martes, 13 de julio de 2010

As promesas que leva o tempo

O tempo transcurre e nada cambia, as promesas de José Blanco seguen sen concretarse. Dá igual que as fixera cando aínda non era ministro pero, segundo el, mandaba tanto coma si o fora (lembranse do que dicía en setembro de 2005 de que as autovías de Lugo ían ter prioridade nos orzamentos?) ou que as faga ostentando o cargo.

Agora a excusa vai ser a crise económica, o plan de reaxuste, o que condeará a novas dilación ás infraestructuras básicas para a vertebración da provincia de Lugo que, hai que suliñalo, xa acumulan moitos retrasos. E eso pese a que tozudamente o noso conveciño aseguraba que Lugo, por aquelo da súa orixe, ía quedar exenta dos recortes. Pero vaise vislumbrando unha realidade ben distinta. Os silencios, ás veces, resultan moi significativos, e, claramente, esta é unha desas ocasións.

Así, facendo unha somera memoria sobre a planificación prevista, a autovía do Cantábrico tería que estar rematada hai dous anos. A data que se baraxaba ata hai uns días situaba o remate a finais do vindeiro ano, pero xa vai ser, como mínimo, para o 2012.

As autovías de Lugo a Santiago e a Ourense tiñan que estar operativas este ano, pero a primeira, á espera da nova temporalización, prevíase xa para o 2013 e, un ano máis tarde, para a segunda.

E qué dicir da A-76, Ponferrada-Monforte, que aínda está en estudio informativo e carece de prazo de execución a pesares de que José Blanco, incluso antes de ser ministro, dicía que estaría aberta xa este ano; ou da A-72, Chantada-Monforte, que tamén tiña que estar operativa, pero para a que non hai nin proxecto nin orzamento; ou da nova ponte de Lugo, xa un clásico na renovación de prazos á que acostuma o noso conveciño cada vez que hai unhas eleccións e que se remontan ata maio do 2004, e que, de consumarse desta volta, sumará cinco anos de retraso sobre a promesa inicial.

E podería continuar coa recente polémica na que andamos inmersos na capital a conta da estación intermodal coa que o ano pasado o ministro Blanco amenizou o San Froilan. Estaba daquela, segundo anunciou á sombra da muralla, a redactarse o proxecto; aínda que agora resulta, nove meses depois, que o que se está a facer realmente é un estudo.

O innovador componente deste caso é a aparición do alcalde López Orozco, cuan fiel e dilixente escudeiro, propoñendo a recalificación urbanística dos terreos que actualmente ocupa a estación de autobuses para, coa ganancia resultante de tan proveitosa operación (coa conseguinte desmantelación da terminal), contribuir a financiar a moderna estación intermodal prometida polo número dous do socialistas no ámbito nacional.

Preténdese que Lugo acepte ser discriminada con respecto a outras cidadades e asuma boa parte do investimento dunha obra proxectada, ademais, a moi longo prazo porque non hai que esquecer que antes debe chegar o AVE. E, por agora e antes de que o alcalde Orozco ou o ministro Blanco ou calquer outro voceiro ou representante do goberno socialista diga o contrario, ese feliz acontecemento tardará en chegar unha década.

E eso, ademais, aínda estará por ver, dado que pouquiño a pouco, e a pesares das evasivas do noso conveciño, vaise desvelando que nada se vai cumprir en prazo e neste intre, a chegada da alta velocidade a Lugo e a Ferrol, por exemplo, está en entredito.

Así as cousas, estamos baixo a sombra da dúbida como case sempre cando do que se trata e de comprobar a veracidade e o grado de cumprimento das promesas dos gobernos socialitas. E soprendentemente e pese a gravidade dos feitos, non xurden voces discrepantes nin ningunha plataforma reivindicativa, pese a proliferación coa que xurden nos últimos meses ó longo e ancho da nosa provincia. Non hai preocupación porque reiteradamente os prazos de infraestructuras básicas se retrasen e as promesas sistemáticamente se incumplan?

Parece desprenderse desta peculiar circunstancia que a movilización parte sempre do mesmo bando e tamén sempre dirixe as balas na mesma dirección. Pero o tempo pon a cada un no seu sitio e non hai dúbida de que os socialistas, e nomeadamente José Blanco, custalle cumplir o que prometen e o que PP, por exemplo, pese a que non houbera consignado nin un só euro para o equipamento, porá en marcha un dos mellores hospitais de España.

