martes, 18 de mayo de 2010

Puido terse evitado

Si Zapatero tomara en consideración as recomendacións do Partido Popular ou dos expertos en materia económica quizais poderiamos ter evitado chegar a situación na que nos atopamos neste intre. Só era preciso que escoitara un pouquiño pero de nada serviron as advertencias e as evidencias que durante meses facían vislumbrar que a situación económica de España ía en picado e non había paracaídas que a frenara. Nin os informes de técnicos e organismos internacionais, nin as recomendacións do resto das forzas políticas fixeron entrar en razón a José Luis Rodríguez Zapatero.

Nin sequera un Nobel de Economía como Paul Krugman o convenceu cando dixo, xa en marzo de 2009, que as perspectivas económicas do noso país eran aterradoras, e vaticinaba que os vindeiros anos serían moi difíciles para os españois e que o camiño para saír da crise sería doroso ou extremadamente doloroso. De feito, Zapatero continuaba daquela (o 29 de abril do pasado ano para ser exactos) coa súa cantinela de que “es probable que lo peor de la crisis haya pasado ya”. E o que pasou neste último ano xa o temos presente todos.

Total, que tivo que ser a presión da Unión Europea e o tirón de orellas telefónico de Obama o que o obrigara a cambiar radicalmente o discurso e a adoptar medidas drásticas. A primeira consecuencia delo é que España perdeu a súa soberanía en materia económica. A Comisión Europea mirará con lupa a partir de agora calquer movemento porque dubidan de que o noso país ou, para ser máis exactos, o Goberno sexa capaz de cumplir cos axustes impostos. A segunda consecuencia é que Zapatero, dun día para outro, pasou de ser o (en apariencia) maior defensor dos dereitos sociais a converterse no promotor do maior recorte no gasto social da democracia.

O Goberno socialista non fixo os deberes cando e como debía e agora verase obrigado a recuperar o tempo perdido. O malo é que o castigo teremos que pagalo todos e cada un dos cidadáns deste país, especialmente os pensionistas, os máis desfavorecidos .

Non había crise, non ía haber recortes sociais, non se ían adoptar medidas radicais para reducir o déficit. Unhas medidas que hai uns poucos días ó presidente do goberno de España lle resultaban catastróficas, agora parécenlle imprescindibles.

Zapatero pasou dun optimismo patolóxico a ter que asumir, ó fin, que a súa nefasta xestión económica levou ó país á maior recesión da etapa democrática (cun déficit do once por cento e unha taxa de paro que supera o 20 por cento) e a ser o precursor dunha suba de impostos sen precedentes.

A maiores, na vez de empezar a apretar o cinto onde se debe e acometer reformas de calado, opta por un novo recorte da inversión pública; conxelarlle as pensións a seis millóns de xubilados, desentendéndose dun plumazo do Pacto de Toledo; baixarlle o sueldo a tres millóns de funcionarios, o que non ten precedentes e pon en perigo o diálogo social; retirar o cheque bebé do que tanto se vanagloriaba; e negar a retroactividade á lei da dependencia, que pese a nacer xa con carencia de fondos para a súa aplicación, era o único garante co que contaban os que tiñan dereito a esta prestación.

Os sindicatos, como antes fixeran a totalidade dos partidos políticos con representación no Congreso, xa amosaron a súa oposición a semellante paquete de accións e instaron a Zapatero a aforrar a costa de aplicar medidas fiscais, por exemplo, ó tempo que lle advertiron que o que pretende, loxe de controlar o desemprego, provocará un incremento, consecuencia da máis que previsible contención no consumo pola perda de poder adquisitivo. Anunciaron, de feito, movilizacións inminentes e non descartan a convocatoria dunha folga xeral.

E se as arroutadas de Zapatero despitan os seus propios compañeiros nas tarefas de (des)goberno, qué fará no resto dos mortais? Cómo é posible que mentres a vicepresidenta segunda di que polo momento non se prevé revisar a fiscalidade das rentas máis altas, o vicepresidente terceiro asegure que a corto prazo farase que os que máis teñen paguen máis?
Rodríguez Zapatero pasará a historia, non cabe dúbida. Está a facer méritos sobrados para elo. E non só porque sexa capaz de dicir e facer cousas contradictorias en un lapsus de tempo ínfimo, senón por impulsar a perda de dereitos sociais que ninguén antes se atrevera siquera a imaxinar. Triste epitafio e desoladora herdanza a que deixará tras de si.

8 comentarios:

omnium dijo...

Evidentemente, Zapatero es el responsable de la mayor crisis económica que padece nuestro país en lo poco que va de siglo (y esperemos que no batamos algún otro récord).

Cualquiera puede entender, a estas alturas, que, si bien la crisis financiera internacional existe y no es culpa directa de nuestro Gobierno, la situación sería muy distinta si hace dos, tres años, se hubieran tomado medidas que, en aquel momento, no hubieran precisado ser tan atroces.

