miércoles, 27 de octubre de 2010

Dous xeitos de afrontar a crise

Foi unha lástima que Elena Espinosa desaproveitara a súa derradeira visita a Lugo como ministra para protagonizar unha bronca co conselleiro Samuel Juárez na vez de traerlles, para variar, algunha boa nova a pescadores, gandeiros ou labregos.

Preferiu emular ó tamén galego, daquela compañeiro de goberno, José Blanco, quen tamén optou por blandir a súa verborrea, desta volta algo subida de tono, contra Agustín Hernández na vez de explicarlle ós lucenses, e de paso ó resto dos galegos, o pecado que cometeron para acabar pagando os erros cometidos polo goberno que lidera Rodríguez Zapatero e dos que, claro está, nin tomaron parte nin son responsables.

Quizais ambos consideraron que o ataque era a mellor defensa para tentar zafarse da reacción que estaban a provocar os orzamentos do Estado para a nosa comunidade e, particularmente, para a nosa provincia. Pero, cos datos na man e descontando o alto custo da compravenda de vontades políticas para gañar algo máis de tempo no goberno, e por moita e boa intención que se poña no intento, é imposible sacar conclusións positivas.

Pese a todo, temos que agradecerlle a José Blanco que contribuira a enriquecer o noso vocabulario colectivo. Se non fora por el, probablemente o de “reprogramar” non pasaría de ser un vocablo exclusivo da xerga informática. Agora universalizouse o seu uso e, dende logo, describe e resume á perfección a acción de goberno dos socialistas. Reprograman os avances e dereitos sociais que costou décadas conquerir; reprograman repetidamente o plan de infraestructuras; ata se reprograman a si mesmos nunha ampla remodelación ministerial co fin de resultar, cando menos, algo máis comunicativos…

Pero a falta de tino dun goberno, como moi ben recoñeceu o novo vicepresidente Alfredo Pérez Rubalcaba, repercute na casa de cada un dos cidadáns deste país. A mala previsión de todo o equipo Zapatero, naqueles tempos nos que rebosaban de optimismo e vían medrar brotes verdes polas paredes, vaille costar ós galegos 2.600 millóns de euros. E a súa nefasta política económica fai que este ano a Xunta conte, vía transferencias, con 1.500 millóns de euros menos para incorporar ós seus orzamentos e, polo tanto, para investir en Galicia. Tamén, por conseguinte, na provincia de Lugo.

Dende logo que as decisións que adopte un goberno, preocúpenos moito ou pouco a política, redúndanos directamente no bolsillo. No de todos.

Pese a todos os pesares, os efectos da crise económica xeral e esta inevitable interdependencia entre administracións, a Xunta foi capaz de identificar e fixar prioridades nas contas para o vindeiro ano. A obrigada contención do gasto non conlevará, ademais (e é un aspecto a ter moi presente), ningunha merma na prestación dos servizos sociais básicos.

Na provincia de Lugo, por exemplo, ningunha das grandes obras comprometidas foi obxecto de reprogramación algunha.

A diferencia é notoria. Uns cumplen; outros non.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Dentro de pocos meses el señor Besteiro tendrá que reprogramar su carrera política porque los ciudadanos no vamos a olvidar su incapacidad y su actitud caciquil con el llamado Km0.
Como buen socialista, una de sus primeras decisiones fue la de reprogramar el gasto social para dedicarlo a la compra de vehículos, y así se compró un flamente Audi A-8 que pagamos todos, para que se pasee por la provincia luciendo palmito; anteriormente su "padre político" el actual alcalde (poco le queda) el señor Orozco, había comprado un A-6 a gasolina, seis cilindros y con tracción a las cuatro ruedas que costó en torno a los 60.000 euros, algo que no entiendo, porque presume mucho de andar por la calle, por lo tanto no necesitaría ese tipo de vehículo.

Sara Torres dijo...

