lunes, 2 de agosto de 2010

Optimizar a xestión

A mala situación económica, agravada pola pésima xestión do bipartito e do Goberno de Zapatero, seguirá a pasar factura ós orzamentos da Xunta para o vindeiro ano e nomeadamente a súa capacidade inversora. Recorte si, pero asumindo un compromiso esencial para asegurar o mantemento do estado de benestar. Unha folla de ruta que pasa por garantir a educación, a sanidade e os servizos sociais e priorizar a inversión nos sectores productivos, decisivos á hora de reavivar o mercado e xerar emprego.

Hai que ter presente neste contexto varios condicionamentos negativos. Por unha banda, están os máis de 2.500 millóns de euros que Galicia terá que devolver ó Estado por mor dos anticipos recibidos no 2008 e 2009 con arreglo ó sistema de financiación autonómica. O Goberno de Zapatero xa rexeitou a sensata proposta do presidente Feijoo de solicitar o aplazamento dese pago ata que a economía galega retornara á vía do crecemento e medrara por riba do dous por cento anual.

Por outro lado, hai que ter en consideración que, con respecto a este 2010, a capacidade de endebedamento da nosa comunidade autónoma verase reducida en máis dun 52 por cento. Consecuencia das políticas económicas impostas pola Unión Europea e que provocan, lóxicamente, unha reacción en cadea.

Hai outro argumento a ter moi presente na liña fixada pola Xunta, en contraposicións ás políticas desenvolvidas polo goberno do Estado: eludir o incremento da presión fiscal que, seguindo as teses defendidas polo Partido Popular, non só está moi lonxe de mellorar a situación actual, senón que contribúe a agravarlas.

Continuarase, por tanto, coa senda iniciada o pasado ano coa política de austeridade e control do gasto imposta polo goberno de Núñez Feijoo, no mesmo momento de tomar as rendas do goberno galego, en consonancia coa conxuntura existente daquela e que se manten agora, aínda que coa entrada en xogo de novos elementos xa aludidos que, sen dúbida, condicionarán a xa de por si dura restricción orzamentaria, cifrada en máis de mil millóns de euros con respecto ó presente exercicio.

A Xunta inexorablemente verase obrigada a revisar íntegramente a súa política pública, a política de gasto de todos os seus departamentos, co fin último de erradicar a ineficacia e asegurar, aínda máis, unha xestión co maior grao de eficiencia posible para optimizar ó máximo os recursos disponibles. Tratase, en definitiva, como ben resumiu o propio Feijoo, de facer máis con menos, de gastar o máximo posible nos cidadáns e o mínimo imprescindible no propio goberno.

A austeridade e sobre todo a responsabilidade son ineludibles na delicada tesitura actual. E non cabe dúbida de que en Galicia, ó contrario que no Estado, hai un xeito ben distinto de gobernar e, ó máis importante, de xestionar os recursos de todos.

4 comentarios:

laura dijo...

La situación económica que estamos viviendo y la que nos espera por vivir, pone los pelos de punta a cualquiera mínimamente informado, y Zapatero sin querer dejar el sillón, y la oposición con las manos atadas con los nacionalistas, que como siempre cuando el barco está a la deriva, se aprovechan para sacar tajada, lo tenemos dificil los españoles, Besteiro dedicándose al KMO, Zapatero con los catalanes a la prohibición de los toros, Blanco a poner locos a los controladores, y mientras, el paro, la crisis política y ética, sin resolver. ESO SÍ ZAPATERO ESQUILMA A LAS AUTONOMÍAS DEL PP,COMO GALICIA, PARA QUE RÁPIDAMENTE LE PAGUE LO QUE LE ADELANTÓ en su momento de financiación, cuando el gobierno del PP está ahorrando en todo lo ue puede,(quiere que el gobierno de Feijoo no tenga maniobra económica) Zapatero premia a otras autonomias que derrochan y aumentan el gasto público, eso sí, gobernadas por sociolistos.......

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Hai varias cousas ou temas que merecen un análise previo, está claro que a Xunta de Alberto, está levantando o que o bipartito fundiu. Pero a Xunta tampouco é o INEN galego, tampouco crea postos de traballo. Cando José Blanco fixera aquelas declaracións sobre as centrais nucleares e sobre Palas de Rei, todos o criticamos, incluído eu. Mais houbo um señor que dixo; “se me dan un posto de traballo, deixolles a finca que teño diante da porta”. Estamos chegando a unha situación, na que as verbas daquel señor, poden deixar de ser unha loucura ou un xogo e pasar a unha realidade para moitas famílias.

Fai gracia, ver como se emprega o termo crise, polos políticos como se nada, como se souperan o que realmente é. Coido que da crise deberían falar as persoas que realmente a estamos sufrindo, se queredes saber o qué é a crise, preguntádeme a min, aos meus pais, a moita xente que comparte a miña vida, a ese millón de persoas que non van percibir nin un só céntimo, a tódolos parados/as, e aquelas empresas pequenas e autónomos que foron ao paro. É moi fácil empregar eses termos ao igual que o termo, terrorismo, pero cando se sufre en primeira persoa, a visión cambia.

