lunes, 7 de junio de 2010

Contradiccións

A Deus rogando e co mazo dando. Esta é a máxima que está a aplicar o BNG. Avogan pola desaparición das Deputacións pero teñen representación nelas e cogobernan en dúas.

En Lugo, o outro día, durante o tratamento do asunto en sesión plenaria, xustificaban a súa postura aludindo á coherencia. Pero non é en si mesmo incoherente cuestionar a pervivencia dunha institución, amparada ademais pola Constitución, e formar parte do equipo de goberno que a dirixe?

Os malabarismo dos nacionalistas resultan ás veces incomprensibles. Abren artificialmente e por iniciativa propia un debate a estas alturas absurdo e despois, como era previsible, non cualla nin no debate político nin entre a opinión pública a inútil pretensión de nadar e gardar a roupa.

Como cabería agardar, acaban non xa salpicados senón mollados coma pitos neste tanteo imposible de desgranar unha argumentación na que ten igual peso o si e o non. E iluso pretender, por riba, que esa rara pirueta non teña ningunha consecuencia para eles e tamén para os socialistas. Pode manterse, coma si tal cousa, a necesaria colaboración entre ambas formacións pese a que unha delas poña en cuestión a propia función das administracións provinciais?
Eiquí tamén o PSOE incurre nunha incongruencia difícil de explicar. A non ser que uns e outros antepoñan ás súas “coherencias” ó beneficio político e económico que leva implícito dirixir unha institución. Non gobernan xuntos (básicamente porque non existe un programa de actuación conxunto e consensuado) senón que se reparten competencias e fondos. Trátase de sacar tallada, sen importar que o que se dí e o que se fai sexa incompatible.

4 comentarios:

sila dijo...

La respuesta es bien sencilla: les importan poco los intereses de la provincia. Lo único que ven en la Diputación es la estructura de poder, el reparto de sillones y prebendas. Dicen las malas lenguas que hay dos Diputaciones: la del Sr. Martínez y la de D. Antón, con una subrepública para el Sr. Gato. ¿Y el Sr. Besteiro? Pues de Reina Madre, prácticamente. Figurar mucho y trabajar poco, que cansa.

Como bien dice José Manuel, no hay tal gobierno de coalición; en absoluto. La institución provincial está parcelada. Cada uno gestiona (es un decir) su taifa como mejor le parece.

¿Y los intereses provinciales?. ¡Hombre, no nos venga con estas minucias! ¡A quién le importan los problemas ciudadanos, con tanto chollo que repartir!.

Esperemos que dure poco. Por Lugo, sobre todo, pero también por Barreiro, ya que, cuanto más tarde en llegar, mayor será el socavón que se encontrará.

JTIRIMOL dijo...

Non sei de qué te extrañas, Xosé Manuel. Carecen de coherencia, de causalidade, certeza, nexos políticos, condicións, consecuencias… E despois aprópianse de todo os dos galegos/as para convertilo en Nacionalista, vale que adopten a Castelao como o abanderado do Nacionalismo galego, pero na súa obra exceptuando, As cruces de pedra na Galiza, tampouco fai referencia ao nacionalismo en sí, xa que Os vellos non deben namorarse, ou os Dous de Sempre, non se perciben rasgos nacionalistas, como tampouco en Cousas, que non deixa de ser unha denuncia social da época. Pero para eles toda a literatura galega é nacionalista, incluída Marina Mayoral, que aínda que tamén escriba en castelán e na obra dela non haxa tintes nacionalista, a istes dálles igual. O mesmo ocorre coa bandeira de Galicia, quítanlle o escudo, o cáliz a hostia, e as sete cruces, e póñenlle unha estrela vermella (símbolo empregado nalgúns lugares como ultraizquierdista) e fana deles. E así seguido, entón, de que te extrañas de todo iso. Se o BNG é unha constante incoherencia en sí mesmo. E endexamais logrará gobernar en Galicia con maioría absoluta. É un partido minoritario nestes intres e seguirá a selo. Vale, que chegou a ser a segunda forza política máis votada de Galicia. Pero actualmente vive das esmolas dos socialistas, vive das esmolas do PSOE, e arrímase sempre ao sol que máis quenta. Aínda que despois se contradiga ou proteste todo o protestable e ata o improtestable.
O bo, é que mentres eles, aínda non teñen moi nítida a súa lista electoral. No PP, eso está claro, sobre todo, no Concello de Lugo, onde a figura de Jaime toma máis forza e máis interese cada día que pasa. E é unha persoa que ilusiona ao pobo para ocupar a Alcaldía. É cercano e a súa política a pé de rúa chega a tódolos cidadáns. Se o BNG, en vez de atender a cuestións superfluas e a facer demagoxia, se dedicase a traballar, poderíalles ir mellor do que lles vai. Porque non fai falla ser adivino, para ver, que como sigan así, espéralles un futuro moi negro.
O importante, Xosé Manuel, é que semellan que collen medo, e teñen medo de perder a Deputación e a Alcaldía da cidade. E xa se sabe, sumas incoherencia e improvisación, e o resultado é un bipartito, entre ámbolos dous.

"La fe es esencial, y también lo es la duda. No se va a ninguna parte con sólo una de estas dos cosas." (Bruce Springsteen, Guitarrista, compositor e vocalista de Nueva Jersey)

“¿Qué sentido tiene correr cuando estamos en la carretera equivocada?“ proverbio alemán




ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

Mateo dijo...

Cando dentro duns meses xa non estén no Santo Trono voltarán con máis forza a dicir que as Deputacións sobran.
Inda que o poidan parecer, tontos non son, e van deixando caer que teñen que desaparecer parea cando vexan correr o vento dende a ventá de enfronte.
A estes incoherentes hai que darlles pasaporte nas furnas dentro duns meses.
Á oposición que é o lugar onde mellor se desenvolven.

manuflores dijo...

Completamente de acuerdo con Mateo, y mucha gente lo ha podido comprobar, el BNG, cuando está en la oposición, se le hace hasta simpático a mucha gente, pero en el poder han demostrado y demuestran que no saben gobernar.