lunes, 14 de junio de 2010

Claridade

José Blanco, antes de ser ministro, proclamábase garante das obras que Fomento estaba a acometer ou tiña aínda pendente de executar na provincia de Lugo, a verdade sin moito éxito pola súa parte. Cando se fixo cargo do ministerio, non só mantivo os compromisos no que atinxe ás grandes actuacións en infraestructuras como autovías e a propia chegada do AVE senón que asumiu algúns outros.

Pero chegou o día no que o Sr. Blanco subiuse á palestra do parlamento para anunciar que o seu ministerio ía acometer un drástico recorte inversor que conlevaría tamén un retraso na execución das obras, incluso das xa iniciadas.

Non se trata de dubidar da palabra dada do noso conveciño, o propio presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo dixo confiar nela en todo o que atinxe ó denominado Pacto do Obradoiro. Pero, aínda así, o certo é que o ministro Blanco segue a prodigarse moito por esta a súa provincia pero onde antes había moitísimas verbas, agora hai excesivo silencio. Evita agora dar detalles sobre o cumprimento de prazos e orzamentos e a repercusión que na nosa provincia terá ese plan de racionalización e reaxuste que vai acometer no seu ministerio.

No concello de Lugo e na propia Deputación, entre outras administracións locais, adoptouse por unanimidade o acordo de instalo a que nin os recortes nin os retrasos afecten ás actuacións previstas na provincia. Lugo non pode permitirse máis retrasos nunhas obras imprescindibles para a súa vertebración e moitas das cales, hai que telo presente, xa tiñan que estar operativas ou a piques de entrar en servicio. A preocupación é evidente e lóxica.

Non estaría de máis, para tranquilidade de todos, que José Blanco nunha das súa continuas visitas á provincia abandoara o seu mutismo é nos clarexara o antes posible en qué medida nos vai afectar ós lucenses os recortes previstos. Que explicite, para que non haxa ningún xénero de dúbidas e argumentos que conviden á especulación, cales son, neste intre e dadas as novas circunstancias, as prioridades do seu ministerio.

A falla de información sobre o alcance da reducción orzamentaria denota certa improvisación. Esta imprecisión suscita, ademais, alarma na cidadanía en xeral, nas administracións, que directa ou indirectamente se verán afectadas, e incluso nas empresas adxudicatarias que, en función dos detalles que se desprendan dese plan de axuste, veranse máis o menos perxudicadas.

A ninguén se lle escapa que a cancelación ou demora destas obras, pola súa magnitude e cuantía orzamentaria, repercutirá nas previsións económicas das adxudicatarias ou aspirantes a selo e, por extensión, na dimensión das súas plantillas.

A claridade, en definitiva, será ben recibida por todos.

6 comentarios:

manuflores dijo...

Según he podido oir por la radio, en una entrevista, indicó que iban a "hacer lo mismo, pero optimizando los recursos", y habló de que la reducción presupuestaria afectaría a "lo menos prioritario"...pero el que no aclare lo que es o no es prioritario es verdaderamente preocupante. No será prioritario que el AVE llegue a Lugo? No vino publicitando no uno sinó dos puentes nuevos para la ciudad? Serán prioritarias las autovías para por fin estar conectados con Ourense o Santiago?

omnium dijo...

Blanco está a lo suyo: sobrevivir. Es un "aparatchik" en estado puro. Sin duda, soñó con una estatua en alguna plaza de Lugo (nada que objetar, si construye en los próximos 4 años el puente y llega el AVE, más las autovías a Santiago y Ourense), pero el asunto se ha complicado un poco con esto de la crisis.

Ahora, me temo que el muy ilustre Ministro está, más bien, pensando en cómo mantenerse a flote en el naufragio socialista que parece que se avecina. Y no dudo que lo conseguirá. Colaboró en encumbrar a Zapatero, ascendió con Zapatero, y ahora ha de sobrevivir al hundimiento de Zapatero.

Para él, el tren, el puente, los logros para la comunidad, no son objetivos. Son eventos perfectamente prescindibles y sujetos por tanto a cualquier eventualidad, en lo que es el fin último: el poder, el mantener la única forma de vivir que él (y muchos de nuestros políticos) conocen.

Es triste, pero es así. Y repito, el Ministro es un ejemplar muy acabado, pero no es el único. Ni de lejos.

En este desnortado país, no nos sorprendamos si le vemos candidato a la Presidencia del Gobierno.

No quiero ni siquiera pensar en la posibilidad de que pasara la fase de candidato.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Bueno, Xosé Manuel, hai que partir da base que o Sr Blanco, sempre careceu de cualidades e facilidades á hora expresar, comprender e percibir as cousas, a política, e a actualidade así como a realidade cotiá de todos/as nós.

Iso si, como charlatán ou político cunha habilidade, bastante especial, para embaucar a súa audiencia e os seus oíntes, non ten prezo. Aínda que ten un bo mestre, como é ZP, do cal tamén aprendeu a xerar ideas de forma espontánea e máis a improvisar sobre a marcha. Entón despois de todos istes antecedentes, sinceramente, o que diga, e o que faga José Blanco, non me colle de sorpresa.

Igual que cando en plenas festas de San Froilán, foi pór a primeira pedra da ponte, non ten sentido, é estar sen saber estar. E actuar sen proceder.

O dos recortes, non os vai explicar, porque hai un fallo total de conexión entre as cousas que fai e as que di.

Sempre queda moi fermoso, espallar cándidas verbas subido nun atril, sendo o centro de atención. O problema é cando as verbas se van co vento e se converten en auténtico e profundo silencio. Acompañado, sexa de paso, por unha gran confusión.