O certo é que hai formas de gobernar moi diferentes. A do Partido Socialista non cumprindo cos compromisos que fixo cos Galegos e reprogramando infraestructuras ou otorgando partidas rídiculas, que non chegan para nada; e a do Partido Popular que esta a cumprir co prometido executando as grandes obras que nos van permitir crecer economicamente e xerar postos de traballo.
Parece mentira que o Sr Blanco sexa Galego e de Palas, pola contra parece que odia a Galicia e aos galegos. Que o Sr. Blanco diga a verdade, e a verdade é que nos presupostos do 2011 aparecen partidas ridículas, mais que ridículas para o corredor da Mariña, por poñer un exemplo 112.000 Euros para o tramo San Cibrao-Espiñeira pola contra o tramo que lle corresponde a Xunta de Galicia, o tramo Ferrol –San Cibrao está en obras e ten unha partida orzamentaria duns 10 ou 11 millóns de euros. A Autovía do Cantábrico quizás polo 2015 estea rematada, da autovía de Orense non se sabe nada...Para que vexades a maneira de gobernar duns e doutros. Uns cumpren con Galicia a pesar dos 1500 millóns que nos recorta Zapatero e por si non fora pouco pídenos que lle devolvamos 2.600 millóns de euros, e o Sr Orozco e Besteiro caladiños non pían, non están a defender os intereses da nosa Provincia. Eu teño clarísimo, prefiro a maneira de gobernar do Partido Popular na Xunta de Galicia, que esta a facer mais con menos. E crédeme que esta será a formula coa que o Partido Popular vai gobernar no Concello de Lugo con Jaime Castiñeira e na Deputación con José Manuel Barreiro. Lucenses que non vos enganen.

Mateo dijo...

Está claro que hay formas de gobernar y también de desgobernar como es el caso de ZParo o de OroZPo.

Centrándonos en ZParo por mucho que remodele su desgobierno todo seguirá en la misma línea.

Tras seis años de Zapatero se han acentuado las desigualdades entre los españoles:

* La mayoría de los jóvenes están en paro o con empleos precarios.

* El desempleo se ceba en los trabajadores con contratos temporales.

* No hay unidad de mercado entre las distintas Comunidades Autónomas.

* Los estudiantes de cada Autonomía siguen distintos programas y diferentes contenidos.

* No hay una política de convivencia entre las lenguas oficiales.

Zapatero sólo ha conseguido la igualdad en el desempleo, el fracaso escolar y la subida de impuestos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Cando existe unha situación social inestable, afecta de xeito directo ao eido político e máis económico. Todo o que estamos vivindo dende meses atrás podería terse evitado.

Para chegar a un mesmo obxectivo hai moitos camiños, e todos eles son lícitos e válidos sempre e cando ao final consegues o obxectivo proposto.

Mais aquí hai un problema moi grave, unhas cuestións que afectan aos cidadáns e que precisan de solucións urxentes, pero por desgracia o goberno socialista carece delas. O problema que ten España, Galicia, Lugo ou calquera cidadán, chámase José Luís Rodríguez Zapatero. Único responsable da situación actual, dotado dunha gran incapacidade absoluta e infinita para que o país se derrumbe, para que os cidadáns afogemos no fondo desta crise, e das súas improvisacións, baseadas en promesas baratas, que para máis ver, son incumplidas.

Os xóvenes desta xeneración, os mellor preparados (non falo por min) vai pasar a ser a xeración que se perda no tempo, unha xeración perdida, e o único culpable é ZP, e os 10 millóns de persoas que quixeron que eso fose así. Non hai cartos para crear postos de traballo, pero si os hai para regalalos a Chile, por mor dos terremotos. O despilfarro, a mala xestión, o estar rodeado dunhas persoas que non te saben asesorar, e ao pasar de todo, acontece que fundes ao país no fango.

E é necesario, e coido que de obriga por parte de todos/as os que estamos descontentos con este goberno, repetirlle ata a saciedade, que debe estar orgulloso, porque cando abandoe a Moncloa, e un galego como Rajoy sexa o próximo presidente, o seu antecesor pasará a ser e a formar parte do peor goberno de toda a Democracia. Moito peor que a última lexislatura, do seu mentor, Felipe González, onde case pon en crieba a seguridade Social, e onde os seguros privados se puxeron tan de moda.