Con ZP, xa non ten sentido, nen aconsellalo, porque fixo e fai caso omisso, a todo aquelo que vén dende fóra do seu partido. E coido que debería reflexionar seriamente sobre a súa actuación, porque se está quedando na Cámara sen apoios e só diante do poder, e iso, ten que dar que pensar.

As verbas de Felipe González dicindo que ía crear 800.000 postos de traballo, anos despois transládanse a este Goberno, todo mentira e improvisación para sair do paso.

No tema da Xunta, inda é algo pronto como para facer balances, eso débese facer ao final da lexislatura. Aos cen dias de tomar Alberto o poder, xa estaban facendo balance e eso non procede. Claro está, que xa se superou ao bipartito en todo, e que se están dando unhas leccións de como se debe gobernar. E seguindo unhas liñas de como se debe levar un goberno. Cando eran tempos de bonanza económica o bipartito despilfarrou o que quixo, menos mal que tódolos galegos/as non somos parvos e os mandamos ao lugar de onde endexamais deberon de sair, á oposición. E que fagan política dende ahí, que seguro que lle sacan máis rentabilidade e maior probeito.

Unha cousa é xestionar e outra despilfarrar, o goberno de Alberto está facendo moi ben a primeira e non coñece a segunda. Coido que endexamais en política con tan pouco se fixo tanto. Son tempos difíciles e paréceme moi ben que a Xunta empregue máis nos cidadáns e moito menos nos políticos. Esa é unha actitude moi sensata e honrrada, ante o eido político, social, é por que non dicilo, tamén humano.

Confio en que se siga así, porque se vai por moi bo camiño.

Con respeto ao Xacobeo, sinto contradecir a Alberto, pero este non é o mellor Xacobeo da historia nen de lonxe. E é máis se non fose pola visita de Benedicto XVI que dito sexa de paso custa bastante a súa visita a nosa terra, e para moitos/as galegos/as se se quedase no Vaticano estaba moito mellor. Certo que vai ser un gran impulso económico para negocios e que vai atraer a milleiros de peregrinos e de visitantes. Pero superar os Anos Santo do 1993 e 1999, neste ano é tarefa imposible, se se iguala o do 2004 xa é para darse cun canto nos dentes.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Outra cousa, semella que nas grandes ocasións, nos grandes concertos (me refiro) a Xunta de Galicia non está á altura das circunstancias. Último exemplo, o concerto de Mark Knopfler no Multiusos do Sar de Santiago de Compostela, dias antes do Congreso Rexional de NN.XX. celebrado ali tamén. Dá que pensar que esteña mellor organizado o congreso que o concerto. Vendéronse entradas xerais, había palcos privados, probablemente máis entradas do permitido, xente que se colou, avalanchas en platea e pista, escaleiras cheas de xente impedindo sacar a persoas mareadas... O mínimo que se debería facer é pedir disculpas e inclusive á xente da grada superior esquerda do pavillón, devolverlles os 51 euros da entrada polo lamentable trato recibido. Por certo, nen os patrocinadores nen os puntos de venda das entradas eran responsables. Polo que non se pode deixar a seguridade privada de Knopfler que faga todo o traballo porque é imposible. A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta, imaxínome que teria bastante que ver con semellante desastre (que non é a primeira vez que acontece), tan difícil é pór a coordinadores para controlar a situación?. E isto é bastante serio, xa que dentro de pouco pasa como en Monterrey onde por unha organización semellante a deste concerto morreron cinco persoas.

Xa sei, Xosé Manuel, que son moi pesado en canto a estes temas, pero comprende que eu amo o rock e amo a Galicia. E só quero que esas 25.000 persoas do Monte do Gozo e esas 9.000 do Sar, leven unha boa imaxe de Galicia, a imaxe que se merece.

Para finalizar, dicirche que titulaches ao teu artigo “Optemizar a xestión”, pero creo que simplemente cunha palabra se podía resumir todo o que expresaches nel; responsabilidade. Responsabilidade de Alberto, responsabilidade do seu equipo de goberno, responsabilidade da Xunta, e responsabilidade da forza política na que os galegos/as depositaron a súa confianza; o noso partido.

Para Feijóo “El precio de la grandeza es la responsabilidad”. (Winston Churchill).

Para ZP; “Lie, tell me why you're lying
It's time to put you on your shelf” (Jeff Waters, compositor, vocalista, guitarrista e baixista, do grupo de Heavy canadiense, Annihilator)



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Si o si, pero en chantada cagachela, e o que che queda que aturar, entre o pico de Oro, o da sacha, o Panasonic, llo comercial, anche traballar pa que non gañes a diputacion, xa o fixeron unha vez, esta tamen o faran