Non vou dubidar da carreira política de José Blanco, pero sempre o farei dos seus discursos, promesas, mítines e entrevistas. Así como debates, nos cales é incapaz de rebatir calquer cousas, e coa facilidade de palabra, propia dos “Outros Feirantes”, de Álvaro Cunqueiro, regatea calquer cuestión, levándonos ao seu térreo.

A ver que fai, este semana, cando teña que ir á Universidade Internacional Menéndez Pelayo, aos cursos de verán, nos cales precisamente, dará unha conferencia e abordará o tema das infraestructuras. Ver para crer, pero certo ao fin e ao cabo.

A José Blanco e a ZP, pásalles o mesmo que a árbore da Verdade e da Mentira. Xá sabeis, que tanto unha coma outra puxéronse a vivir xuntas, e entón a Mentira, díxolle á Verdade, de plantar unha árbore, para protexerse do sol e da choiva, e a Verdade aceptou de boa gana. (neste caso á árbore serían as infraestructuras do Ministro de Fomento).

E a verdade, os cidadáns. Cando a árbore estivo plantada, comezou a medrar, e entón a Mentira, propuxo á Verdade que o repartiran, convenceuna con charlatanería, (neste caso a de José Blanco), para que se quedase coa raíz, mentes ela se quedaria coa parte darriba.

Segundo pasaron os dias, a parte de arriba, onde habitaba a mentira (José Blanco e ZP, neste caso), refuxábase baixo as súas ramas e a árbore comezou a medrar e florecer e a dar frutos, e a xente achegábase abraiada a ela, e escoitaba falar á Mentira (neste caso José Blanco e ZP).

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Mentres que a Verdade, estaba baixo da terra sen poder comer, e axfisiada (neste caso tódolos cidadáns que estamos descontentos coa política baseada na improvisación constante, deste goberno).

E entón comezou a roer as raíces, xá farta da fame. E a árbore, caeu. A Mentira e os seus aduladores quedaron sepultados pólas ramas, flores e frutos da árbore, mentres que a Verdade saiu por un oco do tronco.

Com isto quero dicir, que as verbas de José Blanco, as promesas de ZP, os discursos emotivos do PSOE, negando a realidade, as medidas tomamdas para gañar á popularidade da cidadania.

E todas esas cousas e actos tan fermosos, son totalmente efímeros, ao igual cá Mentira que habitaba na árbore, e pronto caerán pólo seu proprio peso, e pólo peso que os cidadáns, en forma de Verdade, lle diremos a iste goberno nas próximas eleccións.

E xa che digo, Xosé Manuel, que o noso veciño, nas múltiples visitas a nosa província, referinte a este tema e máis ao tema dos recortes, vai seguir mostrando síntomas de mutismo grave.

Xa que non vai nen abrir a boca. E se a abre, será para desviar a atención, ou para decir unha desas barbaridades da que nos ten, xa tan acostumados.

E estou completamente de acordo, cunha afirmación do comentarista omnium, na cal di que Blanco está a sobrevivir.
Efectiva e evidentemente. Nen máis nen menos, está como um náufrago no medio do océano, e moito me temo que vai acabar sendo devorado polos tiburóns, xa que a súa carreira política vai collida da man de ZP.
E se iste leva un varpao nas próximas elecións, quen vai pagar tódolos pratos rotos e tódolos ou parte dos fracasos, vai ser o de Palas de Rei.

Anda ao del, sabe venderse, e sabe vender. Mágoa que a mentira teña as patas tan curtas.

Falas de claridade, Xosé Manuel. Pero moito me temo que a chegada do AVE, das autovias, e das pontes, cada día que pasa toman un tono máis escuro co anterior.

“Strange Deja Vu
Subconscious strange sensation
Unconscious relaxation
What a pleasant nightmare
And I can`t wait to get there again” (John Petrucci, guitarrista e corista do grupo de Heavy metal estadounidense, Dream Theater).

“La claridad es el barniz de los maestros”. Marqués de Vauvenargues







ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

mateo dijo...

De Pepiño de Palas y toda la banda que forma el gobierno tenemos que creer lo justo.
Los hechos lo demuestran y es que estos iluminados nos han engañado en más de una ocasión.
Este en tiempos ya engañaba a sus vecinos de Palas diciendo que tenía lo que luego se supo que no tenía... Es un secreto a voces. Así que con estos antecedentes y viendo lo bien que va el país, considerar las palabras de estos es mucho riesgo.
Se avecina una remodelación de gobierno, pero Pepiño seguirá ahí, de parachoques de Super Zparo.
Por el bien de todos, que se vayan pronto.

sila dijo...

Vivimos en un mundo muy curioso. En las pocas horas transcurridas desde que se publicó el comentario de apertura de esta bitácora, ZP ha ido a Bruselas, y ha obtenido el respaldo de la Unión Europea a las medidas que ha adoptado (absolutamente contra su voluntad). Y héteme aquí que, de repente, el hombre se nos presenta ya nuevamente como el político genial que hace lo que tiene que hacer, que da las respuestas adecuadas, el "solucionador". Y los titulares de prensa, sesudamente, parecen contribuir a recuperar su imagen. Los parados siguen ahí, el déficit sigue ahí, la deuda sigue ahí... pero la recuperación virtual, que tantas veces hemos visto, ha comenzado de nuevo.

Lo dicho ya en más de una ocasión: no es que ZP nos engañe, es que los españoles estamos locos, estamos ansiosos, estamos deseando ser engañados por ZP. Parece un asunto casi adictivo. Preferimos tomarnos una píldora de la dulce mentira, que nos relaje durante unos minutos/días/semanas, a ingerir el amargo jarabe de la verdad, que quizá podría ayudarnos a salir de la situación, de una vez por todas.

Si es que no tenemos remedio.