Naqueles tempos a sociedade confiou no cambio, viu que a situación era insostible mirara por onde se mirase, e o cambio produciuse, dando a confianza ao PP, que gobernou con cabeza, sentido e boa fé. Pódense debatir algunhas cousas e cuestionar outras, pero os datos e as matemáticas endexamais fallan.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Dicía Terencio, “Una mentira va pisándole los talones a otra”. E isto é o que lle pasa aos socialistas (que dito sea de paso, tiñan que reflexionar sobre eso, porque o socialismo propiamente dito está morto) a non ser que queiran implantar o da antigua Unión Soviética ou o Castrismo, entón xa calo a boca…

Polo tanto tódalas finalizacións, finalidades e respostas dos argumentos de ZP, fai que o desenlace do seu programa electoral, envelleza de súpeto. Xa sebemos que as matemáticas son exactas e que os números e as cifras son inalterables como a historia, é algo que suelo repetir moi amiúdo, pero é certo. E por moitas voltas que lles queiran dar, a realidade é a que é, polo que non atopamos ningunha solución singular, particular nen xeral, ao problema que estamos recibindo (sexa o paro, sexa a crise, sexa a política xuvenil, sexa a economia das famílias galegas...)

E iso era triste antes, é triste nestes intres e seguirá sendo triste mañá póla mañá cando espertemos , xa que vemos que a única saída posible, son ou ben eleccións anticipadas ou ben dimisión, ámbalas dúas case imposibles de pensar nestes intres, ainda que sexan desexadas por todos/as os/as cidadáns deste país.

Porque sinceramente o vivido e lido nos últimos meses, seméllase máis aos preámbulos da Guerra Cível española, que ao inicio dunha nova etapa de goberno.

En vez de mellorar as cousas, cada vez empeoran, máis e máis. O Marqués de Vauvenargues dicía en múltiples ocasións que “La claridad es el barniz de los maestros”. Entón hai que pedirlle e esixirlle ao señor Blanco que cando veña a nosa provincia, nos fale con claridade porque a chegada do AVE, das autovias, e das pontes, cada día que pasa toman un tono máis escuro co anterior.

E sí, Xosé Manuel, é unha verdadeira mágoa que unha ourensana, non fixera honrra da xente da súa cidade, e fixese o ridículo a modo social, persoal e político con Samuel. Pero non sei de qué nos extrañamos, é o que hai, é o que temos e é o que tódolos días vemos... ¿non?. Pois iso...

“Gobernar no consiste en solucionar problemas, sino en hacer callar a los que los provocan”. (Giulio Andreoti). Sigue sen haber frases de músicos de Rock nen de Haeavy, porque seguimos de luto.




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

JOSE ANGEL dijo...

Es bueno recordar la política de José Luis Rodríguez Zapatero para el próximo año:

-Sanidad: reduce un 8,2% el presupuesto.
-Servicios Sociales: recorta un 8,1% el presupuesto.
-Educación: reduce un 8% el presupuesto.
-Vivienda: recorta casi un 20% el presupuesto, suprimiendo las ayudas.
-Fomento del empleo: reduce un 5,5% el presupuesto.

omnium dijo...

El PSOE está en una situación límite, y supongo que sus prebostes, muchos de ellos veteranos de mil guerras (ninguna de ellas limpia), son conscientes de ello.

Han practicado durante 5 años una política desastrosa, a todos los niveles, no sólo el económico. Ahora, la crisis económica está haciendo que afloren no sólo los gravísimos errores de la gestión económica y el despilfarro, sino también otras averías de carácter más político, como las permanentes cesiones ante los nacionalismos, con su correspondiente coste en términos de incremento de gasto público y de desestructuración del Estado.

Frente a ello, sólo caben medidas urgentes y drásticas, que ellos no pueden adoptar, ya que sería como desdecirse de todo lo que han predicado durante los últimos años. Sería reconocer abiertamente que sus políticas económicas son nefastas y su concepción del Estado (o su falta de la misma, mejor dicho) tienen un coste elevadísimo para los ciudadanos.

Tal cosa equivale al suicidio electoral, y esto es lo último que puede hacer un partido que es, ante todo y por encima de todo, una máquina de poder, perfectamente engrasada, con sus terminales mediáticos y sus elementos auxiliares sindicales. Todo un inmenso entramado perfectamente montado para dominar a una sociedad hasta en los más nimios detalles.

Por tanto, la situación es crítica: hay que tomar medidas, porque si no, el castillo se cae. Sin embargo, hay que tomar medidas renegando de las mismas, ya que ello equivale a darle la razón al contrario.

Cualquiera, en un país normal, diría que este partido, con su siniestro líder al frente, están sentenciados en las próximas elecciones, y que nada puede salvarles de una debacle en las urnas.

Sin embargo, ni siquiera así las tengo todas conmigo. La experiencia de muchos años me dice que, aún en una situación como ésta, la capacidad de manipulación del PSOE sigue siendo de temer.

Parece increíble, pero así es.