martes, 1 de marzo de 2011

Falemos de Lugo

Hai uns días escoiteille ó alcaldable socialista López Orozco e o seu segundo na lista, Gómez Besteiro, afirmar categóricamente que na próxima campaña electoral adicaríanse, en exclusiva, a falar de temas de Lugo. Eu recollo o guante, imos falar de Lugo.

Puntualizo, eso si, que falar de Lugo, salvando pequenas matizacións e as obvias diferencias derivadas da nosa idiosincrasia, non é moi diferente a falar doutras cidades de Galicia e mesmo do resto do Estado.

A cousa é clara, que a economía española se atope nunha das peores situacións posibles, afectanos por igual a todos os cidadáns, vivamos onde vivamos ou naceramos onde naceramos.

Porque en Lugo tamén repercuten os efectos do estancamento económico, o feito de que España fora un dos poucos países desenvolvidos que pechou 2010 cun retroceso económico do -0,2%; así como que teñamos unha porcentaxe de desemprego altísima, que en números absolutos equivale a dicir 4,7 millóns de parados, ou que o IPC se colocara en xaneiro no 3,3 por cento, a taxa máis alta dende outubro de 2008.

Os pensionistas de Lugo teñen conxelada a súa paga; moitos parados non peciben ningunha prestación e os funcionarios cobran un cinco por cento menos de media. Ós habitantes de Lugo tamén lles afecta que non teñan ningunha deducción fiscal por comprar unha vivenda, que a luz subira un 9,8%; o gas, un 3,9%; a bombona de butano, o 3,13%; os billetes de tren, o 3,1% e que o precio dos carburantes se disparara.

E cando falamos de Lugo tamén podemos reflexionar sobre qué motiva a algúns a devaluar aqueles aspectos sobre os que todos, obxectivamente, deberíamos sentirnos orgullosos. E refírome, en concreto, ó hospital universitario Lucus Augusti ou mesmo ó polígono industrial de As Gándaras.

Que o HULA é, hoxe por hoxe, o mellor hospital de Galicia e un dos mellores de España é indiscutible. E aínda que tal circunstancia non debe levarnos a autocompacencia, porque sempre queda camiño por andar, tampouco é razonable entregarse á crítica porque si.

O lóxico sería celebrar as boas noticias e buscar solucións para as malas. Algúns non o entenden así, pero alá eles.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta ben citar dous ou tres datos estadísticos, e dúas grandes obras que estanse a rematar, pero ao falar de Lugo suponse que imos falar do futuro de Lugo; o que temos xa o coñecemos todos.
Cando un remata de ler o articulo, pregúntase: ¿É que o PP de Barreiro non ten proxectos nin ideas? ¿Onde están?

Se non hai proxectos seguiremos a facer o ridículo como onte, ao debater o PP no concello sobre o polígono das Gándaras, xa que todo o que puxo en riba da mesa o PP foi a escusa "oficial" sobre o 20% dos metros cadrados xa vendidos. Señores, mais seriedade, que unha soa multinacional de tendas de deportes comprou mais da metade do solo.
¿Porque non utilizan o dato de parcelas vendidas sobre as construídas? sinxelamente, porque a porcentaxe e escandalosa do negativa que é. E menos mal que os outros no analizaron quens compraron, porque hai tres establecementos hosteleiros e un centro de formación dun sindicato. Osexa que empresas industriais: moi, moi poucas.
¿Porqué non se fixo o estudo do que supón de incremento por metro cadrado, o prezo repercutido polos cambios feitos polo bipartito no proxecto, e se lle espeta na cara a Orozco?;falamos de cuantificar o que teñen que pagar de mais os empresarios polas zoas verdes incrementadas inxustificadamente, polas reservas de solo para a universidade e outros entes, pola diminución de parcelas, etc.

¿Porque non se di que moitos empresarios déronse a volta cando viron que gracias o bipartito, pertencerán a unha comunidade de propietarios que deberá afrontar o mantemento do polígono, e non se lles presenta ningún estudio do costo que soportarán?

Amigo Barreiro, o cidadán espera do PP TRABALLO E SOLUCIÓNS para Lugo dende a verdade e a realidade e non votar balóns fora como fai Orozco. Se hai que plantarlle cara a Xunta non se debe dubidar un intre.

Se non se traballa, logo non nos queixemos das enquisas.

JTIRIMOL dijo...

Jonas Edward Salk dicía ""La recompensa del trabajo bien hecho es la oportunidad de hacer más trabajo bien hecho" E o PSOE non poderá predicar co exemplo. Evidentemente estou de acordo con algunhas posturas do primeiro anónimo. Pero no que respeta ao concello de Lugo temos unha especie de espello no cal Orozco é igual que ZP. Durante os seus anos de mandato ningún dos grandes proxectos se levou a cabo, e baseou a súa xestión na improvisación, e o que é peor moitas máis veces na mentira absoluta. sen saber estar cando hai que estar, só soupo empregar o arde Lucus e San froilán (moi pobre este ano) como logros, pero medio cavou a súa tumba política con eses comentarios desafortunados e fora de tono cara os hosteleiros, nas respectivas celebracións da cidade. Hai que mirar por e para Lugo, evidentemente o Hospital é boa proba delo, ao igual ca postura de descriminación positiva da nosa provincia por parte de Alberto. Pero inda queda moito camiño por andar. Eu en lugo como teño plena confianza en Jaime e no seu proxecto, pois Besteiro e Orozco mirarán politicamente a Lugo dende a oposición que é o lugar de onde lles corresponde estar, lugar gañado a pulso, como dicía J.P. Sergent "El éxito no se logra sólo con cualidades especiales. Es sobre todo un trabajo de constancia, de método y de organización". e aquí confiamos en jaime e en que o seu traballo constante e incansable dea os seus froitos. Entón, sí se mirará por e para Lugo.




