lunes, 20 de junio de 2011

Sen excusas

Zapatero estase a quedar sen excusas para non facer uso da súa persoal potestade de convocar eleccións xerais. Pero empecínase, como fai sempre, en negar o evidente. E iso que ata Felipe González advirte e recoñece que a situación de España é de emerxencia.

O presidente do Goberno “en funcións”, solapado xa pola sombra do seu delfín Alfredo (máis preocupado e ocupado en tentar arranxar os tumultos da casa socialista que os do país como manifestamente quedou demostrado estes últimos días), constata e ata case recoñece que as reformas en profundidade, anunciadas e aplicadas cando menos en parte, para superar a crise económica na que estamos sumidos non resultan nin tan penetrantes nin tan reconstituintes como sería desexable. Non solucionan os graves problemas ós que nos enfrontamos e soliviantan aínda máis ós perxudicados que, non o esquezamos, son maioría.

A incertidume semella xa unha luva feita á medida, un compeñente máis da idiosincrasia da nosa economía. O risco do contaxio grego planea sobre os máis débiles e, non neguemos o obvio con eufemismos, nese pelotón dos rezagados europeos España ocupa a primeira fila.

Hai uns meses Rodríguez Zapatero comparaba a prima de risco cun marcapasos con capacidade para medir o nivel de efectividade das reformas económicas adoptadas para recompoñer a delicada situación que vive o país. Pois ben, o marcapasos bota fume. A prima de risco achégase ós 290 puntos básicos, rozando xa o máximo histórico acadado en novembro do pasado ano cando se situou nos 300 puntos.

O tipo de interese que hai que pagar polo bono español a 10 anos (pola nosa débeda pública en definitiva) aproxímase perigosamente ó seis por cento. E é pertinente ter moi presente que un punto máis suporía inevitablemente un rescate. Non son augurios de catástrofe apocalíptica improbable, que ninguén se equivoque. É unha posibilidade crudamente tanxible.

Cando un goberno nunha situación tan crítica como a actual amósase incapaz de aplicar unha política que reporte solucións non é momento de perder máis tempo senón de actuar, de recoñecer e asumir a realidade, de analizar sen dilación cómo e qué podemos salvar. E creo que o punto de partida pasa, sen máis demora, por un adianto electoral.

5 comentarios:

Manuel dijo...

solo un gobernante aferrado al sillón, tan de moda en los gobiernos socialistas, no ve lo evidente

los ciudadanos de este país no le queremos, nadie le querría ni de presidente de una comunidad de vecinos.... pero él erre que erre APEGO AL PODER se llama eso; veremos que tienen que decir CIU y PNV ( o si nos va a costar mucho a todos)

trabajo Jose Manuel, queda trabajo para llevar a Mariano Rajoy a la presidencia de este país, así que que no decaiga

ánimo que queda poco!!!

Anónimo dijo...

Que ZP non quere adiantar as eleccións? Que non o faga, o tempo xoga na súa contra. O malo é que se temos que agardar ata marzo para que cambie o goberno de España os máis perxudicados non serán os socialistas senón máis ben o conxunto dos cidadáns españois.

sila dijo...

Lo grave, como bien dice el comentarista anterior, es que el tiempo juegue o no en contra de Zapatero, en términos electorales.

Lo grave es que el tiempo juega en contra de España. Hay un continuo ir y venir de advertencias y presiones, que si estamos haciendo los deberes, que las reformas no son suficientes, mensajes que el FMI y la Unión Europea, y el propio Banco de España, nos están dejando caer a goteo.

Y ZP, a lo suyo. Hago y no hago. Hago que hago. Aparento que hago. En suma, lo que ha sido siempre el zapaterismo: el "talante", un monumental engaño. Algo que sólo funcionó (o aparentó funcionar) mientras la caja estuvo llena y hubo con qué financiar todas las sonrisas. Cuando la herencia se acabó, choque brutal con la realidad.

Y encima, ahora hay otro problema, añadido: las medidas que a ZP, por su carácter, ya le sería difícil adoptar, pueden además ser contraproducentes para los intereses electorales de "Alfredo". ¡Qué berenjenal!.

Y para que esta tragicomedia llegue al final, se hace "lo que sea" (copyright, ZP): se transfieren 6 nuevas competencias al País Vasco, para garantizarse el apoyo del PNV en los meses de después del verano. ¿A alguien le importa que sea sensación generalizada que el Estado autonómico ha ido demasiado lejos ya?.

Para intentar una victoria electoral "in extremis", un par de cartuchos imaginativos en la recámara: contando con que la economía no se desmorone, se presenta como un triunfo el infame pacto con ETA, cada día más al descubierto, y se organiza, para distraer por completo a la opinión pública, algo como el traslado de los restos de Franco del Valle de los Caídos... y ya tenemos un campo de juego en el que "Alfredo" se maneja a las mil maravillas.

Posiblemente, el movimiento 15-M y toda su "indignación" no es más que el substrato, el pre-montaje de un escenario adecuado para la representación que he anunciado.

Y, ¡cuidado!, que puede funcionar. Aún con el país hecho una ruina, puede funcionar.

Para echarse a temblar, vamos.

José Ángel dijo...

Ata cando estará este tipo facendo que fai? Levarase con él a Pepiño Blanco?
Espero que polo ben de todos as eleccións sexan no outono.
PP ó poder!!!!

JTIRIMOL dijo...

O malo é crer na palabra dos políticos, eles como nunca estiveron no paro nen sen soldo ou traballo, aínda que merecen estar mil veces. Algúns deixamos sangue, sudor e bágaos polo proxecto do PP e afastousenos como se afastan as ratas. Así é difícil comezar a crer en algo. Está moi ben criticar a nefasta xestión en tódolos eidos do peor Goberno da Historia de Espana, pero non estaría demais reflexionar sobre como se actuou, actúa, e actuará nun futuro no PP. Tendo en conta as causas, as razóns, os motivos e mailas consecuencias, e todo iso SEN EXCUSAS