acontecemento pon de manifesto a pouca altura de miras dos socialistas e sobre todo deixa patente que non escatiman ningunha oportunidade para castigar a Galicia por retirarlle o seu apoio nas urnas, primando, en consecuencia, o interese partidista sobre o xeral. Proceder que, ó meu entender, é totalmente errado. O seu desmarque, nembargantes, non empañará o brillo do acontecemento.

7 comentarios:

omnium dijo...

El sectarismo innato que padece buena parte de los socialistas (especialmente los que ocupan cargos públicos)hacen que no podamos esperar, en lo del Xacobeo como en otras muchas cosas, más que bloqueos a las iniciativas de un Gobierno que no es de su color político.

Además, fijémonos en que actúan muy coordinadamente: el Gobierno central racanea presupuestos y minimiza la importancia de los actos, los Alcaldes socialistas afectados por el Camino ponen a parir a la Xunta por supuestas deficiencias en la planificación y gestión del acontecimiento.

Olvidan (no hay memoria más frágil que la de los políticos) que, para que este Año Santo tuviera la relevancia debida, tenía que haberse planificado con la antelación necesaria. Mucho antes, desde luego, del 9 de marzo de 2.009.

El Gobierno de Feijóo habrá cometido errores, no lo dudamos porque, a diferencia de los socialistas, no creemos en nuestra propia perfección (no hay que ser tan soberbios), pero ha hecho todo lo posible para organizar, en pocos meses, todo lo que antes no se había hecho.

De todas formas, el Xacobeo interesa poco a los socialistas gallegos. El Xacobeo puede tener una incidencia económica importante y beneficiosa; o sea, es algo que afecta a los problemas reales de la gente, y eso, como digo, no interesa: es mejor pensar en apuntarse a la próxima manifestación de "Queremos Galego". Los socialistas hacen un seguidismo del BNG incomprensible, porque fue una de las razones que les expulsaron del Gobierno.

En fin, ¡allá ellos!. No voy a ser yo el que les saque de sus errores. Lo grave es que, con su actitud, no contribuyen nada a solventar los problemas reales de Galicia, y sí a crear otros que no existen, como el "conflicto linguístico".

undelugo dijo...

A actitude do PSOE é clara, non só co Xacobeo senón con Galicia en xeral, tratan de afogala simplemente para evitar que o goberno galego poida presentar unha folla de resultados boa. Non lles importa perxudicar ós galegos con tal de intentar facer dano o PP. Ese é o verdadeiro PSOE, mentras tanto Pachi e os seus: Orozco, Ricardo Varela, e Blanco, non esquezamos a Blanco, calan. Mirade que caladiños están¡¡¡

mateo dijo...

Zapatitos intenta poñer todas as pedras no camiño á xestión de Núñez Feijoo. Quere facer ver que o noso presidente é tan mal xestor coma él. Que iluso é este Rodríguez.
Quizáis están a pensar onde se teñen que arrimar cando perdan o goberno central. Estou a falar de Pepiño, que supoño terá na recamara a opción de vir para a Xunta de Galicia. Outro iluso. Pensar que ca que están a montar a nivel nacional o vamos querer en Galicia é de xente cun cociente intelectual máis ben baixiño.
Estes armadanzas teñen que desaparecer da política xa pois coma dixo o outro, quen che nace para ser pito, nunca chegará a ser galo.

JTIRIMOL dijo...

O problema é que semella que o Xacobeo fose cousa só de Santiago e máis de Galicia, cando en realidade o Xacobeo e o camiño de Santiago é cousa de todo/as españois, e de todo o mundo. E así o dixo a unesco cando o declarou Patrimonio da humanidade.

E dende que se atoparon as relíquias do Apóstol ata o dia de hoxe, chegaron a Santiago peregrinos de todo o mundo, dende o 814 ata o 2010. E eso é algo que non hai que obviar.

