lunes, 31 de enero de 2011

Os desfases de Zapatero

Responsabilizar ás comunidades autónomas, ás administracións locais e ós cidadáns dos males económicos que asolan o país é unha máis das cruzadas nas que anda inmerso Rodríguez Zapatero nos últimos tempos.

Todo vale para tentar zafarse das miradas que o apremian a buscar solucións. Pero calquer estrataxema que empregue é en balde.
A realidade é que o 80 por cento do déficit do Estado é consecuencia directa das decisións inaxeitadas adoptadas polo seu goberno e os cidadáns son conscientes que son eles os que están a pagar as consecuencias dos erros cometidos por Zapatero e os seus ministros.

Son de sobra coñecidas as repercusións do incremento do IVE en todos os eidos, pero a elo hai que engadir que a luz subiu un 10 por cento; o gas case un catro; a bombona de butano máis dun tres, ó igual que os billetes de ferrocarril de media distancia e cercanías e non digamos xa ata onde chegan os carburantes… E eso sin contar que os funcionarios cobran de media un cinco por cento menos; que se conxelaron as pensións; que se eliminiou o cheque bebé; que os parados que agotaron as prestacións non teñen axudas… En fin, un comenzo de ano para esquecer.

E a todos estes males, que xan son moitos, hai que engadirlle os que se cirnen sobre as administracións locais como consecuencia dos erros cometidos polo goberno central á hora cuatificar o importe dos fondos a transferir ás comunidades autónomas, deputacións e concellos.

Esa mala planificación, reiterada ademais pese as ser advertidos de tal circunstancia, levará aparellado outros problemas de consecuencias desastrosas.

Fíxense que Galicia, pese a que o goberno de Feijoo cumpriu escrupulosamente os obxectivos de déficit que lle marcou o goberno central, terá que devolver 2.575 millóns de euros ó Estado a conta dos anticipos recibidos durante 2008 e 2009. Súmenlle ademais os 428 millóns que por este concepto terán que reembolsar os concellos e deputacións. E eso que aínda está por cuantificar a cánto ascende o desfase entre ingresos previstos e reais do 2010 e que haberá que sumar ós anteriores.

É dicir, que despois de todos os apretóns ós que obriga a subida xeralizada de impostos, os lucenses, por aludir ó caso que máis preto nos queda, teremos que rascarnos o bolsillo e devolver ó Estado 56 millóns de euros por culpa da incompetencia de Zapatero.

En fin, que por moito que dende a Xunta de Galicia se actúe con responsabilidade e se conteña o gasto (aí está o aforro de 300.000 euros diarios co catálogo de medicamentos que, aínda por riba, a ministra de Sanidade quere impugnar, ou o concienzuda reducción da administración paralela que se está a acometer e que xa permitiu rebaixar o seu custo en 13 millóns de euros), non poderá esquivar o golpe que suporá esta circunstancia.

Os desfases das contas da leiteira que fai Rodríguez Zapatero pasan factura día a día e cada vez con máis crudeza.

13 comentarios:

Anónimo dijo...

Su opinión me ha hecho recordar la noticia de la que se hicieron eco los medios de comunicación recientemente sobre el descenso de la natalidad en año pasado en Galicia y el conjunto del Estado. Retiran el cheque-bebé, con sus cosas buenas y peores; pero, ¿cuándo habrá una verdadera política de familia en este país, como la que existe en Francia o en muchos otros países de nuestro entorno? Creo que nos beneficiaría mucho más que otras medidas a la hora de garantizar el pago de las pensiones de las próximas generaciones de jubilados. Un saludo de un seguidor.

Anónimo dijo...

Es vergonzoso que ZP siga en los medios mintiendo como un bellaco. Ahora dice que con las renovables está creando empleo, cuando en realidad ha pulverizado el sector.

Anónimo dijo...

