miércoles, 19 de enero de 2011

Austeridade: do dito ó feito

Alberto Núñez Feijoo introduciu durante a súa toma de posesión como presidente da Xunta de Galicia o concepto de austeridade. Reducir o seu executivo, a propia estructura orgánica da administración autonómica, os gastos non productivos… foi o resultado de aplicar a súa máxima de facer máis con menos.

O que daquela foi unha proposta inédita, acabou por asentarse na filosofía política doutros gobernos. Hai, nembargantes, quen só fala dela, pero que está moi lonxe de aplicala.

Sin ir máis lonxe, na Deputación de Lugo, que conta cun orzamento que supón menos do un por cento do que manexará a Xunta este ano (pouco máis de 92 millóns de euros fronte a preto de 10.000 millóns), adícanse 638.000 euros a cubrir os salarios do seu equipo de goberno, xa que 12 dos seus 14 membros cobran da institución provincial. Feijoo e os seus 10 conselleiros, perciben 700.000 euros.

A primeira vista, está claro que, a tenor das competencias de uns e outros, existe unha desproporción notable. E resulta obvio concluir, por tanto, que o bipartito provincial saenos moi caro ós lucenses.

E non se trata de cuestionar o salario dos políticos. É lóxico e lexítimo que, como calquer outro traballador, teñan unha retribución digna e acorde coas súas responsabilidades. Pero cos tempos que corren, con moitas familias pasando por grandes dificultades derivadas da falta de emprego e da compricada situación económica na que nos atopamos, os cargos públicos e as administracións no seu conxunto deben dar exemplo.

E a Deputación de Lugo, non cabe dúbida, non é modelo de austeridade. Sin ir máis lonxe, os membros do goberno dispoñen de 27 asesores; 27 recoñecidos oficialmente como tales, porque hai otro grupo, bastante numeroso por certo, que son cargos orgánicos do PSOE e que tamén cobran da institución provincial. E fano, non porque foran elexidos para elo, senón porque os seus compañeiros, tamén socialistas, buscáronlle algún cometido á medida co que xustificar o seu soldo millonario. Pese a estas circunstancias, hai algún que ata se permite andar pedindo dimisións por aí.
En fin, que facendo números, a suma dos salarios que percibirán nesta lexislatura o goberno e os seus asesores “oficiais“ ascende a case seis millóns de euros.

Seis millóns cos que se arranxarían numerosas estradas, acondicionaríanse moitos metros de chan industrial e mesmo podería financiarse algunha que outra medida que contribuíra a dinamizar a actividade económica na nosa provincia e, por conseguinte, a afianzar empegos ou a xerar outros novos, estables e de calidade.

E se con estes cartos xa poderiamos financiar importantes actuacións, imaxínense o pulo que lle dariamos ós nosos sectores productivos básicos, ás infraestructuras ou mesmo o que avanzariamos no reequilibro territorial da nosa provincia se se adicaran a este fin os 16,3 millóns de euros dos que, baixo o ambiguo epígrafe de “gastos diversos”, dispuxo e disporá (a partida para este exercicio ascende a 4,1 millóns de euros), para o seu gasto discrecional e sen que dende a oposición poidamos fiscalizar o seu emprego, o Sr. Gómez Besteiro.

Estes son os datos (fácilmente contrastables, por certo). Agora que cada quen saque as súas propias conclusións.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Es de coña. La provincia muriéndose de vieja y estos a malgastar el dinero de todos en lugar de inventirlo de forma razonable. Menos mal que en unos meses hai elecciones y los botamos con b de bandidos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Ista é unha historia que xa me sona e que vén de lonxe, se os anos do bipartito na Xunta de Galicia foron un verdadeiro fracaso, onde non houbo ninguén capaz de coller o timón político do barco, e todo foi um despropósito, unha pésima xestión e um fracaso absoluto. O que lle pasa a nosa provincia co bipartito é exactamente o mesmo, un despilfarro excesivo e moi pouco traballo por parte de aqueles que nos representan. Ou que (desgraciadamente) presumen de facelo.

Os datos falan por si mesmos, e é para botarse as mans á cabeza, a súa política de República bananera só se basou nun gasto de cartos de forma e de xeito incontrolado, sen sentido, innecesario, de maneira insensata na cal o derroche, a dilapidación e o dispendio son as columnas verticais que sosteñen dita política.

O plan de Austeridade de Alberto, é un xeito de facer política onde todos/as se tiñan que mirar, ante a forte crise económica que azouta ao pais enteiro, um político (representante da cidadania) non pode despilfarrar non pode non saber xestionar, non pode carecer de capacidade para administrar os cartos nos momentos difíciles, xa que se é incapaz de facer boa política económica agora, será un verdadeiro fracaso cando os tempos sexan mellores. Exemplo; véxase os catro anos de bipartito na Xunta de Galicia.

Pero sempre dixen e defendín que a esquerda endexamais se lle deu ben facer delixencias ou trámites precisos para resolver un problema, nen dirixir e administrar o patrimonio de tódolos/as cidadans. Dáselles mellor os descursos baleiros de toda lóxica, a demagoxia barata que se compra en calqueira feira, as promesas incumplidas, o carecer de proxectos sólidos e o saber gobernar sen empeorar nen torces máis o que eles mesmos, cada dia que transcorre, torcen e empeoran, e despois os demais vémonos negros para poder enderezar a situación, e para facer que esta esquerda volva á realidade.

