martes, 8 de febrero de 2011

Outra vez as caixas

Caixanova e Caixa Galicia principiaron a operar como Novacaixagalicia o pasado 1 de decembro. Fixoo tras acometer unha fusión na que, máis aló dos inconvintes lóxicos dun proceso desta envergadura, primou o interese xeral de Galicia e cumpríronse escrupulosamente os requisitos requeridos para ela, incluido claro está o da solvencia. Fixoo ademais con todas as bendicións pertinentes: a do propio Goberno do Estado, a do FROB e a do Banco de España.

Dous meses despois, nada serve. O Goberno de Zapatero rizou o rizo e, como fai sempre, os seus digodiegos desbarataron dun plumazo boa parte do traballo feito e, o que é peor, as esperanzas depositadas na nova caixa galega que, con non poucos esforzos, continúa a ser galega. Pese a todos os pesares, é de salientar (e valorar) que tanto os xestores da nova caixa como os responsables da Xunta, non renuncian ó mantemento e continuidade deste proxecto

E non hai que esquecer que os socialistas, e nomeadamente o executivo nacional, nunca quixo que este proxecto chegara a bo porto. Na lembranza está aquela decisión arbitraria de presentar un recurso contra o Constitucional, os desplantes contra o goberno galego cancelando reunións no último momento, os intentos por todos os medios posibles, en definitiva, de bloquear as lexítimas aspiracións de Galicia.

Agora, superados todos aqueles atrancos iniciais, impulsa un cambio de rumbo sen precedentes dentro das habituais autoenmendas coas que os socialistas están a impregnar a súa acción de goberno e que, de tan reiteradas, convertéronse xa en marca consustancial da casa.

Da noite para a mañá (e non é un eufemismo), Zapatero pretende (e obriga) a que as caixas de aforro cumpran en seis meses, de eiquí a setembro, as condicións pactadas nos propios procesos de fusión cun horizonte temporal de cinco anos. O que supón un ataque frontal á continuidade e supervivencia das caixas en xeral e, no caso concreto galego, tenta arrebatar a Galicia o mantemento dun peso específico propio no ámbito financieiro estatal.

A improvisación volta a ser a constante do goberno socialista, ó igual que a arbitrariedade no emprego de raseiros distintos según de que tipo de entidade se trate. Ademais, arrebátalle ó Banco de España autoridade e, por extensión, reputación. Resta por tanto credibilidade internacional o noso sistema financieiro e, por extensión, a nosa economía nun intre moi delicado no que non estamos precisamente para tirar foguetes.

Haberá que ver en que remata todo esto, porque seguro que a vicepresidenta e ministra de Economía sorprenderanos aínda con algún que outro cambio.

En calquera caso e pese a todos os pesares, é de salientar (e valorar) que tanto os xestores da nova caixa galega coma os responsables da Xunta non renuncian ó mantemento e continuidade deste proxecto (sentir que, creo, compartimos todos os galegos) e están xa a traballar para cumprir os novos requisitos impostos.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Un artigo moi atinado, Sr Barreiro. Os españois estamos vendidos ata que nas próximas eleccións xerais non se produza ese ansiado cambio de Goberno en España. O Xefe dun Poder Executivo ten que estar en posesión de dous requisitos básicos para levar as rendas da nación: sentido común e honradez. Isto ten como consecuencia inmediata que todo o mundo sabe a que se pode ater con el, é dicir, xera confianza, é digno dela.

ZP fíxose indigno desa confianza en numerosas ocasións, pero unha das máis importantes foi a das eleccións de 2008, que as gañou mentindo irresponsablemente sobre o que se nos viña enriba aos españois que se deixaron enganar tanto por el coma por Pedro Solbes (a propósito disto, é moi recomendable revisar o debate Solbes-Pizarro).

O caso das caixas de aforro é outro exemplo da falta de criterio e de fiabilidade de ZP. Isto é, lévase a cabo a fusión de Caixa Galicia e Caixanova cunha folla de ruta moi clara; entre outras cousas, obrígaselles a realizar un esforzo na dotación de provisións, e apenas transcorridos dous meses dende a fusión lles cambian as regras do xogo coa esixencia de alcanzar un “core capital” do 10% para o mes de setembro, despois de verse reducidos os fondos propios tras as mencionadas provisións, o que lles dificulta chegar a setembro cos novos deberes feitos.

Isto e outras moitas cousas máis lévanme a preguntarme a quen serve realmente o goberno socialista, porque está claro que aos cidadáns non.

mateo dijo...

Dous terzos do Parlamento galego queren que o Goberno central reconsidere o plan que anunciou para as caixas e non concretou e retire as esixencias de capital mínimo que deben ter as entidades.
Cada vez son máis voces as que reclaman un trato igualitario para caixas e bancos.
Este goberno está a dar bandazos ata que nos leve á fondo do pozo.

JTIRIMOL dijo...

Totalmente de acordo contigo, Xosé Manuel, excelente artigo que o único comentario que merece é o de ratificar cada liña, cada párrafo e cada palabra que aparece nel.

E se me permites, como a actualidade manda gustaríame volver facer mención a escabachina de paro e económica que están facendo os señores do goberno central. semella que a historia se repite, que non nos aburran coa fe, porque os nosos ollos só cren aquello que ven, e a historia é inalterable e o tempo inmortal, e non se pode cambiar por moito que o tenten de facer algúns.
O peor que non hai solucións e se as hai eles non as teñen, e que no 1929, a crise rematou en Alemaña coa II Guerra Mundial, enfrontándose o liberalismo capitalista, o sistema socialista e o nazi-fascista. ¿Qué pasa se isto non mellora? ¿Qué acontece se seguen medrando o número de parados?. ¿Qué solucións nos aporta o Goberno de España?, que os xóvenes teñan que seguir engrosando as lista do INEN é lamentable porque a mellor xeración de xóvenes preparados perderase no vacío do tempo por mor destes. E non hai solucións, e de pouco me serven as cándidas verbas que alguén dos que tapan a realidade cun pano negro, solte en discursos ou postas en papel, Quero soluccións e queroas xa, querémolas xa. Porque estamos fartos de soportar ista situación e non sabemos canto máis se pode aguantar así. Ou Zapatero e o resto do seu Goberno, toman solucións serias xa, e non de titiriteros de feiras baratas, ou que haxa eleccións anticipadas, e diexen o goberno aos que queiran traballar para España e para os cidadáns. Así de claro e así de duro, como a vida mesma, é crudo pero é a triste realidade.
E hai que valorar que os responsables da Xunta de Galicia e os de nova caixa galega non renuncien a iste proxecto, como dicía J.P. Sergent "El éxito no se logra sólo con cualidades especiales. Es sobre todo un trabajo de constancia, de método y de organización".



¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

los pajaros del mismo plumaje ,vuelan juntos? ver google-blog doblevida-lahistoriaoficial-laverdad-amor bajo sospecha-vida paralela de un alcalde