A diferencia entre a política das promesas e a dos feitos é notoria.

7 comentarios:

Mateo dijo...

Xa son cada vez menos os que creen a Pepiño Blanco. Cantas cousas prometeu para Lugo e quedouse neso, promesas. Lembremos o que ía traer para Rozas, a cantidade de postos de traballo que se crearían el Lugo, autovías... Gracias que se comenzou a ponte, e iso será seguramente a súa gran medalla para acadar un puñado de votos na cidade.
O crédito téñeno perdido toda a familia socialista, dende ZP a Orozco, pasando por Pepiño, De la Vega, Salgado, Corbacho, Pachi Vázquez,Besterio, Ricardiño Varela... Tantos e tantos que meten a pata unha e outra vez.
O peor de todo é que das mentiras, erros, ineficacia... desta xente, os grandes perxudicados e perxudicadas somos os e as de sempre.

manuflores dijo...

No estaría mal tirar de hemeroteca y comparar las primeras promesas y sus plazos con las últimas...si nos fiasemos de las primeras, a estas alturas ya tendríamos autovías, puente y ave (de alta velocidad, no de velocidad "suficiente")

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Antes de nada Barreiro, e a título persoal, a ver se relaxas aos cachorriños de NN.XX, que semellan estar moi alterados e están a dar unha imaxe bastante lamentable.

Fáloche como militante e afiliado a NN.XX. porque pertenzo a elas, pero non se pode consentir todo. Ao igual cuns pais deben educar aos fillos/as nuns valores e normas, para cando cheguen a certa idade, se poidan manexar de forma autónoma e tomar decisións por eles mesmos e estar preparados para asumir um papel como cidadán, nesta sociedade domocrática e plural. Tamén che pido que como Presidente Provincial, controles un pouco a cousa, que aqui traballamos uns parvos, para que uns listos saian nas fotos, na radio, na prensa e se leven os aplausos. E ESO NON PODE SER!!!!

Controla a cousa, porque se esto sigue así, plántolle lume ao carné. Que xa estou ata as pelotas (e perdoa polo vocabulário barriovajero, que emprego) de aturar tonterías. Eu non pretendo ser concejar, nen presidente nen nada. Nen o pretendo nen o quero ser, porque non dou o perfil (como dirían algúns) ou porque son feo (como dirían outras). Só pretendo axudar ao proxecto e ao partido, e coido que ata de agora non creo que teñades queixas de min. Sempre nun segundo ou terceiro plano. Eu non podo apoiar á esquerda, nen os nacionalismos, nen as forzas políticas minoritarias. Se che gusta a política, crees na política e queres facer algo pola cidadanía e pola democracia, nesta sociedade plural, evidentemente tes que votar ao PP. Tes que apoiar ao PP, tes que aplaudir ao PP, tes que corrixir cousas e fallos que poidan xurdir no PP, e tes que confiar e ter fe no proxesto, e persoas que integran o proxecto (valga a redundáncia) do PP.

E no referente ao señor Blanco aínda que para moitos, charlatáns de feira e demais compinches, as promesas sexan verbas que boan ao paso dos dias.
O certo é que unha promesa, ben sexa persoal, de amizade, ou política, non deixa de ser unha especie de “contrato”, pola cal unha das partes tense que obligar, a cumplir o dito, dentro dun prazo determinado, para o cumplimento de dita función.
Neste caso as infraestructuras prometidas por José Blanco, máis concretamente as autovias, e as escusas polo seu retraso.

É dicir, que incumpre un contrato coa sociedade e con tódolos cidadáns aos cales se dirixiu. E converte as escusas en simples disculpas, e as disculpas, en intolerables mentiras.

Pero Blanco, perdeu a credibilidade moito antes de agora, eu atreveríame a dicir que inclusive antes de ser Secretario Xeral.
E cando o que estás a facer o fas mal, non podes cunha cousa peor, tentar poñer ben o que desfixeches. Ao igual que non podes con promesas tapar mentiras, nen empregar estas últimas para voltar a facer promesas políticas.

