viernes, 6 de enero de 2012

Novo ano

Mariano Rajoy debuxou no seu discurso de investidura as liñas maestras da súa acción de goberno sustentadas sobre catro grandes piares: a estabilidade orzamentaria, a reestructuración bancaria, o crecemento económico e as reformas estructurais. Todo encamiñado a acadar un obxectivo claro que non é outro que solventar o problema do desemprego.

E ó tempo que establecía as grandes liñas de actuación do novo goberno, sempre sustentadas sobre o sentido común, a eficiencia e a verdade, da que por cento tan escasos estivemos nos últimos anos, ofrecía diálogo.

O consenso, pese a ampla maioría que respalda ó executivo do Partido Popular, é imprescindible (ademais do máis axeitado) para levar a bo termino as profundas reformas que debemos acometer dentro deste proxecto global para a recuperación da nosa competitividade, do noso crecemento económico. O fin último, común en definitiva, que todos anhelamos.

Non negou Rajoy (non o fixo en campaña e menos aínda agora dende a súa responsabilidade coma presidente) que a senda que nos agarda será dura. Corroborouno recentemente o ministro de Economía e Competitividade Luis de Guindos que, coa verdade por diante e aínda sen coñecer en profundidade a realidade das contas deste país, augurou para a nosa economía neste ano que acabamos de encetar un novo período de desacelaración. No consello de ministros do pasado venres tamén se deron os primeiros pasos do paquete de medidas que terán que encamiñarnos hacia a senda da recuperación.

Os sacrificios son sempre ingratos pero, dadas as circunstancias, non hai alternativa se queremos remontar a penosa situación na que nos atopamos.

En definitiva, o goberno de Rajoy (exento por certo de todo tipo de cotas en aras de enfocar a súa acción única e directamente a solventar os problemas deste país, principiando polo paro), quédalle un amplo cometido que, sen demora, como así anunciara, empezou a aplicar.

Dende logo, dado que estamos estreando ano, non pretendo asustar a niguén, pero todos (creo que xa dende hai tempo) temos claro que veñen tempos que requiren apretar o cinto.

Algunhas das medidas adoptadas no consello de ministros do venres incididon na austeridade, unha austeridade que, para ser eficaz, non nos enganemos, debe aplicarse a todos os niveis. Tamén en eso o novo goberno deu exemplo, xa sabemos que medidas ailladas non contribúen, en si mesmas, a solucionar nada, incluso acaban por ser contraproducentes.

Retomo a idea, non estamos no contexto económico máis desexable pero estou convencido de que é posible cambiar a tendencia; e para asegurarnos o éxito é imprescindible que todos rememos na mesma dirección.

O 2012 é, en denitiva, un ano para recuperar a confianza, a ilusión e sobre todo para manter a esperanza. E creo que un bo punto de partida para deixarse levar polo optimismo e ter confiado en Mariano Rajoy.

Feliz ano a todos.

6 comentarios:

Manuel dijo...

Será duro, y exigirá de nuestro dirigentes valentía y decisión.
Ánimo porque son tiempos difíciles, que los ciudadanos solo entenderán si los sacrificios no solo caen del lado de los mas débiles
suerte, mucha suerte

Jose Angel dijo...

Come ben din no comentario anterior os sacrificios non só deberán caer nos traballadores/as, eses que son os que realmente están a sufrir o duro da crise.
Estou convencido que o goberno de Mariano Rajoy porá todos os medios para sacarnos desta debacle económica na que nos meteu o sistema e da que non soupo atopar solucións, o xa pasado, Sr. ZParo.
Confiamos na vosa xestión e confiamos en vós. Non olvidedes que máis de 11 millóns de compatriotas apostaron e confían no Partido Popular.

Anónimo dijo...

que estamos mal, ya era sabido, lo único que han de hacer es tomar decisiones que nos lleven a algún sitio, a poder ser las correctas, no mentir a la población y por muy mal que las cosas se pongan, decirlo.
Si hay algo que los ciudadanos no perdonamos es que nos engañen.
Les deseo suerte, 11 millones de votos hemos decidido un cambio, les deseo mucho acierto, porque 5 millones de parados no es algo que un país pueda soportar.

José Ramón dijo...

Al Sr. Rajoy le toca hacer lo que ya tenía que haber empezado a hacer el Sr. ZP en 2007. De hecho, en aquel entonces, cualquier medida que se tomara, no hubiera sido tan dura, aunque supusiese algún coste electoral. Yo me pregunto si realmente se creía lo que decía entonces (los demás éramos unos antipatriotas, exagerados, etc.) o es que se dedicaba a mentir todos los días pensando en las elecciones de 2008. En cualquiera de los dos casos, muy mal hecho.

No me hace ninguna gracia que este primer ajuste incluya la subida de impuestos, en concreto ese recargo temporal de solidaridad en el IRPF, pero, al menos, es más coherente y justo que subir el IVA, al establecerse aquél mediante una escala progresiva.

Espero que se profundice más en la reestructuración de todas las Administraciones Públicas, de tal forma que todos los recursos queden optimizados. El ahorro podría llegar a ser enorme y no habría necesidad de recurrir a nuevas subidas de impuestos, que a corto plazo pueden suponer algunos miles de millones de euros de ingresos adicionales, pero querestringen aún más el consumo de las economías domésticas y dificultan el crecimiento económico.

Espero que las decisiones que se vayan tomando sean las correctas y que al cabo de un tiempo -a poder ser, antes de que concluya la legislatura- podamos valorarlas positivamente.

Un saludo, Xosé Manuel, y mucho ánimo.

Sara Torres dijo...

Fixo maís Rajoy estos primeiros días que Zapatero na última lexislatura. Si estas medidas as tomase o Sr. Zapatero no seu momento, España estaría hoxe saíndo da crise económica e estaría a crear empregos e non a destruilos. Zapatero hipotecou o país, estou segura que Mariano nos sacara desta. Ánimo e a traballar que as cousas estan díficiles.

Anónimo dijo...

Decisions tomadas dende a perspectiva dos funcionarios.

Mais do mesmo .....

Onde temos que adelgazar URXENTEMENTE e RADICALMENTE é na administración, e todo o demais e tempo perdido.

Non se pode manter semellante aberración a costa de incrementar os impostos.

Claro que visto o que leva feito Feijó, no mais puro estilo socialdemocrata, non nos sorprenden as decisions de Rajoy.