martes, 2 de noviembre de 2010

Cambio de caras, non de política

José Luis Rodríguez Zapatero fixo a súa terceira remodelación de goberno en tres anos. Pero non acometeu o cambio que se necesitaba e que non é outro que modificar a súa política, sobre todo económica. O urxente, non era o troco de caras, senón cambios estructurais, acabar coas constantes improvisacións, a desconfianza, o paro, a débeda e non seguir adentrándose na seda dos recortes sociais.

Todo apunta a que os novos ministros desenvolverán unha acción continuista, aínda que poñendo énfase na laboura comunicativa/explicativa, que vén a ser, máis autobombo e propaganda, dado o desplome que está a experimentar Zapatero nas enquisas e por aquilo de que principiou xa a conta atrás para a celebración de importantes citas electorais, autonómicas e mesmo tamén as municipais.

O certo é que os novos ministros “mediáticos” non contribuiron, de momento, a mellorar a imaxe do goberno, a situación interna e menos aínda a valoración exterior do noso país. De feito, España é o terceiro país da eurozona con peor situación económica pola taxa de desemprego, productividade e eficiencia. Explícase así que seis de cada dez familias cheguen a fin de mes con grandes dificultades (ou simplemente non cheguen).

En fin, máis do mesmo, máis de nada.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Pero Barreiro, ¿qué esperabas? Estos tíos no cambiarán nunca, y lo peor de todo es que llevan al país a la ruina. Como ocurre con la Diputación, así que ánimo, que la tenemos a mano.

JTIRIMOL dijo...

Como dicía Albert Einstein “Todos somos ignorantes. Lo que ocurre es que no todos ignoramos las mismas cosas”. Eu, Xosé Manuel, non o definiría como cambio, xa que o concepto que denota a transición que acontece cando se transita dunha a forma ou xeito de ver e realizar as cousas a outro (o cambio de xente no seu equipo de goberno), neste caso é inexistente.

Porque que máis dá que cambie o goberno actual, por ministros/as máis mediaticos ou que caian mellor nos medios de comunicación ou en todo o relativo a eles. Eso non serve de nada porque a política segue a ser a de sempre. Eu diría que isto serve para retratar, ao verdadeiro responsable da situación do país, José Luís Rodríguez Zapatero; coma unha persoa cunhas características coas que opera e emprega para manterse no poder como sexa. Pero a súa extroversión cando está fora de momento e non procede, e a súa introversión, cando tamén está fóra de momento e tampouco procede, fan que carezca dunha personalidade sólida como para ser o noso Presidente.

Cada feito que fai, ou dito que di, perde credibilidade polos catro costados. Dá igual, aínda que cambie a todo o seu equipo de goberno, cada vez a súa imaxe está máis e máis deteriorada, é un mentiroso patolósxico. E cos mentirosos nunca se pode discutir, porque te levan ao seu terreo e alí gánanche por experiencia, véxase o caso do señor Blanco. Nen discutir nen debatir, porque non teñen argumentos sólidos, nen de ningún tipo para rebatir os datos e as estadísticas penosas deste país, acentuadas, coas cifras de parados.

A súa política está tocando ao fin, os/as epañois non podemos permitir que o peor Presidente da Historia da Democracia neste país, nos siga a gobernar e a representar, e semella que el, comeza a darse conta, e fará calquera cousa para agarrarse ao poder. O tempo que lle resta, é o que vai dende o día que eu escribo estas liñas, ata o dia das eleccións, onde as urnas castigán a súa “xestión” e o seu amago de facer política.

O único bo de ZP, é o bo gusto musical da súa filla máis nova, por diversos grupos de música gótica e heavy, dos cales sigo sem poñer ningunha para a reflexión porque seguimos de luto. “Aprender sin reflexionar es malgastar la energía” dicía Confucio, e últimamente os do PSOE, gasta demasiados folgos en balde, sobre todo José Blanco, que cada vez que abre a boca, escapan por ela tódalas forzas, e de paso tódalas promesas.

Como ti, ben dis, é máis do mesmo, así que non lle deamos máis voltas, porque non ten sentido, igual ca todo o que fixeron, torceron ou desfixeron durante toda a lexislatura, é un sen sentido espiral e constante...



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mateo dijo...

Mucho cambio de gobierno pero el CIS les dice que aumenta la distancia del PP sobre el PSOE de 6,3 (julio) a 7,9 puntos.

Se trata de la mayor ventaja de un partido de la oposición sobre el gobierno en 30 años.

Anónimo dijo...

No cabe duda de que Rubalcaba es mucho más inteligente que Fernández De La Vega, y cabe suponer que tendrá respuestas más ingeniosas en las sesiones de control de los miércoles. Pero yo no doy un céntimo por la mejora de la situación por la que atraviesa España con estos cambios en el Gobierno mientras ZP siga siendo el Presidente. Como parece que hay que esperar hasta 2012 a que se celebren elecciones generales, dejemos que los socialistas se tomen un buen aperitivo este año con las autonómicas en Cataluña y en 2011 con las municipales y las demás autonómicas.