jueves, 9 de diciembre de 2010

O HULA, un orgullo

O novo hospital de Lugo é xa unha realidade. Non cabe dúbida de que é unha das infraestructuras máis anheladas e que, dende logo, supón un salto cualitativo sen precedentes na prestación sanitaria pública na provincia de Lugo.

Os máis de 250 millóns de euros de investimento, 40 deles adicados exclusivamente a equipamento, convérteno nun referente non só para o resto de Galicia e España, tamén para Europa. A tecnoloxía punteira coa que está a ser dotado colocao na élite sanitaria e permitirá mantelo a ese nivel varias décadas máis.

Algúns, na vez de felicitarse por elo, adicáronse a boicotealo ata rozar o absurdo. Alá eles, a estas alturas, xa non hai dúbida de que este centro hospitalario, amplo, moderno e con vocación universitaria, supón un antes e un despois na sanidade pública da provincia de Lugo. Un antes e un despois no que, non hai que esquecelo, son parte fundamental todos e cada un dos seus traballadores, sexa cal sexa a súa responsabilidade, e que xa deron (e seguen a dar) excelente mostra do seu bo facer no vello Xeral.

A realidade, como acontece sempre, pon a cada quen no seu sitio e marca as diferencia entre os que empregan calquer excusa para facer demagoxia política e os que se adican a traballar, con seriedade e rigor, para conquerir o obxectivo de poñer a disposición de todos os lucenses os mellores servizos posibles.

O Lucus Augusti contempla a prestación dunha asistencia sanitaria mellor e máis ampla, garantindo, por exemplo, unha atención oncolóxica integral; e unha área de hospitalización máis confortable, non en vano triplica a superficie do Xeral Calde. Eso é, a estas alturas, xa absolutamente incuestionable.

Unhas instalacións, en definitiva, de alto nivel e á altura dos tempos e do que precisa e merece Lugo e os seus habitantes. E nesta liña hai que seguir, alleos ós que tozudamente negan as evidencias e queren entorpecer calquer progreso, sexa da índole que sexa, antepoñendo sempre o interese partidista ó benetar xeral.

6 comentarios:

JOSE ANGEL dijo...

O pasado martes fun ó HULA para coñecelo e quedei fascinado. Parécenme impresionantes as instalacións e a planta do complexo.
Necesitábamos un hospital así para a provincia e a cidade.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Eu tamén fun ao novo hospital e as instalacións impresionantes, e xa sabemos que é un dos mellores de España e máis de Europa. Agora eso é o físico, o que está ahí, inerte á realidade, pero a xente que traballa nel, estará á altura do mesmo?.

Está moi ben esas fotos de Alberto na entrada do mesmo, pero tamén tería que vir por exemplo o xoves ao Hospital Xeral, no cal ingresei e nunca na miña vida me trataron tal mal, nen a min, nen aos compañeiros/as enfermos/as que estaban en urxencias.

Os cales semellaban un rebaño de ovellas, e o persoal do hospital os seus donos. Lamentable...

Hora as 14:45, entro no Hospital por un forte dolor no tórax e no corazón, que me ía a rebentar. Espero 10 minutos a que recollan os meus datos, os cales non aparecían, (curiosamente os dos inmigrantes colombianos e brasileiros/as que estaban ali pasando o tempo apareceron ao momento, cousas deste país), paso para a sala. Atopo á xente protestando (e máis tarde decateime de que o facían con tódala razón).

Chámanme, pregúntame que me pasa de malas formas. Contesto educadamente. Fan caso omiso, Tómanme as pulsacións. ¡¡Coidado!!!. Ahí xa me empezan a facer caso e a preguntar, non vai ser que morra antes de atenderme. Mándame outra vez para a sala. Máis protestas, celadores, enfermeras, fóra, en grupo, fumando, charlando. Dentro; dúas señoras da limpeza. ¿vamos ben? Pois vamos tirando. Ao final chámanme, entro no box 5, con outros dous pacientes, “No sé que pasa pero ya estoy cansada de tanta gente enferma, ayer y hoy, esto es un infierno no tengo tiempo a nada” Frase que lle solta, diante dos meus fuciños, unha médico a outra. Preguntan, respondo.

Asústeime un pouco, vomitei, ninguén se preocupou de min. Fixéronme un electro, e inda me botan a bronca por mover os brazos. Porque o teñen que repetir. Vaia por Dios, menudo delito, que me denuncien ou que me metan preso. Deciden levarme a sala de raios x, non sen antes darme unha pastilla para o corazón.

