jueves, 14 de octubre de 2010

O custo do sillón de Zapatero

Os orzamentos do Estado para o vindeiro ano son xa papel mollado e eso que aínda non recibiron a luz verde do Congreso.

Rodríguez Zapatero asegurouse de antemán, cun cuestionado acordo co PNV, que as súas contas, aínda que novamente baseadas sobre previsións erróneas, superen o trámite necesario. Pouco lle importa que a compra dese respaldo abrira unha profunda fenda entre comunidades autónomas. O obxectivo é, custe o que custe, manterse na Moncloa algo máis de tempo.

Non se trata de pormenorizar eiquí as razóns polas que ese proxecto de orzamentos resultará lesivo para o interese xeral do país e non só xa pola obrigada rebaixa da inversión productiva dada a situación económica actual, a altísima taxa de desemprego ou a inexcusable necesidade de controlar o déficit, senón porque non contribuirá a paliar e menos aínda a arranxar a grave situación na que nos atopamos.

O problema de fondo é que os datos macroeconómicos sobre os que o Goberno socialista sustenta as súas previsións non se axustan á realidade. E chove sobre mollado. A repercusión desas malas contas conleva consecuencias moi graves. Concellos, deputacións e comunidades autónomas saben ben o alto custe que lles suporá eses erros de cálculo e eso que, polo momento, só están cuantificados os fondos a devolver correspondentes ó ano 2008 (a nosa provincia suporalle directamente 14 millóns de euros e inevitablemente tamén teremos que aportar a parte que nos corresponda dos 2.600 millóns que terá que pagar a Xunta polo 2008 e 2009). E pronto sumarase a esta xa nada desdeñable cifra as correspondentes ós exercicios posteriores, porque tamén nestes o Goberno de Zapatero botou as contas da leiteira.

Agora, para o 2011, pretenden continuar pola mesma senda. E non é só o Partido Popular o que insiste en que un crecemento do PIB do 1,3 por cento é, dadas as circunstancias, imposible. Expertos e organismos nacionais e internacionais auguran que o dinamismo económico de España, no mellor dos casos, non chegará ó 0,6 por cento. O desfase, por tanto, é notorio.

E por si fora pouco, o propio gobernador do Banco de España recomenda a Rodríguez Zapatero (deixando patente a súa desconfianza sobre as previsións gubernamentais) que prepare un “plan B” para, no probable caso de que erre nas súas estimacións, poda reaccionar coa rapidez debida e necesaria nun contexto económico que non está para alharacas. Unha petición á que tamén se sumou o Fondo Monetario Internacional.

Dados os precedentes, principiando porque o Goberno ZP tardou máis de dous anos en recoñecer a existencia da crise, non lles falta razón e acerto na súa petición a Miguel Ángel Fernández Ordóñez e José Viñals. Mellor é pedir con antelación suficiente as vendas para coidar a ferida.

Todos, en definitiva, consideramos irreais as previsións do Goberno. Rodríguez Zapatero non transmite seguridade e o seu orzamento xenera unha inmensa desconfianza.

Está claro que, recoñecendo de partida que a recente reforma laboral imposta non vai a acadar ningún dos resultados para os que foi diseñada, que a débeda medra como a espuma e que as previsións de crecemento son incumplibles, pouco se pode agardar dos números que barallan os socialistas. E en Lugo, moito menos, porque en 2011 recibiremos case a metade do orzamento co que contamos no presente exercicio, colocando a nosa provincia como a máis perxudicada polos recortes de Galicia e a sexta no conxunto do Estado.

Non apacigua os ánimos, ou máis ben contribúe a exaltalos máis, que unha peza clave do Goberno Zapatero como é José Blanco ironice sobre as súas dotes fogueteiras. En Lugo coñecemos ben ó historial de digodiegos que ten o ministro de Fomento e as consecuencias que para o desenvolvemento e vertebración da nosa provincia teñen as continuas reprogramacións das que son obxecto infraestructuras básicas. A cruda realidade é que a estas alturas o Sr. Blanco, dados os seus continuos incumplimentos, carece de credibilidade. É o precio que debe pagar por non covertir nunca en feitos as súas palabras.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Zapatero es un incompetente, y todas sus previsiones acaban siendo erróneas y carentes de fundamento, parece que las dos tardes de clases de economía, que le impartieron hace un tiempo no fueron suficientes.
Los PGE son una constatación de que el PSOE está vendido a los partidos nacionalistas (en este caso al PNV) y que lo único que busca es mantenerse en la poltrona a toda costa. Nuestra tasa de paro duplica la media europea y nada hace presagiar que cambiará durante el año 2011, ya que un crecimiento inferior al 1% (como por desgracia será) no se genera empleo.
Zapatero se encuentra solo y si tuviera un mínimo sentido de Estado, lo que tendría que hacer, es disolver las Cortes Generales y convocar elecciones generales, para que los ciudadanos pudieramos manifestar de forma democrática cuál es nuestro sentir ante los despropósitos del Gobierno Zapatero (Plan E, Ley de Memoria Histórica, la propina de los 400 euros y un largo etc).
Este señor nos lleva a la ruina y pasará a la historia como el peor Presidente del Gobierno, por su "capacidad" de generar problemas y de enfrentar a la sociedad, y por su incapacidad para gobernar con un mínimo sentido común.