Como tampouco hai que obviar que custou moito traballo que o Xacobeo ao igual que o Camiño de Santiago com todo o que elo conleva, tema a forza e o impacto que ten nestes dias. Xa que como saberán os socialistas, houbo unha época na que case desaparece, que foi despois do Século XIV coas convulsións sociais en Europa, as guerras, a Reconquista, o Cisma de Occidente, así como a crise que reinaba no vello continente. A crise, igual lles sona máis... E fíxose un gran esforzo para que Santiago de Compostela sexa coñecido en todo o mundo. Cousa da que nos temos e da que debemos manternos moi orgullosos/as.

E despois desto, que veña ZP, negando todo e acortando gastos. Xa non se puido cerrar a contratación de Bon Jovi, prevista no Monte do Gozo por falta de cartos, cando o acordo era total, e así seguido. Menos mal que vén Benedicto XVI. Porque senón este pasaría por ser un dos peores Xacobeos da Historia.

Pero ante isto, hai que demostrar que estamos ahí e que unha vez máis os socialistas se están a equivocar, e hai que facer iniciativas para que o Ano Santo, sexa como se merece. Eu que non son nada, exceptuando un humilde cidadán, como membro da xunta Directiva da Asociación de Tirimol, ya programei dúas excursións a Santiago, por motivo do Ano Xacobeo, para empaparnos de cultura, cultura que é universal, por moito que tente o señor ZP negalo. Unha cos veciños/as do pobo, e outra cos veciños/as das parroquias veciñas. Se dende unha humilde aldea do Concello de Lugo se pode facer isto. Qué non poderá facer a Xunta?. A xente quere ver feitos e non palabras. Entre todos/as podemos mostrarlle a ZP que está equivocando outra vez.. E a xente non é parva e deso dáse conta, ao fin e ao cabo, os únicos que falan, son os votos cando se sacan dar urnas...

Sempre remato com duas frases, a primeira dalgún músico do Rock e a segunda dalgunha celebridade. Mais hoxe, a primeira frase vai para ti, Xosé Manuel, e é de Eva Amaral (guitarrista, vocalista e baterista) .
”..si te duele lo que veo
demasiados buitres negros
tú eres demasiado bueno para ellos...”.
E esta outra para ZP “La soberbia no es grandeza sino hinchazón; y lo que está hinchado parece grande pero no está sano”. (San Agustín).

Ánimo Barreiro, ánimo Presidente!!!

Unknown dijo...

É impresentable a actitude de estos sociolistos, que o único que queren é deslucir ao actual Presidente da Xunta, e ao seu equipo, deslucindo o Xacobeo, ¡que homes de poco mundo! ¡qué cortos de miras! pero o mellor de todo é que esto, pon en entredito a súa propia política ea súa visión da xestión, co cal pónte a tí e mailos teus, máis cerca de gobernar , pois eles demostran día a día que son uns INÚTIS.......

ALEXANDRE dijo...

A actitude do Goberno Central na persoa de ZP, non debe sorprender, xa que sempre mantivo a Galicia marxinada, e só olla para aquelas comunidades gobernadas polo PSOE. E demóstrase outra vez máis que se está trabucando continuamente. Pero non creo nos colla a naide de sorpresa. Así actúa e así desgoberna.

Manuel dijo...

Esta tal Rosa Díez, a pesar de que no me caiga; hoy ha dicho una gran frase: "Si no sabe gobernar, deje a los ciudadanos elegir" y muy sabia ( a veces dice cosas con sentidiño) .
y esto viene a colación de que las actitudes que zapatitos, ninguneando no solo el Xacoveo, sino torpedeando la fusión de las cajas, negándonos los presupuestos que nos correspondían; como dice José Manuel... son ya viejas conocidas de todos y no hacen mas que manifestar que además de ser un pésimo gobernante ( qualquier empresa privada hace tiempo que hubiese dado una patada en el culo a un gerente así) es un estadista que se guia por el rencor, los réditos políticos de cada acción y machacar a la oposición con actitudes pírricas como la del xacoveo ( que será un éxito a su pesar)
Como año Santo que es, yo pido una deseo , mas bien un anhelo ( una necesidad vital) : elecciones ya!!!!