martes, 27 de septiembre de 2011

Comparar e decidir

Hai actitudes e discursos que resultan sorprendentes por non dicir inconcebibles. Ó escoitalos, comprendo que haxa moitas persoas que non teñan moi boa imaxe dos políticos e cuestionen incluso a nosa labor. Hai cousas que son difíciles de dixerir. Nin buscándolle unha contextualización a medida é posible facelo. Hai que recoñecelo.

Pese a todos os pesares, como xa defendín en moitas ocasións dende esta fiestra de opinión, hai formas diferentes de entender e de actuar en política e, por conseguinte, hai marxe para a esperanza.

Explícome. Agora o discurso dos socialistas é, a grandes rasgos, o seguinte: a crise económica en España era pouco menos que inevitable como demostra o feito de que prácticamente todos os países desenvolvimos están tocados por ela. Todos eramos coñecedores dos efectos devastadores que ía provocar e o Goberno do Estado adoptou dende o primeiro momento medidas encamiñandas a paliar os seus efectos e a asegurar o mantemento do estado de benestar. E o Partido Popular, na vez de facer causa común, adicouse a dar unha mensaxe catastrofista da situación.

E este é o discurso dos socialistas? Pero non foron eles os que detectaron (e recoñeceron) a crise dous anos máis tarde que o resto, os que falaban dos brotes verdes? Non son eles os que se adicaron a dicir hoxe unha cousa e mañá (e incluso antes) a contraria; a poñer parches sobre parches que, dadas as circunstancias, demostrado queda que non evitaron que nos atopemos levitando no precipicio?

Pobre argumentación é esta que prentente acusar dos males propios, desa herdanza envenenada, ós que dende o primeiro intre dixeron a verdade e alertaron das consecuencias. E digo máis, o que avisa non é traidor, é avisador.

O Partido Popular entón (e o resto das forzas políticas), segundo a peculiar visión dos socialistas, tería que sumarse á mentira é dicir que todo ía estupendamente e ata aplaudir os despilfarros ós que se entregaba o Goberno central cando a situación xa requería establecer políticas de contención no gasto?

Porque crise mudial, si; pero tamén diferente comportamento das economías nacionais e dos gobernos e con resultados, evidentemente, moi distintos. O estado de benestar non se sostén con mentiras nin con promesas de imposible cumplimento. É imprescindible asegurar unha boa xestión que permita dispoñer dos fondos suficientes para poder facelo. Fóra de aí, todo é demagoxia e gañas de terxiversar, unha vez máis, a realidade.

Con este panorama, agora resulta que os socialistas din que cando vaiamos a votar o 20-N debemos pensar nas persoas que lideran as diferentes opcións políticas e ter moi presente os valores e principios que representan. Efectivamente, neste punto estou totalmente de acordo. É tempo de valorar a traxectoria dos discursos de uns e outros, do feito e o desfeito por uns e outros, comparar e, a partir de aí, decidir.

3 comentarios:

Manuel dijo...

Como siempre: culpa do PP, culpa do PP!!!

como se puede haber sido miembro de un gobierno, y además peso pesado de ese gobierno, que ha recortado hasta lo impensable POR DECRETO, SIN DIÁLOGO SOCIAL POSIBLE, ( sin oposición de los sindicatos - para nota la postura del PP que se opuso al recorte de las pensiones, ole- unos empesebrados), decía, como puede ahora venir a decirnos que va a subir las pensiones y los sueldos de los funcionarios??????

alguien se cree algo de un individuo asi?

su credibilidad es cero patatero.

A seguir trabajando para llevar a Mariano Rajoy a la Moncloa

Anónimo dijo...

Y lo que nos queda aún por ver y oir. Lo triste del asunto es que tienen todavía una escuadra mediática que sigue dando estopa en la linea de siempre: el PP es el partido antipático. Tenemos que intentar corregir esa percepción como sea, porque lo cierto es que mucha gente sigue anclada en esa idea.
No es imposible. Recuerdo como en los estertores del felipismo la entonces nueva hornada del PP fue capaz de corregirlo en gran medida. Y aun así se ganó por los pelos.

Adrián dijo...

Xa non é a primeira vez que recomendo encarecidamente a quen aínda teña dúbidas sobre o que nos comenta neste artigo o Sr. Barreiro que vexan de novo o debate Solbes-Pizarro. É un exercicio clarificador para ver quen mentía e negaba a crise e quen de verdade tiña razón. Sinto ben que Manuel Pizarro non fora o Ministro de Economía dende 2008, outro galo houbera cantado. Espero que Rajoy teña ben atada a formación do seu Goberno, especialmente na área económica. O panorama é moi complicado, pero o listón deixado por Zapatero non está moi alto.