lunes, 14 de marzo de 2011

En prol da igualdade real

En tempos tan difíciles como os actuais, nos que moitas familias están a pasar por momentos compricados pola falla de recursos económicos mínimos para poder subsistir, podería caerse na tentación de que cuestións ligadas á necesaria igualdade entre homes e mulleres no ámbito laboral quedaran relegadas a un segundo plano.

É certo que a lacra do desemprego castiga por igual a homes e mulleres, que non discrimina por razón de sexo, pero tamén o é que as mulleres, neste contexto de crise pero tamén de bonanza económica, atópanse nunha situación de desigualdade real, que non legal.

O propio feito de que dende hai xa cen anos conmemoremos o Día internacional da muller leva aparellado o recoñecemento implícito desa desigualdade. E non se trata de negar os avances do camiño andado, senón de recoñecer o moito que aínda nos queda por percorrer.

A Constitución e o Estatuto de Autonomía de Galicia recoñece o principio de equidade, pero a realidade constata que as mulleres seguen a ser relegadass e non só xa porque, en computos globais, cobren ata un 30 por cento menos que os homes por desenvolver idéntico traballo, porque teñan unhas taxas de temporalidade e precariedade máis altas que as dos homes; ou mesmo porque a coantía das prestacións que perciben por desemprego ou as propias pensións sexan inferiores, ó igual que a súa taxa de actividade ou de ocupación; tamén porque atópanse con maiores atrancos para poder progresar nas súas carreiras profesionais.

Para trocar esa situación resulta ineludible a implicación de todos e dende todos os frentes. É preciso favorecer a conciliación de vida familiar e laboral e, o máis importante aínda, é imprescindible que as mulleres participen na toma de decisións que se adopten tanto dende o ámbito político como dende os propios sectores productivos.

E esa participación non será efectiva ata que as mulleres acaden as cotas de poder que lle corresponden, non xa únicamente por méritos propios senón porque non hai que esquecer que representan algo máis da metade da población.

Cen anos despois o carácter reivindicativo do Día internacional da muller continúa a estar vixente. Non podemos permitir que as mulleres, a pesar dos logros, continúen a ser relegadas a segunda fila.

Homes e mulleres, xuntos, temos que loitar porque o sistema de clasificación profesional recollido no Estatuto dos Traballadores e baseado na formación, as aptitudes e as tarefas asignadas as persoas se cumpla. Ese é o reto polo que traballar os 365 días do ano.

5 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

Xosé Manuel, estou, estamos, completamente de acordo co que escribes neste artigo. Pero sinto dicirche, e síntoo moito, que a xente xa está cansa, pero moi cansa e moi queimada polo problema do paro, e aquí ninguén fai nada, porque dende a Xunta e dende a oposición ao goberno central, vense poucos trazos de melloría. De pouco vale a austeridade se o paro aumentou en Lugo preto dun 2%. A xente quere solucións. É moi jodido quedarse no paro con família, con muller, con fillos/as, con hipotecas... É moi jodido estar toda a vida estudiando e non ter opción de acceder ao mercado laboral. É moi jodido tirar media vida á basura na Universidade e non ter as mesmas oportunidades e opcións que outras persoas, é moi jodido que as mulleres sexan marxinadas a ese punto. É moi jodido que famílias teñan que pedir axuda. É moi jodido que a desesperación leve a extremos como pedir cartos. É moi jodido non ver a luz ao final do túnel...
O demais demagoxia pura e por riba barata. Queremos propostas, queremos un bo programa electoral, queremos que se creen postos de traballo e queremos solucións, e sobre todo políticos que baixen ao chan e vexan a realidade e os problemas cotiás de xente anónima, a cal para algúns só somos un número que empregan como arma política, lamentable. As palabras, xá non funcionan.
Confio e confiamos em ti, non nos falles!!!!




¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!

mateo dijo...

Os homes non somos culpables dos privilexios herdados, pero si somos responsables de seguir perpetuándoos.
Quero pedir solidaridade, sensiblilización e concienciación da necesidade de igualarnos en dereitos e deberes e aplicar unha real corresponsabilidade. Que non é tarefa sinxela pero merece a pena o esforzo...é de xustiza.

Anónimo dijo...

¿Que hace el PP de Galicia y de Lugo "para que esto no sea tan jodido"?

INAUGURAR POLIGONOS QUE SE QUEDAN VACIOS, sin empresas en las que poder trabajar.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Bo artigo, José Manuel.

Aproveito para comentar a satisfacción que me produce que se vaia aprobar a Lei de Familia, que, -incomprensiblemente- critican tanto as feministas do PSOE e do BNG, como se a mencionada norma xurídica fora restrinxir dalgún xeito os dereitos das mulleres. Reaccións tales como a da portavoz socialista de Políticas Sociais do Parlamento de Galicia, Beatriz Sestayo, son de un antiliberal que asusta á xente sensata.