lunes, 28 de junio de 2010

Pobre imaxe, peores resultados

Rematou a presidencia española da Unión Europea e o balanzo non pode ser máis pobre e desilusionante a pesares das altas expectativas creadas e fomentadas básicamente polo propio executivo, que adolecía de desbordadas ansias (e necesidade) de lograr no exterior o prestixio e recoñecemento que o seu malfacer lle negaba na casa.
Foi deslucida e, sobre todo, desaproveitada. A crise, tantas veces negada de portas para adentro, planeou sen tregua durante estes seis meses e condicionou (ou máis ben acaparou) a axenda política desenvolvida.
A evidencia da grave situación económica na que estaban sumidos varios estados membros da Unión Europea, con Grecia como máximo exponente, foi contaxiando ó medo e a desconfianza ó resto de estados e mantivo a España baixo unha permanente sombra de dúbida, que chegou ó extremo de que a propia Europa tomara as rendas e impuxera os criterios na política económica do noso país. A falta de credibilidade do goberno de Rodríguez Zapatero foi, por tanto, patente e manifesta tamén no marco da Europa común.
O balanzo é que Galicia, ó igual que o resto de España, non acadou ningún beneficio desta presidencia de turno. Non se logrou, pese o acordo únanime do parlamento galego neste senso, impulsar políticas de cohesión ou mesmo a refinanciación das políticas pesqueiras e agrogandeiras, con énfase especial, por exemplo, no mantemento das cuotas leiteiras que quedarán sen validez o vindeiro 2015 e que causarán un grave perxuizo as explotacións gandeiras galegas, con especial incidencia, polo seu peso específico no noso sector productivo, en Lugo.
A pegada española na presidencia da UE tampouco se notou na promoción e difusión do Xacobeo. Nin Zapatero nin os ministros galegos do seu gabinete fixeron forza para que Galicia albergara, cando menos, algunha das xuntanzas ó máis alto nivel celebradas durante o pasado semestre. É máis, nin sequera chegou a celebrarse eiquí o cumio de ministros de Cultura e Turismo que comprometera o agora ex titular de Cultura Cesar Antonio Molina.
Galicia, tamén neste caso, non mereceu o respaldo do goberno de España, que, á vista do seu proceder, parece esquecer que, aínda que Santiago é o final do Camiño, éste discurre por outras terras de diversa condición e cor político.
Como tantas outras veces, Zapatero perdeu o tempo e a oportunidade. E o grave non é xa que non deixara ningunha pegada nin arañara ningún beneficio para o noso país senón que o seu proceder deteriorou notablemente a imaxe de España no contexto internacional, e reparar ese dano non será doado.
Ante este pobre balanzo non podo máis que sumarme a valoración feita ó respecto por Alberto Núñez Feijoo de que este non foi o semestre da presidencia española de Europa senón da presidencia europea en España.

3 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

Menos mal que estivo uns seis meses, xa que a súa instancia na EU, serviu para amplificar a todo Europa a forte crise económica que sufre Espana e mais Galicia, e a forte crise de credibilidade que sufre o Goberno español. Realmente lamentable.

A clave foi que non se preparou, nen se estructurou como unha oportunidade, para os cidadáns españois, senón como unha limpeza de imaxe cara o goberno estatal.
E inda presume da súa implicación con outros países, debeuse esquecer das calabazas que lle deu, o seu amigo, Obama ao estar ausente na cumbre Europea e ao aplazar, de xeito, non moi respetuoso a Euromediterránea.

ZP comezou a súa andadura querendo dar leccións de política, de xestión, de progresismo, de modernidade, de innovación, de economía e presumir de goberno, e polo único que será recordado é póla nefasta imaxe dada a Europa de España, por agudizar, inda se cabe, a crise que estamos a padecer, e por perder totalmente a pouca credibilidade que lle quedaba, ahh!! E polos seus toques e aproximacións coa dictadura cubana, apoiada por algún que outro actor e actriz españois. Realmente lamentable e alucinante. En fin... Despois inda terán máis que dicir...

Como lamentable o que aparece hoxe en El Progreso, na páxina 16, onde o PSOE de Galicia, lle dá a benvidada a Alberto, dun xeito extraño. Pensa o ladrón que todos son da súa condición. Pésima actitude, propia de patio de colexio.

Non sei se ista política é o reflexo da sociedade ou é a sociedade o reflexo deste goberno, sempre cara a cara con media verdade, partido en catro, sinalaranten se non sinalas, e se te escapas ou expresas é peor.

Gustaríame que o PSOE, fixese política a pé de rúa, gustaríame que ZP, fixese política a pé de rua. Pero semella que todo está perdido, mentras rezas a Deus, nadan parados no rio que ZP bautizou.

Serviu para algo a presidencia española na EU???. Lamentablemente, NON!!!. E non hai máis que engadir, xa que neste caso os feitos e os datos falan por si mesmos. Mágoa que os cidadáns teñamos que esperar ás próximas xenerais para facelo por nós.

“No se sale adelante celebrando éxitos sino superando fracasos. “Orison S.Marden

“something about a little evil that makes that unmistakable noise
i was hearing unmistakable sound i know so well” (Billy Howerdel, guitarrista e líder do grupo de rock A perfect circle)





¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!

mateo dijo...

En Europa estarán contentos por la marcha de ZParo de la presidencia.
Aquí en españa la política ZParo nos trae ahora la subida del IVA.
La subida de dos puntos del IVA costará a cada familia española entre 400 y 700 euros al año, deprimirá el consumo, castigará especialmente al sector turístico estas vacaciones y, en definitiva, dificultará el crecimiento económico.
SEGUIMOS CON EL DEFECTO ZP

José Ángel dijo...

Que podemos esperar deste goberno socialista, pois nada. É triste decilo pero é así. O mellor que nos pode pasar é que esto non vaia a peor, porque con estes á fronte todo é posible.
Con Zapatero continúa o desgoberno, e mestres esté aí mal imos.