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!

Anónimo dijo...

El primo de Cipriano: aprovecho este blog para agradecerle a Barreiro la defensa que ha hecho el PP y él en particular por el montón de familias lucenses que viven pendientes de un hilo por la política energètica con medidas retroactivas que está desarrollando la basura de gobierno de España. Después de tirar varios millones de euros en bombillas, asegurar que sin las corbatas se ahorrarìa mucho en aire acondicionado, ahora nos dicen que a 110 por las autovías. Esos son los que ahora les quieren robar a los que invirtieron en la energía fotovoltaica. Sr. Orozco, en su municipio hay 600 familias afectadas, para cuando una ayudita? PSOE=ENGAÑO.

mateo dijo...

Querer mirar paro outro lado é de cobardes. OroZPo e os seus secuaces queren que non falemos de política nacional, queren gardar no caixón a ZParo porque agora non interesa, e máis, agora estorba.

OroZPo quere que falemos do MIHL, da Ponte sobre o Miño,sobre o traballo de calfensa ou tamén sobre os 720.000 € que custa a nova cafetería do parque.

Querenos enganar cun museo que non xerará o que custa e custará o seu mantemento. Neste momento precisabamos invertir noutras cousas máis importantes para os veciños de Lugo. Quizáis subvencións para novas empresas, comprar ou ter parcelas no polígono das Gándaras, xa que a Xunta as cobra tan caras ( e de risa).

A gran ponte sobre o Miño, proxecto que leva vendendo dende hai unha década. Moita ponte pero será funcional? Onda están as avenidas que a comunicarán ca cidade?

OroZPo non quere que falemos de paro, da crise, de conxelacións, de subidas de todo tipo, dos 110 Km/h... non quere que falemos porque é un cobarde que arrenega da xestión do seu partido para quedarse no poder.

Pero todos sabemos que dicir OroZPo e sinónimo de ZParo, que dicir OroZPo e dicir crise e que dicir PSOE e dicir desgoberno.

OroZPo cala e consinte a política de ZParo, incluso aplaude moitas destas decisións. Así que OroZPo tamén e complice desta mala xestión e por iso terá que dar explicacións do que fai ante nós, os veciños de Lugo.

En resumo, OroZPo = ZParo = Crise

Anónimo dijo...

8 días después de mi comentario, veo que no hay voluntad de aprender.

El ridículo que está haciendo el PP con el polígono de Las Gándaras es de los que hacen época.
Puede que su mensaje cale en la gente de la calle, pero a otros les da vergüenza ajena.

El comentario más unánime entre los empresarios es que en el PP no tienen ni idea de lo que se traen entre manos, no se puede decir que se cumplen las previsiones cuando quedan 97 parcelas sin vender.

Hemos visto esta semana la patética rueda de prensa de la Delegada de la Xunta con el Arquitecto Boné que, el pobre, aún no se ha enterado que no es lo mismo un solar para edificar viviendas que un solar para naves industriales, donde la edificabilidad en altura no vale para nada y lo que de verdad cuenta es la superficie edificable.
Siguen en sus trece que el precio es barato, pero cuando un empresario hecha cuentas, el metro de superficie real para construir le sale por encima de 200 euros el metro.

Y luego Castiñeiras sigue haciendo declaraciones, la idea de naves en alquiler es buena, pero ESTA MAL ACONSEJADO, es legalmente inviable, no conoce bien la problemática del polígono y debería hablar con los empresarios que si la conocen.
Pero no con la CEL, que esos solo piensan en clave política y ahora que están por hacerle la pelota le dicen a todo que sí y le dan palmaditas en la espalda.

mateo dijo...

A min dame vergoña exena leer comentarios coma o anterior. De ter que aprender algo nunca o faría de tí compañeir@, porque da demagoxía non se aprende nada.

Inviable é ter un Concello que non aposta nin apostou por este polígono porque agora goberna a Xunta quen a goberna.

Inviable é ter un Concello que non apoia as novas empresas e os emprendedores, un Concello que pon pedras no camiño con tal de sacar un desexado rédito político.

Inviable é ter un Concello que cobrou da Xunta 16,5 millóns de euros por istes terreos, e non adicou nin un só céntimo en ofertar ise barato solo que demanda.

Inviable e dicir que os metros cadrados que se vendan se midan polo número de empresas. Agora haberá que racionalizalos, manda truco.

Se os parque empresarial o inaugurase o patético e ruínoso bipartito, teríamos esta polémica compañeir@? Teríamos o parque xa todo vendido?

Espero a túa resposta

Anónimo dijo...

MATEO, te dará vergüenza el comentario del anónimo anterior, pero a otros nos da verguenza el discurso del PP y el servilismo que se está instaurando (peloteo puro y duro).

Lo vergonzoso es hechar las campanas al vuelo diciendo que ya se han vendido 55.000 m2 de polígono, cuando solamente se han vendido 11 parcelas se 118.

QUEDAN 97 PARCELAS SIN VENDER.

mateo dijo...

Segues sen contestar as miñas preguntas. O dito bla, bla, bla.

Anónimo dijo...

Bla, bla, bla?

Es muy básico tu discurso, que pena de pp, se está "apepiñando"

Anónimo dijo...

moito lamecú