lunes, 11 de octubre de 2010

Imposicións

Os orzamentos do goberno central para o vindeiro ano non van encamiñados a sacar a España da crise, máis ben ó contrario: conlevarán máis paro, máis impostos, máis desigualdade, menos competitividade e menos protección social. Estragarán aínda máis unha situación xa de por si moi mala.

Mentres o resto dos países do noso entorno están a medrar, aínda que sexa levemente, o Goberno de Zapatero resignase, por exemplo, a que a taxa de paro, o noso maior problema, continúe dobrando a media europea. Recoñece, por tanto, que a imposta reforma laboral non servirá para reconducir os condicionantes que impiden que a nosa economía sexa capaz de xerar emprego.

Rodríguez Zapatero e os seus ministros seguen a botar as contas da leiteira e repiten o erro de exercicios anteriores, obviando as consecuencias nefastas que eso ten para o propio goberno central, e para o resto das institucións. Prevén un crecemento económico que, tamén desta vez, todos os organismos nacionais e internacionais advirten de que non se axusta á realidade.

Parece que os socialistas xa adoptaron coma norma innata facerlle pagar a outros os seus erros: que comunidades autónomas, deputacións e concellos apanden coas consecuencias duns cálculos mal feitos e que todos os cidadáns, vía impostos, asuman a culpa (e o pago) do seu despilfarro.

Así, por exemplo, reduciranse drásticamente ou directamente esfumaranse as partidas para gasto productivo, e medrará alarmantemente a consignación para facer fronte ó pago da débeda contraída (vanse adicar a este fin nada menos que 27.000 millóns de euros). Unha débeda que, por certo, está a perder valoración (e consecuentemente garantía) nos mercados internacionais.

A irresponsabilidade de Zapatero parece non ter tope. Impón recortes, impón reformas e imponse a si mesmo coa suscripción dun acordo co PNV (baseado na discriminación entre comunidades autónomas) que lle permitirá aprobar uns orzamentos irreais e moi lesivos para o país.

Nas antípodas deste proceder está a Xunta de Feijóo que, pese á reducción orzamentaria á que obriga a crise económica, blindou a execución de infraestructuras fundamentais para a vertebración de Galicia. Todos os contratos asinados en materia de infraestruturas e todas as obras xa iniciadas seguirán adiante conforme ós prazos previstos. Non hai titubeos, non hai bandazos. Non haberá, por tanto, necesidade de anunciar indultos ficticios.

Feijoo impuxo austeridade na súa xestión dende o intre mesmo de facerse cargo do goberno galego. As súas palabras, refrendadas con feitos, cotizan á alza; as de Zapatero, ó igual que a súa credibilidade, levas o vento.

2 comentarios:

José Ángel dijo...

Barreiro é preciso que entre todos botemos do goberno a estes maleantes.
Pero antes temos a cita local onde temos moitas esperanzas postas en tí como novo presidente da Deputación e tamén en Jaime para destronar a Don José.
Hai moito que traballar, estádelo a facer moi ben, pero nestes meses que quedan ata a cita electoral de maio, temos que botar o resto para facer realidade e que durante tempo levamos esperando:
BARREIRO PRESIDENTE
CASTIÑEIRA ALCALDE

JTIRIMOL dijo...

As declaracións que siguen a realizar unidas aos feitos, segen sendo falsas ou canto menos sospeitosas de selo, e inda por riba esperan que os cidadáns como oíntes xordos e mudos (que nos cren) as tomemos en serio e depositemos neles as nosas confianzas. Mais sempre ocultan a realidade ven sexa parcial , ou total como ocorreu nestes dous últimos anos co tema financieiro (ao que ti, Xosé Manuel, te referiches moi ben en diversos artigos).
Pretenden constantemente facernos crer que os cidadáns temos opinións contrarias a eles, cualidades ou virtudes, que eles mesmos son os encargados de sacárnolas, ao seu antoxo, cando a situación o require. Facendo así da hipocresía outro tipo de mentira máis que se une á coleeción socialista. Os compoñentes obxectivos e subxectivos que defenden son nulos, polo tanto a capacidade de que o PSOE sexa crido en tódalas súas manifestacións e eidos, é dunha credibilidade nula.
Polo demais estou de acordo con todo aquelo que espuxeches no teu artigo, a pena é que estes non se decatan de nada. “Más vale un minuto de vida franca y sincera que cien años de hipocresía”. (Ángel Ganivet). Sempre acabo os meus comentarios cunha frase para a reflexión e outra relacionada con músicos de Rock e de Heavy. Pero hoxe, é unha día distinto e o Rock e o Heavy, están de luto, como o meu futuro...



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!