PARTE SEGUNDA Perdeuse o rumbo e agora xa non o dan atopado, lamentable aptitude a que tivo sempre cara a nosa provincia.
Se tiras de hemeroteca, eso nen os zapping dalgunha canle de tv.

E todo isto transládase ou é directamente, un reflexo de toda a esquerda. Co goberno de ZP, somos menos libres, sentímonos máis inseguros, e somos máis pobres. A subida dos impostos, é unha arma de dobre filo, que non fará, senon, agravar máis a crise económica que estamos padecendo. E as concesións políticas, a uns asasinos, na negociación do Executivo, como é E.T.A. é totalmente lamentable, e non paga a pena nen sequera porse a comentar nada ao respecto.

E sinto, decirlles, tanto ao señor ZP, como ao seu escudeiro fiel, o señor Blanco. Que pese ao triunfo da Selección Española, gañando de forma soberbia o Mundial, a economía non mellorará. E a imaxe de ZP, tampouco. Anque as enquisas digan o contrario, (e alguns canles de televisión reafirmen o resultado das mesmas).
É lamentable o recibimento que tiveron os xogadores na Moncloa, e a imposición, a non falar, de ZP, a Andrés Iniesta. Para facer o seu discurso político. Outra demostración, de non saber estar cando hai que estar, ao igual que no San Froilán pasado, co señor Blanco poñendo a primeira pedra da ponte romana. Saber sen saber estar, ou estar sen saber.

As enquisas din que a imaxe de ZP mellorará, pero os números din todo o contrario. A economía española caerá no que resta deste ano un 0,79 por cento. E como consecuencia, seguirá encallada na crise, ata princípios de 2011.

E fíxate, Xosé Manuel, seguirán prometendo e prometendo, como prometer é grátis, pois xá está. A pregunta do millón, é, cal será a nova promesa do señor Blanco??. Hai que estar atentos que sempre nos sorprende con algo novedoso, despois da súa aparición no programa de Telecinco, “La Noria”, non descarto velo en Gran Hermano ou en OT.

“Las muchas promesas disminuyen la confianza.” (Quinto Horacio Flaco).

“Society failed to tolerate me
And I have failed to tolerate society
Still I can't find what you adore
Inside I hear the echoes of an inner war
Nothing can take the horror from me” (Mille Petrozza, guitarrista, vocalista e compositor, do grupo de Thrash Metal, de Essen, Alemania; Kreator).

¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!

JOSE ANGEL dijo...

En primeiro lugar, comparto moitas das verbas que aparecen nos comentariso de JTIRIMOL. Quenes me coñecen sábeno.
Pepiño Blanco non ten credibilidade ningunha. É un ilúminado máis deste goberno penoso, desastroso, nefasto... que estamos a soportar. Canto prometeu para nada. Palabrería barata ca que se presenta en Lugo e acada que algúns lle besen os pés.
Supoño que lle quedará pouco a este goberno de ineptos encabezados polo doutor ZParo.

omnium dijo...

No dudo yo de que al Sr. Blanco le gustaría que una estatua en alguna plaza de Lugo recordase su paso por el Ministerio de Fomento; y posiblemente el hombre ya se veía encima de la peana, hasta que la maldita crisis (junto con la "maravillosa" gestión económica de su Gobierno) nos han metido en un agujero del que nos costará mucho salir. Las infraestructuras de Lugo, y otras muchas, quedarán pospuestas, esperemos que no sea "sine die".

Pero hay que valorar las cosas en su justa medida, y determinadas promesas, como la del puente, fueron formuladas a principios del año 2.004. Y estamos en 2.010. En medio hay seis años de gobierno (por decir algo) del PSOE. Seis años de despilfarro, seis años en los que hubo dinero para todo, seis años en los que nuestro gobierno se comió, literalmente, 14 puntos de Producto Interior Bruto (4 que heredó de superávit, y 10 que tenemos de déficit). Eso supone un auténtico océano de euros. ¿No había en ese mar una gota, una cucharadita, que era lo que podía suponer el puente sobre el Miño?. Sr. Blanco, una de dos: o no había tanto interés, o no había tanto poder.

Y ahora es tarde. Evidentemente, no lo siento por el Sr. Blanco. Lo siento por Lugo.