JTIRIMOL dijo...

Hai que partir da base, de que carecen da disciplina necesaria e precisa tanto para administrar como para organizar os recursos e a economía dun país, polo tanto endexamais lograrán, nen lograron durante estes anos de nefasto goberno e xestión, culminar dito traballo.

Xa que para culminalo precísase un proxecto político de alcance, cousa que eles carecen de telo. Despois, está o tema da negación permanente da crise financieira, o que supón outra mentira máis a súa colección, unha colección de mentiras temporais, únicas (pola súa forma de ser executadas), e progresivas, porque tapan cunha a realidade política que se está a vivir. Se, todos/as aprendimos na universidade ou no Instituto, que a economía é estudar a correcta distribución dos recursos escasos para satisfacer as necesidades da sociedade ou da xente, en definitiva do ser humano.

Por que ZP, trata de coller este concepto e cambiarlle o significado ata levalo ao eido político do absoluto fracaso?. Só, se me ocorre pensar, que non ten recursos para facelo doutro xeito. E que dicir do señor Pepe Blanco, fiel escudeiro e gardián de ZP e das súas palabras. Un ministro que deixa moitísimo que desexar, quizais demasiado como para selo. Con este panorama, non me extraña, pero sí me entristece bastante, que os orzamentos do estado para o 2011 sexan papel mollado, tal fosen as acción da bolsa de New York alá polo 1929.

E o peor é que ZP xera problema tras problema, e non atopa solución a ningún, e iso é bastante grave para a saúde política, económica e social dun país. Dun país, como España, que ten que ser un referente e estar na cabeza de europa, e non á cola da mesma, polo alto índice de parados/as e pola nefasta xestión do goberno socialista.

O dato que das, Xosé Manuel, é escalofriante, “o dinamismo económico de España, no mellor dos casos, non chegará ó 0,6 por cento”. É que verdadeiramente non hai ninguén no Partido Socialista que sepa ler datos, e previr semellantes catástrofes a nivel económico?. Non se decatan de que os perxudicados/as somos os mesmos/as de sempre? Non creo que ZP (discrepando co Fondo Monetario Internacional) deba aplicar un “plan B”, na miña opinión debería ter preparado tantos plans como letras ten o abecedario. Ou ter un pouco de vergonza toreira, ao Finito de Códoba, e abandoar o barco antes de que lle pase como o Titanic. Porque nen el é James Cameron, nen os cidadáns queremos ser os pasaixros del.

E, Xosé Manuel, non só Blanco carece de credibilidade, senón tamén ZP e todo o seu equipo de goberno. Porque foron víctimas das súas promesas, gardiás e carceleiros das súas verbas e discursos políticos (con promesas imposibles de cumplir).

A capacidade de xerar confianza e grados de coñecemento, é unha cousa que hai que gañar no quefacer cotiá. A confianza dáse a aqueles/as que sabes que non te van enganar nen defraudar. ¿Cómo lles vas/vamos dar a nosa confianza e depositar neles/as a nosa confianza? Se son incapaces de cumplir algo do prometido.

O único que quere a cidadanía e velos fóra da Moncloa, o camiño é e está sendo moi duro para todos/as os que estamos sufrindo a incapacidade duns políticos de facer eso, política, mais duro tamén será (para eles) o día no que as urnas falen...

Xa lle gustaría a calquera formación política, ter políticos coma ti, Xosé Manuel. Que copien algo de ti, se queren aprender... Nós, xa o facemos en cada mitín que dás, en cada artigo que escribes.
“La modestia es el complemento de la sabiduría”. (Bernard Le Bouvier de Fontenelle). Hoxe tampouco remato con ningunha frase de músicos de rock nen de Heavy, porque seguimos de luto.








¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mateo dijo...

O que se viu hoxe no pazo de feiras e congresos foi apoteósico. Milleiros de persoas compartindo xantar contigo José Manuel e ca demáis familia do PP de Lugo.

O Presidente Feijoo irá satisfeito da resposta dos e das lucenses inda que xa o viu nas eleccións pasadas.

Estou seguro de que algúns doutros partidos estarán botando fume polo traseiro ó ver esta morea de xente apoiando os seus líderes.

Logo dirán que si se pagou a pulpada cos cartos da Xunta de Galicia, que tal e que cual....

Pero a verdade é que o respaldo que tivestedes ti máis Castiñeira foi bestial... o máis grande que eu recordo.

Boa sinal de cara ós comicios do 22 de maio de 2011, inda que quedan intensos meses por diante.

Besteiro e OroZPo estarán tremendo ca que se lles aveciña.

Logo de 11 anos sin facer nada vese que os Lucenses queremos un cambio na política local e provincial.

OroZPo non pode fuxir agora do apoio que deu e dá a nefasta política de ZParo.

A política de ZParo, nefasta improvisada e irreal. Así nos vai de ben: cada vez máis paro, máis impostos, menos confianza, baixando postos a nivel mundial... En resumo, UN FIASCO.

O cambio comenzou fai pouca máis dun ano con Feijoo, agora tócavos a Castiñeira e a tí e máis adiante será a hora de Mariano Rajoi.

Polo de pronto, traballo e máis traballo e felicitarvos pola vosa incesante labor.