lunes, 26 de julio de 2010

Temores que xa son feitos

Hai xeitos moi distintos de gobernar e hai maneiras frontalmente opostas de asumir as responsabilidades que conlleva o exercicio desa acción de goberno. Díxeno xa en numerosas ocasións, así que principio pola conclusión: o ministro de Fomento e deputado por Lugo José Blanco non cumple a súa palabra, non cumple os seus compromisos con esta a súa provincia; o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo si o fai. Estamos en crise e o control do gasto convétense en obrigado, pero cal é a razón entón de que a Xunta de Feijoo esté a acometer as obras comprometidas e Fomento ou o goberno de Zapatero, non?

Ós feitos me remito. Lugo é a única provincia galega na que o Ministerio de Fomento, anula obras xa adxudicadas, e a máis perxudicada polos recortes aplicados.

Hai un par de semanas, neste mesmo foro, amosaba as miñas dúbidas sobre a credibilidade das promesas do noso conveciño. A verdade é que os precedentes xogaban na súa contra e os feitos, unha vez máis, desacreditan o valor das súas promesas. Confirmados os peores presaxios, desvelouse agora a razón do seu inusitado silencio: eran malas as noticias que tiña que comunicar ós veciños que o elexiron para representalos (e defendelos) no Congreso.

E resulta que a cancelación dos dous tramos adxudicados da autovía Lugo-Ourense non é máis que o botón de mostra. Se desgranamos o resto das obras que ten pendentes Fomento, a situación é igual de preocupante. Haberá novos retrasos, a superpoñer ás demoras que xa acumulan. Xa saben, o AVE no chegará a Lugo, polo menos nun tempo próximo no que o uso dun tren de alta velocidade supoña unha mellora reseñable; nada hai da autovía Ponferrada-Monforte; nada da autovía Monforte-Chantada; retrasos, xa a día de hoxe, de entre tres e catro anos, na autovía Lugo-Santiago e na propia Lugo-Ourense, á que tras este parón é difícil poñerlle data de inauguración; nada no tramo estatal do corredor da Costa, que, por certo, si se está a executar na parte que lle corresponde executar á Xunta.

E neste oposto proceder radica a diferencia. O hospital de Lugo, por exemplo, será realidade pese a que o bipartito deixou o edificio baleiro e nin un só euro para dotalo da equipación precisa. Está licitado o proxecto de desdobramento do tramo do corredor Nadela-Sarria e a moi bo ritmo as obras do tramo Sarria-Monforte. Aí está a actuación desenvolvida no polígono de As Gándaras, o encauzamento do vello proxecto do auditorio…

As malas novas comunicadas esta semana polo ministro Blanco levarán aparelladas outras consecuencias negativas a maiores do perxuizo que para o desenvolvemento socioeconómico da nosa provincia suporá demorar a concreción de infraestructuras básicas para a súa vertebración. O emprego, xa moi castigado pola actual conxuntura económica, tamén se resintirá destas decisións.

É preciso, por tanto, que todos, dende todos os frentes, político, social e económico, reivindiquemos, cunha soa voz, o trato Lugo merece. E dende logo a nosa provincia non pode consentir unha discriminación desta magnitude.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Foi moi precipitada á homenaxe que lle fixeron os empresarios a José Blanco coa entrega de medalla de oro. Xa comentara eu daquela que había que esperar ao remate do mandato do ministro para valorar se realmente merecía ese recoñecemento.

mateo dijo...

Pepiño Blanco simplemente é Pepiño. Ese que ía de farol pola súa terra, cando era mozo, dicindo que era o que non era, e que tiña o que non tiña... bueno xa me entendedes e se non que lle pregunten os veciños e veciñas de Palas, que de Pepiño saben un pouco.
Foron moitas as promesas que trouxo a Lugo, e xa non vamos a repasalas por qué as sabemos de memoria, e ó final: "fume".
É o Ministro de Fomento do peor goberno da democracia española. Así qué outra cousa del non se podía esperar.
Eu diríalle a Pepiño:
"Manolete, se non sabes torear para que te metes"

JTIRIMOL dijo...

Hai dúas formas, dous xeitos de facer as cousas, ben ou mal, despois un intermedio (regular), que nunca soe dar bo resultado. Como xa dixen moitas veces, unha promesa é un contrato verbal, e entón eu e calquera cidadán ten que sentirse mal, ao ver que eses contratos verbais se transforman en fume barato.

Os cidadáns son empregados como meras escusas para mítines e limites isospeitables, coa fin de recaudar votos, sen ética nen moralidade. E cuns princípios políticos que deixan bastante que desexar.

Antes de ser político, mestre ou fontanero, hai que ser persoa, e a partir de ahí exercer a profesión que se desempeñe.con normalidade e humildade.

Eu persoalmente non coñezo ao señor Blanco, pero coñezo a xente que si o coñece (valga a redundandia), moito antes de ser Secretario Xeral do PSOE e Ministro. E as informacións que teño, son as mesmas. Que ten a mesma labia cá un feriante, e que é capaz de venderlle un conxelador a un esquimal. Que promete o que sexa, o que lle pidas, segundo as necesidades da cidadanía.

Di o que queres oír e queda ben con todos. Iso é xogar coa xente e non se pode permitir. En Palas de Rei xa o coñecen ben, e pódovos asegurar que se se presenta a Alcalde, leva o maior fracaso da súa vida.

E como político, paréceme pésimo en tódolos eidos, non ten argumentos e non rebate nada. Só vai ao que lle convén, e cun guión ben estudiado. Pero eso xa non seve para nada. Á cidadanía podes enganala unha vez, e dúas e inclusive ata tres, pero despois todo cansa. As máscaras caen ao chan e todos/as sabemos de que pé se coxea.

En canto ao novo hospital, será dos mellores de España e compitirá por estar entre os mellores de Europa. É un orgullo telo na nosa cidade, e haberá un antes e un despois dende que esteña todo terminado e funcionando.

No tema das infraestructuras, autovías e AVE, xa non entro, porque me aburre ata tal exremo que son incapaz de golpear as teclas do ordenador. É o mesmo de sempre, e como é o mesmo de sempre, que se tire de hemeroteca, porque a realidade é tozuda.

“Muchas personas creen que cuando han superado un error ya no necesitan volver a enmendarlo”. (Mariano José de Larra)

“Ya es hora, de ver lo que cuenta,
Ya es hora, de ver lo que pasa en casa,
Ya es hora, de vernos las caras” (Javier Die Dean, Vocalista do grupo de Rock madrileño, Sonotones)




¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!