Pero en aquel momento, nada importaba la economía ni el futuro de la misma. Importaba, únicamente, la victoria electoral, amasada sobre la mentira y el engaño (este sí, masivo). ¿Recordamos el debate entre Pizarro y el "respetable" Solbes?. ¿Recordamos cuando cualquiera que advirtiera contra la loca deriva del despilfarro gubernamental era tachado de "antipatriota"?.

El Partido Popular tiene que estar a la altura. Ha de seguir manteniendo su línea (al fin y al cabo, llevamos años pidiendo una racionalización de las cuentas públicas, aunque no con alguna de las medidas adoptadas); y ha de procurar, también, no caer en la demagogia fácil (que algún detalle poco edificante se ha visto estos últimos días).

El país nos necesita. No es una frase fácil. Y cuanto más tiempo pase, más nos necesitará (porque Zapatero seguirá hundiéndonos en el lodo, que nadie lo dude). Lo que ocurre es que, cuanto más tiempo pase, más difícil será la tarea que espera a un hipotético Gobierno del PP. Y tenemos que estar a la altura.

Ya en una consideración personal, bien triste es que nadie aprenda en cabeza ajena. ¡Mira que hubo advertencias, tanto nacionales como internacionales! ¡Mira que aquí ya sabíamos que un período prolongado de gobierno socialista termina, inevitablemente, en un reventón y saqueo de las arcas públicas!. Pero, no, mucha gente, aún de buena fe, prefiere no verlo; sólo lo percibe cuando le reducen la nómina o la pensión, o la sangría impositiva llega a ser insoportable. Esperemos que nos sirva de lección.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: As promesas de ZP son verbas mortas,
esperanzas acabadas… Desgracias
encadeadas como as tormentas de outono.
A política socialista destella demasiado,
xa non enganades a ninguén.
As nosas esperanzas en vós,
están perdidas e apartadas,
e o día máis feliz... ...o día
antes de dimitir.
...Esperanzas acabadas, verbas mortas,
son as promesas de ZP...

Caen parados como raios,
neste tempo de crise tolo e perdido,
as esperanzas son candelas,
de luz apagadas.

Xornais que non din nada,
informativos que enganan,
agonía na casa dos parados,
mentiras na boca daquel Deputado.

Calquera política socialista non é boa,
burlando á cidadania, rompe a ilusión
e endexamais se esgota...
enganan á Historia coa súa maldición.

Vedes? Non queda tan lonxe Tirimol,
do inferno do paro. A cruz do Sur,
agora é a ponte Romana do Norte,
soño xa soñado por Orozco.

Palabras que non din nada,
discursos baleiros, bla bla bla…
As promesas esgótanse ao igual
ca xestión de Zapatero.

Son as promesas dos socialistas,
política que endexamais chega,
bicar á néboa cando vai cargada
de lúa chea.

Sodes a nosa noite negra,
sol pequeno que se agocha entre as estrelas,
programas electorais que agochades,
para non ver as mensaxes que nos chegan.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: As vosas mentiras medran e tocan o ceo,
fraga profunda do paro e da economía,
que contando os discursos esquivos
facédesnos ver a néboa cargada de lúa chea.

Mentiras perdidas no medio do Congreso,
cando non atopades a saída.
Nubes que amaiñan para que as pantasmas
da E.T.A. volvan resoar nos sesos.

Gardades a nosa ilusión,
agochades os nosos impostos,
raxades silencios debuxando esperanzas
para ser a toda España caladas.

Volverá a política do PP a reinar,
corazón como a chama eterna,
non podrán quebrar a nosa voz, nen facernos crer
que o odio é ter o valor e a razón.

Admiramos a verdade dunha política,
que con ollala nos enche de liberdade e benestar,
a pura esencia da felicidade.
As gaivotas volverán a volar...

Sen vós poderemos respirar,
non anhelar a sórdida paciencia
que como un mal virus
a todos/as nos infectou.

Consumiche a nosa esperanza e paciencia,
baixo a vosa xestión aprendín, que
hoxe non podo respirar, demostrando ser a hiena
que devora paseniñamente a súa cría.

Presumides de defender ao obreiro,
dando limosnas aos cidadán e subvencións
sindicais, estádelo a demostrar, acabades fundindo
ao país enteiro, co aborto xa o demostrátedes.

Cando a miña vida fracasou,
atopei no corazón o Rock And Roll,
camas destrozadas, bares agochados,
Gatos negros arrastrando a carga,
ao rincón onde se agocha a noite
para velar polas guitarras apagadas
no silencio do tempo.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: As follas do outono son promesas,
a noite a casa de todos.
Rama de Rock And Roll
que roza ao cristal cando a Lúa
golpea a porta das promesas.
Oco que queda sen habitar
para que nel poida entrar o soño de cada día.

