lunes, 28 de marzo de 2011

Solucións

A táctica socialista de negar a evidencia non convence. Débese, en parte, porque a realidade é tozuda e, por conseguinte, a verdade acaba sempre por impoñerse, máxime cando esa realidade estase a constatar cada día; e tamén (e esto é importante telo presente) porque abusaron tanto, terxiversaron tantas veces o que estaba a acontecer, que xa ninguén os cree.

É, en definitiva, un problema de credibilidade.

A delincuencia, por moito que nos gustaría poder dicir o contrario, disparouse. Un 5 por cento en Madrid; un 13% en Aragón; un 6% en Castela e León, un 8% en Galicia… Os roubos incrementáronse un 11 por cento; as estafas un 12%; as extorsións un 24%; as insolvencias punibles alzáronse ata o 33%; as fraudes no fluido eléctrico un 125 por cento, a compra de materiais procedentes de roubos un 45 por cento…

É preciso aportar máis datos? Pois convido ós escépticos, e mesmo a aqueles que sosteñen e practican aquilo de que unha mentira mil veces repetida convértese en verdade, a que lle boten unha ollada ós xornais ou segan puntualmente os servicios informativos de radios e televisións.

E despois deso, se alguén aínda continúa albergando algunha dúbida, que baixe á rúa e sondee a opinión dos viandantes que aleatoriamente se atope. Que se achegue ó Ceao, ou os bares de Acea de Olga ou a Fingoi, na capital lucense; que vaia ó barrio de O Casar en Monforte; ou ó concello de O Corgo, ou mesmo ó de Foz, A Pontenova ou a Ribadeo, e pregunte ós veciños qué impresión teñen sobre a grao de seguridade existente na nosa provincia.

Non se trata de ser alarmistas; trátase de poñer solución a un problema que vimos detectando nos últimos meses e que está a acadar proporcións preocupantes. Unha situación que as propias forzas de seguridade recoñecen, advertindo incluso de que a delincuencia estase a profesionalizar, organizar e, o que é peor, está a empregar a violencia, ás veces de xeito desproporcionado, con demasiada frecuencia.

A cidadanía, en definitiva, está amedrentada. E ten razóns obxectivas para estalo. A obrigación das administracións, e das forzas e corpos de seguridade do Estado, é garantir a súa seguridade, e despois, as súas propiedades.

E neste intre (e razonable e honesto recoñecelo), eses preceptos non se están a cumprir. E non por negar a evidencia, maquillar os datos ou directamente facelos desaparecer, o contexto no que nos atopamos vai cambiar.

Temos un problema. Solucionémolo.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Si, pero ¿que soluciones propones?.

Menuda parrafada para no aportar absolutamente nada positivo.

jos dijo...

Para solucións as que ofrece o Sr. Rábade. Iso si que é preocuparse polos veciños da cidade!!!

Sara Torres dijo...

A parrafada querido paisano é a tremenda realidade. A nosa cidade, Lugo estase a converter nunha cidade insegura. Preguntallle aos veciños dalgun barrio, que estan dispostos a formar brigadas para vixiar, ante a pasividade do Sr. Orozco que lle paga ao Director da Policia Local unha pilisima de euros, que xa podia facer algo.

mateo dijo...

Se ben a situación non é para tirar fogos, non vexo a cousa tan mal. Iso non xustifica a desidia do noso goberno que lonxe de intentar poñer freo a estos actos, saen dicindo que é algo innato da sociedade do noso tempo... Son unhas declaracións que se definen por sí mesmas.
Está claro que os niveis de delincuencia a nivel nacional e incluso rexional non son óptimos, pero haberá que traballar para que sexan mellores e, o que é máis importante, darlle seguridade á cidadanía.

JTIRIMOL dijo...

Simplemente de acordo con Mateo, e lamentable o trato recibido por parte de membros do PP e de NN.XX. Non é día para extenderme...


¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!

Anónimo dijo...

Jose, como amiga, DEJA DE TRABAJAR PARA EL PP, QUE SE ESTÁN RIENDO DE TI, ME JODE VERTE SUFRIR Y PASARLAS CANUTAS POR CULPA DE ELLOS, POR FAVOR TE LO PIDO PASA DE ELLOS, Y MIRA POR TI, CUIDATE TÚ, Y A ELLOS QUE LES DEN, NO VAYAS NI DE APODERADO, NI DE INTERVENTOR, NI MONTES MÁS CARPAS, NI MÁS ACTOS, NO TE MOJES MÁS POR ESA GENTE NO MERECE LA PENA. Te lo dice una amiga, a ellos no les importa que esteas jodido y que te levantes llorando y acuestes llorando, y tenemos que ser los colegas los que miren por ti, pasa de la política, del Castiñeira y del Barreiro, y trata de curarte, que ni se dignaron en ir verte al hospital.
Perdieron mi voto y si siguen así, perderán el voto de todos los que te queremos. Venga un bikiño y te veo mañana en la cena, cuidate mucho guapo.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Hoxe por hoxe o problema que máis de preocupa da nosa cidade é o relativo á seguridade. A ver se non tarda moito en chegar o día no que se vexa definitivamente "desinfectada" a zona das rúas Ramón Cabanillas e Tui, que os veciños non merecen sufrir o que pasa alí todos os fins de semana.