José Manuel, sigue así, el PP cada día que pasa es mas fuerte, mas valorado y nuestros vecinos y ciudadanos saben que la única opción pasa por un gobierno serio y que NO MIENTA , que nos digan la realidad, por que los que estamos en la calle.... ya la sabemos,
las cosas están mal y no estamos para estampitas

Anónimo dijo...

Da política económica deste goberno xa non se pode dicir nada novo, ou alomenos nada que non sexa inxurioso. Eso sí, chama a atención que os propios medios de comunicación non digna nada a pesares de que o están pasando mal e os propios periodístas, xa puteados de cotío, teñan soldos de mileuristas. Nótase que ós de arriba os teñen contentos. Esot é como Exipto pero sin pirámides.

Raphael dijo...

El daño que está haciendo Zapatero a la economía de España no tiene precedentes y, dentro de unos años, será estudiado en las facultades de económicas como paradigma de lo que no debe hacerse en política económica. Espermos que al menos sirva para que nunca más permitamos a incompetentes como éste llegar a tan altas cotas de poder.
Es lamentable ver a un presidente de gobierno tan desnortado, incapaz de tomar una decisión económica coherente con la anterior, completamente desbordado por la situación económica y sin saber que hacer. Da verdadera pena ver que se ha convertido en la nada más absoluta escondido tras la polvareda levantada por alguno de sus ministros.

Sara Torres dijo...

A nefasta situación que estamos a vivir ten un culpable o Sr. Zapatero e o seu goberno que non atina, e que unha vez máis fai pagar as suas falsas previsións economicas e os seus despilfarros aos outros: funcionarios, pensionistas, parados, ao pobo en xeral... e agora aos Concellos, Diputacións e a Xunta de Galicia. E triste que agora Sr. Feijoo teña que devolver o que el non gastou.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: O peor que lle puido pasar a España é ter como Presidente do Goberno a este señor, que eso si, fará historia cando o seu Goberno e as súas estratexias políticas pasen a ser lembradas como as peores de toda a Democracia.

Cando alguén non quere entender, dá igual que se lle diga, repita e volva a dicir que se está trabucandpo e que vai por mal camiño, porque vai seguir facendo o que lle dea a el a gana, sen pensar nas terribles consecuencias que eso supón na cidadania.

Probablemente a mellor xeración de xóvenes ben preparados perdeuse por culpa deste señor, e senón non hai máis que botar un ollo á taxa de paro xuvenil realmente lamentable, e eu pois sendo un número máis nesa estadística. Estará orgulloso este señor delo. Alterou o curso normal da economía neste país, despilfarrou o que lle deu a gana e máis, a xestión para el non existiu. E entrou en crises dentro do goberno, e solucionouno poñendo parches, entre eles ao veciño de Palas de Rei no ministerio de fomento, ver para crer. E agora semella que hai unha crise interna dentro do proprio partido e que están divididos, cousa que ben pouco me preocupa. E hai rumores de dimisión ou de cambio, que se Rubalcaba que se Blanco, que se perico de los palotes, pero solucións ningunha.

Precisamos que a cidadanía dea a maioría absoluta ao PP, para que poida arranxar todo o que os socialistas capitaneados por este señor se encargaron de torcer. Precisamos a política dun partido serio que se preocupe pola cidadanía e que deixe a un lado os intereses particulares, e que xestione e non despilfarre. Quizais lle haxa que mercar un espello a este señor, para que vexa o seu despilfarro fronte a xestión que está facendo a Xunta de Galicia nas mans de Alberto.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Pero claro, que se dende o Goberno central seguimos así pois pouco hai que facer. Dicía Noel Clarasó “Odiar es un despilfarro del corazón, y el corazón es nuestro mayor tesoro.” Pero o corazón de todos os españois xa se está cansando de pedir explicacións a un Goberno mudo á hora de dar solucións. Benjamin Franklin xa dicía que “El camino hacía la riqueza depende fundamentalmente de dos palabras: trabajo y ahorro”. O traballo debe de estar orgulloso, porque eu se fose político, militante, simpatizante ou simplemente votante do PSOE caeríame a cara de vergonza de ver que este señor é que nos está a representar e quen mira polos interes de toda a cidadanía sendo o máximo responsable dela.

