lunes, 19 de septiembre de 2011

Don Manuel

Manuel Fraga abandoa a política e, pese a que, por razóns obvias, non me sorprende, lamento a decisión.

E lamentoo porque, lonxe de defender militancias, este país, e en particular a nosa provincia, perde o que, o meu xuizo, é un dos POLÍTICOS máis importantes dende a segunda metade do século pasado. Pero tamén estou convencido de que esta retirada será sometes da primeira liña porque, coñecendo as inquedanzas de don Manuel e a súa inagotable capacidade de traballo, non teño dubidas de que na retaguardia seguirá teorizando sobre a cousa pública.

Don Manuel é un home de Estado (no máis amplo sentido do termo que poidamos concebir); cun sentido do deber sen parangón, que aínda que a primeira vista poida parecer arcaico, trasnoitado incluso, en intres como éste, no que a crise económica vai aparellada tamén a unha estrepitosa carencia de valores, o seu exemplo está (ou debería estalo alomenos) máis vixente que nunca. E non xa únicamente polas súas ilimitadas forzas e entrega ó quefacer diario (das que podo dar boa fe), senón pola honestidade pola que sempre se caracterizou, entre outras non menores virtudes.

Os seus méritos son tan abundantes como innegables, recoñecidos incluso máis aló das nosas fronteiras. Baste con botar unha ollada o seu abultado (e brilante) currículum para reafirmarlo. A maiores, foi, por riba de todo e sen pretender desmerecer a importancia dos moitos e diversos cargos e responsabilidades que asumiu na súa ampla faceta política, testigo directo e partícipe dos feitos máis transcendentes da historia recente, e non tan recente, deste país.

En tempos nos que a crise de principios á que antes aludía nos atenaza, reivindico, como valor non sempre recoñecido, a experiencia, a bagaxe e, en definitiva, a traxectoria vital e politica que, ó marxe de ideoloxías, representa Manuel Fraga.

Don Manuel é, ademais dunha das cabezas mellor amuebladas que deu España, un político decisivo na historia deste país. A súa leal e responsable concepción do Estado; o feito de que promovera a legalización de asociacións e partidos políticos; a abolición da censura previa; a construcción dos paradores, e mesmo a chegada dos primeiros turistas, que convertiron ó turismo na nosa principal fonte de riqueza, avalan esa importancia. Incluso, dada a actualidade, non podemos esquencer tampouco que é un dos pais da Constitución do 78.

Pero sendo todos estes bos exemplos da transcendencia da usa figura, para min a obra máis importante de Manuel Fraga é sen dubida o seu proxecto político, a gran obra colectiva do centro dereita en España, que contribuiu de xeito decisivo á consolidación da democracia española e á transformación económica e social do noso país.

O compromiso coa nosa terra levouno tamén a desenvolver en Galicia o seu proxecto; de tal xeito que don Manuel é o creador do galeguismo moderno, da defensa da nosa identidade como pobo, pero sen exclusións, tendo sempre presente o papel de Galicia na construcción de España e a nosa participación en Europa e no mundo. É, de feito, o precursor da concepción que neste século XXI temos do termo.

Non hai que esquecer que durante a súa etapa como presidente da Xunta (da que eu, en parte, tiven o privilexio de ser testigo directo) obtivo transferencias competenciais que puxeron a Galicia á altura doutras comunidades históricas moito máis bregadas na reivindicación autonómica.

Por eso dicía que a súa gran obra é, sen dúbida, a creación do proxecto político de centro-dereita que neste intre está chamado (outra vez) a liderar a sociedade española. Foi quen de aglutinar e consolidar baixo un mesmo teito moitas sensibilidades. Esta é a súa gran herdanza, un legado que, dende mediados do século pasado, ningún político foi capaz de deixar.

Ante a grandeza de don Manuel, un home de carácter, arraigados e claros principios, vitalidade inagotable e unha capacidade intelectual envexable, resultan escasas e ata pobres as palabras para tentar, aínda que só sexa aspirar, a facerlle unha semblanza que se axuste mínimamente á realidade.

Vaia por diante, e xa como remate, a miña admiración, respeto e agradecemento infinito.

2 comentarios:

Manuel dijo...

Verdades como puños, si señor

Don Manuel, uno de los padres de la Constitución, el artífice de que galicia haya sentado las bases de lo que es hoy... un político de los que se dan pocos en la historia.

Adrián dijo...

Tamén hai que sinalar que con D. Manuel Fraga na Xunta e con Víctor Vázquez Portomeñe de Conselleiro inventouse o Xacobeo, có impulso que supuxo para Galicia como xa sabedes. Non é de estrañar, xa que D. Manuel foi o arquitecto do turismo en España.