ZP, non nos tomabas en serio,
chegou a hora da avaliación
e tes todo suspenso, as gaivotas
volven voar preto da costa de Madrid

As nosas esperanzas en vós,
están perdidas e apartadas,
E o día máis feliz... ...o dia
antes de dimitir.
Esperanzas acabadas, verbas mortas,
son as promesas de ZP
as promesas de ZP son verbas mortas,
esperanzas acabadas… Desgracias
encadeadas como as tormentas de outono.
A política socialista destella demasiado,
xa non enganades a ninguén

E pode ser que a crise financiera, evidentemente, non sexa causa directa nen indirecta do equipo de goberno do señor ZP, o que está claro, é que a situación actual, é decir a situación real que estamos a vivir todos/as cidadáns, sí é causa directa del e do seu equipo de Goberno, que como sempre fan caso omiso a tódolos consellos que se lles lanzan dende dentro, e a tódolos avisos que nos veñen dende fóra.
A situación é crítica, por moito que a queiran suavizar, e ou se poñen remedios xa, ou España vai baixar á segunda división. Porque estamos en postos de descenso e deberíamos estar xogando a Champions League. Xa son moitas cousas seguidas, dende o número de parados ata o tema da xolga dos sindicatos, dos recortes, pasando porque a Seguridade Social entre en números vermellos. A pregunta segue ser a mesma ¿ata onde está disposto a chegar o señor ZP?. Porque estamos fundidos no fango e se nos seguimos a afondar máis, quizais xa sexa demasiado tarde respirar, por moi valentes que señan os que nos queiran rescatar. ZP, o mellor que poderías facer era dimitir, pero iso é imposible, e en certo modo comprensible dende a tua óptica e dende a óptica do teu Partido. Pero sen valente, sen un señor, sen un político, e adianta as eleccións, é o mellor que podes facer, porque a parte de pasar á Historia como o peor Goberno da Democracia, estás hipotecando o futuro de tódolos españois e estás deixando unha herdanza envelenada para o que goberne detrás tua. Dende logo, se Adolfo Suárez se acordase de que foi Presidente do Goberno, e vira como está agora mesmo a situación em España, choraría de pena por ver que loitou para nada.
ZP, recapacita e adianta as eleccións, que isto venche moi pero moi grande.

“Si me dáis, si me dáis, sólo
la oportunidad, de mostrar,
de lo que soy capaz, de crear,
con una mano alante y la otra atada atrás.
Seguiré, seguiré, en la lucha
una vez más, sin parar,
hasta conseguir claridad en
las palabras que ocultan la verdad.” ( CARLOS ESCOBEDO, guitarrista, vocalista e letrista do grupo de rock madrileno, Savia)

"El paso al que las cosas están empeorando es tan rápido que es difícil ver cómo van a ayudar las medidas de rescate" (Paul Krugman)

saratorres dijo...

Los recortes sociales de Zapatero, se limitan a que se aprieten el cinturón los más débiles, los que menos tienen: los pensionistas. Este es el socialismo de Zapatero: “Dar más a los que más tienen y menos hacen por España”: Los sindicatos. No me extraña, que éstos sean sus mejores aliados.
Zapatero carga contra los pensionistas, los funcionarios, las familias haciendo recortes y subiendo los impuestos, mientras sigue subvencionando a los sindicatos y no recorta los 600 asesores que tiene.
La única solución para España es que Zapatero y su equipo de gobierno dimitan

ALEXANDRE dijo...

Isto venlle moi grande a ZP, convertido xa no enemigo número un dos pensionistas, tan só lle quedan os sindicatos como amigo, pero é unha amizade con fecha de caducidade. A ver que medidas toma cando a Seguridade Social entre en números vermellos?.

omnium dijo...

Aparte de alabar el esfuerzo poético del comentarista JTirimol, me gustaría poner un punto de realismo (o de pesimismo) en mi intervención de hoy.

Viendo como maneja ZP, aún noqueado por los acontecimientos, el tan difícil como innoble arte de la manipulación, temo que todavía no hayamos visto lo suficiente de lo que significa este hombre y su Gobierno para decidirnos a echarlo en las urnas.

Fijémonos que hoy ha dejado caer el anuncio de la "subida de impuestos para los ricos". Él sabe perfectamente que es mentira (una más), que cuando suban los impuestos lo harán para el asalariado o para el autónomo. Pero con ello trata de dar una luz, un argumento a aquellos que todavía le defienden: "...sí, ha recortado el sueldo de los funcionarios y ha congelado las pensiones, pero también va a castigar fiscalmente a los ricos".

Lo que más temo es que, todavía, a estas alturas, hay mucha gente esperando, deseando incluso, que le engañen otra vez.

No es fácil el camino que le espera al PP para llegar al poder, pero no es esto lo que más me preocupa. Lo que realmente me atemoriza es que, cada día, cada semana que este hombre continúe al frente de su siniestro Gobierno, el país se hundirá más y más.

Mateo dijo...

Din que o que mal anda mal remata. E este presidente co seu equipo están a levarnos a límites insospeitados cando o PP deixou un país saneado.
Que terá que acontecer para que deixen o seu trono preciado.
Esparamos que estes opositores a políticos de garantías se vaian e non volten.