Habería que escribir un libro que se titulase, A gran mentira da esquerda. A ver se algún dia teño tempo e comezo a facelo, aportando datos, que eses son exactos e falan por si sós sen réplica ao rebate. E en canto ao tema dos nacionalistas tamén daria para escribir unha enciclopédia enteira, resulta que só se dedican a empregar a língua como instrumento ou arma que separe a todos os galegos, colléndoa e facendoa súa, ignorando que a língua e de todos/as nós e non deles. O máis simpático do asunto, aqui en Lugo, e que eu escoite en diversas conversas e foros un rechazo total cara a Deputación (que para eles non vale para nada e hai que sacala), pero como as benditas matemáticas volven ser exactas, e repasando os datos e números, resulta que os tres deputados do Bloque cobran entre 50.000 e 60.000 euros anuais. Pero estes non eran os que defendían que a deputación debería desaparecer. ¿estamos todos tolos?, ou ¿tómannos por parvos?.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: O que Besteiro cobre o mesmo que Alberto, sinceramente non coido que sexa un motivo de alarma en circunstancias normais, nestas si o é. Se a Deputación xerase traballo e invertise o que ten que invertir na nosa província, respetando a Lugo e aos que vivimos nel por riba de tódalas cousas, non me pareceria mal. Xa que a presidenta da Comunidade de Madrid cobra máis co Presidente do Goberno. Pero aqui, hai un dato que me chamou a atención, e do cal supoño que o Partido Popular xa pediria explicacións e se non é así, deberías facelo, Xosé Manuel. É dicir o goberno provincial custou 22 millóns (que é abondo custar, pero bueno, deixémolo), pero se deses millóns que nos custou a todos hai uns 16 millóns que non se especifican en qué se invertiron, aquí hai que facer algo, e a min, non me vale o de “gastos diversos” non me vale porque eso e rirse de todos/as ou especifican eses gastos diversos ou xa me direis?. Porque dende logo en crear postos de traballo e en invertir na nosa provincia non o fixeron. E se o fixeron son máis burros do que pensaba, porque os estafaron. Así que sexamos serios e poñámoslles as cousas claras a eses señores e que deixen de representar a nosa província.

Se xa non é Besteiro, é o señor Antón Bao que vén polas Aldeas e parroquias (incluída o meu pobiño, San Juan de Tirimol) en tempo de festas a facer o ridículo e a dar discursos pobres e baleiros, que carecen de toda lóxica, mágoa que sexa licenciado en Filología Gallego-Portuguesa, e que sexa profesor de Língua galega e Literatura. Isto non o digo porque os profesores non teñan que ter a súa ideoloxía, que quede bem claro, e paréceme lóxico, dígoo porque exercendo unha profesión tan fermosa e impartindo unha asignatura tan magnífica que despois faga uso da sinrazón, non ten pés nen cabeza. E despois mandará aos seus empregados a falar outra vez do Plan Xeral (a ver com que nos sorprenden esta vez).

Pouco traballo, moito despilfarro.

.”Tu conciencia es la medida de la honradez de tu egoísmo. Escúchala atentamente”.
(Richard Bach)


SIN EMPLEO, GRACIAS! http://www.youtube.com/watch?v=GVDRRf3a4K0



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Mateo dijo...

Están a cobrar ben polo ben que o fan. Repartindo subvencións os colectivos amigos e ca camara ó lombo a todos os saraos, esa e a maneira de traballar do Sr. Piñeiro
Que se gastaran 22 millóns de euros en catro anos, inda non, manda truco na Habana!!! Deses 22 millóns que 16 sexan para gastos diversos, non ten nome.
E xa é a rehostia que os amigos do BNG, eses que non queren as Deputacións, eses que queren qeu desaparazcan (cando a perdan), cobran 10.000.000 millóns das antiguas pesetas ó ano. Caramba para o Bao, como fará na oposición no concello?

Xan das bolas dijo...

"Seis millóns cos que se arranxarían numerosas estradas, acondicionaríanse moitos metros de chan industrial e mesmo podería financiarse algunha que outra medida que contribuíra a dinamizar a actividade económica na nosa provincia e, por conseguinte, a afianzar empegos ou a xerar outros novos, estables e de calidade".

Como che gusta a demagoxia, rapaz. Valeu o das sillas, valeu o dos Audis (a maioría comprados na época de Fraga como presidente e Feijoo de conselleiro), o bar-neveira do coche de Quintana (que de 3.000 euros pasou a 30 cun so vistazo) e agora supoño que tamén acabará valendo esto.
En fin... máis do mesmo, tampouco me sorprende.

Anónimo dijo...

Creo que también se podría hablar del Ayuntamiento de Lugo, en cuanto a "asesores" metidos en puestos de confianza, sus productividades, sus dietas...y su trabajo. A alguno se le caería la cara de verguenza, si no fuese porque ya está acostumbrado a gobernar así...