lunes, 12 de marzo de 2012

8 de marzo

Un ano máis. Outra xornada reivindicativa. Outro día marcado no almanaque que convida á reflexión, a valorar o feito e tamén o que queda por facer, que é moito, porque aínda resta camiño por andar para acadar a igualdade real; para erradicar a inxustiza da discriminación por razón de sexo; para afondar na coeducación como ferramenta idónea, aínda que non única, para eliminar esa segregación e mesmo para extirpar a violencia de xénero.

Un 8 de marzo, Día da Muller, remarcado nesta ocasión (as circunstancias obrigan) polo apelido de Traballadora, porque neste tempo de crise as taxas de desemprego desorbitadas están a ensombrecelo todo, tamén o día de festa por excelencia das mulleres.

Sen pretender quitarlle mérito (nin importancia) ó compoñente reivindicativo, quixera nesta ocasión incidir no recoñecemento que a celebración desta efeméride leva implícito. O recoñecemento que, os 365 días do ano, merecen, por mérito, esas mulleres anónimas, fillas, nais e avoas, que heroicamente, con esforzo inagotable, sacan adiante as súas familias, ata de entre a nada.

Recoñecemento a esas mulleres que, sempre lonxe da atención dos focos, dos tópicos do éxito profesional, son capaces, cada día, de superarse a si mesmas e adicanse, en corpo e alma, ós demáis.

Refírome, por exemplo, ás avoas que asumen o coidado dos netos; ás fillas que atenden os seus maiores ou ós irmáns discapacitados; as mulleres que, co home no paro, son quen de facer o milagre de que a familia chegue a fin de mes…

Recoñecemento a todas esas mulleres que desempeñan traballos que non son remunerados, nin sequera valorados, ata tal punto que ás veces semellan ser invisibles, e que, pese a todos os pesares, seguen adiante, a costa incluso de renunciar a ser elas mesmas; a loitar, traballar, vivir por e para si mesmas.

Recoñecemento e gratitude. Eso é o que merecen as mulleres o 8 de marzo, hoxe, mañá e sempre.




Un año más. Otra jornada reivindicativa. Otro día marcado en el almanaque que invita a la reflexión, a valorar lo hecho y también lo que queda por hacer, que es mucho, porque aunque resta camino por andar para conseguir la igualdad real; para erradicar la injusticia de la discriminación por razón de sexo; para ahondar en la coeducación como herramienta idónea, aunque no única, para eliminar esa segregación e incluso para extirpar la violencia de género.

Un 8 de marzo, Día de la Mujer, remarcado en esta ocasión (las circunstancias obligan) por el apellido de Trabajadora, porque en este tiempo de crisis las tasas de desempleo desorbitadas están ensombreciéndolo todo, también el día de fiesta por excelencia de las mujeres.

Sin pretender quitarle mérito (ni importancia) al componente reivindicativo, quisiera en esta ocasión incidir en el reconocimiento que la celebración de esta efemérides lleva implícito. El reconocimiento que, los 365 días del año, merecen, por mérito, esas mujeres anónimas, hijas, madres y abuelas, que heroicamente, con esfuerzo inagotable, sacan adelante a sus familias, hasta de entre la nada.

Reconocimiento a esas mujeres que, siempre lejos de la atención de los focos, de los tópicos del éxito profesional, son capaces, cada día, de superarse a si mismas y dedicarse, en cuerpo y alma, a los demás.

Me refiero, por ejemplo, a las abuelas que asumen el cuidado de los nietos; a las hijas que atienden a sus mayores o a los hermanos discapacitados; a las mujeres que, con el marido en paro, son capaces de hacer el milagro de que la familia llegue a fin de mes…

Reconocimiento a todas esas mujeres que desempeñan trabajos que no son remunerados, ni siquiera valorados, hasta tal punto que en ocasiones parecen ser invisibles, y que, pese a todos los pesares, continúan adelante, a costa incluso de renunciar a se ellas mismas; a luchar, trabajar, vivir por y para si mismas.

Reconocimiento y gratitud. Eso es lo que merecen las mujeres el 8 de marzo, hoy, mañana y siempre.

5 comentarios:

Manuel dijo...

Falta mucho, está claro que el camino es largo, empezando por llamarle a las cosas por su nombre.
La igualdad es un compendio de muchas cosas, pero fundamentalmente educacional.
Me uno a tu reconocimiento para con ellas
saludos

José Ramón dijo...

Súmome tamén a ese recoñecemento.

Hai que mirar moito polos dereitos das mulleres sen necesidade de tonterías como a paridade, porque pódese dar o caso de que un consello de goberno ou de administración dunha sociedade estea composto na súa maioría (ou na súa totalidade) por mulleres, por qué non? Pola mesma razón, se son maioría os homes, pois nada que dicir, sempre que nun caso ou noutro estean as persoas que teñen que estar, isto é, as máis capaces.

Cando falo dos dereitos das mulleres, no primeiro que penso é en que teñan, por exemplo, todo a favor para ser nais. Se a sociedade occidental non ten isto en conta irá directamente cara o abismo.

José Ángel dijo...

Tiven a sorte de compartir a mesa redonda organizada pola Comisión Provincial de Muller do Partido Popular, e alí escoitei testemuñas de mulleres traballadoras que fan e fixeron moito polos seus.....

Son da opinión que gracias as mulleres temos un mundo mellor....

Anónimo dijo...

totalemnte con el comentario que dice que falta mucho. de entrada el reconocimiento en la propia familia, pero estamos en el camino.
Ánimo

mateo dijo...

Felicidades neste día de San Xosé. Unha aperta.