E ahí xa empeza o espectáculo lamentable, de todo o persoal do hospital, que non vou a reproducir escrita nen verbalmente, porque senón dame un infarto e morro, pero esta vez de verdade. Pasillos cheos de camillas, de xente en sillas de rodas, de pacientes coma min, que non atopan resposta, que non atopan nada agás a mala educación do persoal. A dos raios x, chama a xente, e algunha señora maior non oe o seu nome, e enfádase con elas, por non estar atentas. Unhas señoras maiores en camilla duns 70 anos unha e outra dunhos 80, que nese momento estaban sen compañante, abandoadas no medio do pasillo, como cojones van oir o que dis? Quen cojones eres ti para berrar coas ancianas enfermas?. En fin vámonos tranquilizar. Chámanme, e bótanme a bronca na segunda placa por non saber pór os brazos ben, ten que disculpar é que non acostumo a pórme ao borde da morte tódolos días para saber como se fai isto. Esperamos, saen as probas, para outra sala.

Os pacientes queixanse. Hai xente no pasillo en camillas, as ambulancias levan aos enfermos para calde. O malestar e a desesperanza por non saber pode verse no rostro da xente que me rodea. A unha meller cáenlle dúas bágoas, tentamos consolala entre todos/as os que estabamos ali. Uns berros de terrible angustia perfórannos os oídos e encóñennos o corazón, veñen do pasillo, unha señora moi maior nunha camilla, coa agonía de compañeira e a soedade e incertidumbre como resposta, cunhas dores terribles e uns berros que lle encollerían o corazón e a ánima a calquera, e ali soiña, coa súa filla, sen saber nada, sen saber se se queda, se se vai, se vai para Calde, non hai ninguén que veña e non hai ninguén a quen preguntar..

Na sala a desinformación e o non atendemento é o que impera. Entre nós conversamos para facer máis amena aquela tortura. Un señor maior díxome “o primeiro hospital estaba preto da ronda do carmen, dividido en sete pavillóns por enfermidades, coa mesma estructura que o novo” A verdade é que quedei bastante sorprendido coa cantidade de anécdotas daquel entrañable señor.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Unha rapaza máis nova cá min comeza a chorar, porque ali non vén ninguén, ten dores e reina a lei do silencio, outra ao meu carón tamén.

Os enfermos agólpanse ata case non coller nas salas nen nos pasillos. Oise a unha enfermeira “Canta xente debemos dar churros”. Mellor nen comentar, pouco a pouco fóronnos chamando a todos/as (despois de 4 horas).

A xente que tiña que ir para Calde levábana ao momento, pero a xente que se tiña que quedar ingresada ou en observación, non sabía nada. “Ya te lo dirá mi compañero”. Era a frase máis repetida. Por fin me chaman, outra vez para o box 5, o diagnóstico é privado e persoal. O trato recibido indignante e dunha falta de profesionalidade total. Agora entendín porque ás 14:45 a xente que estaba na sala se queixaba e a que saía tamén o facía.

De pouco vale ter o mellor hospital de España, se o Servicio Galego de Saúde é como ata de agora. E por certo no novo Hospital os gardas de seguridade son uns prepotentes e mal educados.

Témome que a infraestructura, o complexo e as instalacións de alto nivel estarán moi por riba da xente que alí traballe. Alberto cando veu á inaguración, pois as fotos quedaron moi fermosas, ao igual cas (oportunistas) de Orozco, pero deberían pasarse un día sen avisar para ver como funcionan as cousas no mundo real.

Sinto, esta crítica, Xosé Manuel, e síntoa con toda a miña alma, pero coido que hai que facela, porque se chego a morrer, a miña morte non lle importaría a ¡¡¡NINGUÉN!!!. E pasaría a ser un número máis igual cás persoas da cola do paro, un simple número...
Sei que estudiarás esto, porque a diferencia dos demais; ti es político e persoa.

"No se preocuparán más de mi enfermedad, cuando han oido que no es contagiosa" (Valeriu Butulescu)








¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Jtirimol, escribes o que todos pensamos, espero que no sea nada y sólo se quedase en un susto. Siempre escribes lo que la gente piensa pero no se atreve a decir, desde luego tú tenías que ser el representante de Nuevas generaciones en algún sitio, si tienen cabeza espero que te tengan en cuentan y no metan a otra o otro imberbe, lo dice un afiliado de O Curutelo.

Adrián dijo...

Espero que non caiga en saco roto o que nos conta JTirimol. Comprendo que ás veces o persoal de Urxencias está sobrecargado de traballo, mais a prepotencia e a mala educación son inxustificables. Hoxe en día, cada vez hai máis xente que usa os foros en internet como un xeito de exercitar o dereito ao pataleo, e cada vez somos máis os que lemos neles. Que tomen nota.

Saúdos.

TAMI dijo...

Chámome Tamara e vivo en San Vicente de pedreda, concretamente en Abuín, e tiven que ir a urxencias con miña avoa tres veces, é o que di Jtirimol é totalmente certo, inda me atrevería a dicir que se queda curto en todo o que escribiu, e que ese día era un bo día para o persoal de urxencias. Da última vez case perdo os papeis, si señor jtirimol con un par, así se fala. E estou completamente de acodordo co comentario do comentarista Adrián. Que vaian tomando nota.