E como votante sentiríame absolutamente estafado e timado, ante un político incapaz de cumplir algo do prometido e incapaz de ter capacidade para tomar o timón político e pór solucións enrriba da mesa para tentar resolver esto. É totalmente lamentable o que hoxe está a acontecer en España, é ridículo e case de chiste esta política bananera baseada en parches, improvisacións constantes, promesas incumplidas e falsedade polos catro costados da mesma.

Moito puño e moita rosa pero o país á deriva, 5 millóns de parados, estadística, números, realidade e probablemente alguén que lea isto, sexa un máis. Aristóteles dicía que “El castigo del embustero es no ser creído, aun cuando diga la verdad” Quen sabe se cada vez que abren a boca minten ou non?. É imposible porque o fixeron tantas veces e ademais mesturando dita mentira coa improvisación constante, que nen eles mesmos se dan conta da política que fan e con ela do dano que nos están facendo a todos/as.

Que razón tiña Marco Tulio Ciceron cando afirmaba que “Aunque digan la verdad, los mentirosos no son creídos” Quen vai crer a semellante tropa. É imposible crer neles nen depositar a confianza nos amagos de progamas electorais que levan a cabo.

Coido que faltan algo así como 110 días para as Municipais, onde van levar o primeiro pao, sendo Jaime o Alcalde que precisa a cidade de Lugo, e sendo ti, Xosé Manuel, o noso presidente. Que sigan así que os que sembran vento recollen tempestade. O peor é os que estamos no medio e temos que pagar as súas consecuencias.




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

José Ángel dijo...

Zapatero e a súa nefasta política fan de nos o país de cola en Europa. Tres veces máis alta a tasa de paro que en Alemania, por exemplo, ou Holanda, Belxica... Así nos vai con este sinvergoña que continúa aferrado a seu cargo sen soltalo.
Estanos a afundir e cando chegue o PP ó goberno, como atopará este país?
Este Zapatero e un pesadelo do que non damos espertado e tardaremos moito en recordar...

mateo dijo...

España necesita volver á política do sentido común. Necesitamos un goberno respetable y eficaz así como a garantía de unha política social que a atopamos na política económica que facedes dende o PP e non na política do incompetente de ZParo.

Cernadas dijo...

La situación económica de España no se sostiene ya. Primero nuestro presidente negó la crisis, después nos auguró un primer puesto en la «Champions League» . Una vez que no tuvo más salida que reconocerla empezó a ver brotes verdes, y ahora que la situación casi nos ahoga, toma medidas drásticas obligadas por nuestros fuertes vecinos europeos.

Sólo con poseer un mínimo de dignidad y sentido común Zapatero dejaría de seguir haciendo este daño irreversible a su país. El ya va a cobrar de por vida una pensión y vivirá como un maharajá el resto de sus días, mientras los cinco millones de parados y sus familias seguirán sin cobrar ni siquiera un subsidio y la cifra seguirá aumentando a partir de febrero.
Por esto y por muchas otras cosas, por favor, Zapatero ¡VETE YA!

Nabo dijo...

Sinceramente pediría a Zapatero que pensara por un momento en la juventud española suficientemente preparada y que no tiene más horizonte que emigrar al extranjero. Que piense por un momento en nuestros hijos, pensionistas, funcionarios y que tenga la modestia de abandonar la tarea que sobradamente demostró no saber cumplir. También que alguno de los apoltronados compañeros de su partido hiciesen un pequeño gesto de racionalidad y pensasen en algo más que en sus maravillosas prebendas.
Pero, claro, tal vez sea demasiado pedir....

Anónimo dijo...

As novas de hoxe en El Progreso sobre os DESFASES do Alcalde de Barreiros deixan en evidencia ao PP.
¿Vas dimitir Barreiro?