martes, 29 de mayo de 2012

Modelo validado

As reformas precisan tempo para que provoquen o efecto desexado. Hai que ter algo de paciencia. Pero transcurrido un prazo prudencial, pode verificarse o seu resultado. O control do déficit que aplicou Núñez Feijoo dende que asumiu as súas responsabilidades e que estableceu coma un dos pilares básicos da súa acción de goberno, acadou obxectivos dende o primeiro momento. Así, nos últimos exercizos orzamentarios cumpriu a meta fixada e equilibrou as súas contas, a única comunidade autónoma que o fixo. É certo que eso conlevou sacrificios, e que cando principiaron a aplicarse as medidas encamiñadas nesa dirección, na que se implementaban na linguaxe política conceptos estrictamente económicos como austerididade e excelencia, algúns amosáronse escépticos. Certo é tamén que ese escepticismo hai que encuadralo no contexto correcto e ter presente quen o manifestaba ou, máis exactamente, a que ideoloxía política representaba. É labor de oposición, comprensible; pero ás veces o interese xeral debería antepoñerse ó partidista, máxime ante unha situación tan complicada como a actual. Obviando eses matices, do que non hai dúbida é que os resultados están aí, obxectivos e contrastables. Demostran, polo tanto, ademais de que os cambios aplicados na política económica precisan tempo para poder ser avaliados (insisto nelo porque é un aspecto transcendente), que son acertados. Galicia converteuse así no precedente, sustentando por resultados, que valida o modelo que tamén está a apricar o Goberno que preside Mariano Rajoy. Se a estratexia funcionou en Galicia, parece acertado augurar, sen medo nin complexo, que tamén funcionará no Estado. Primeiro hai que sanear (e hai moito que facer aínda neste eido) porque é só a través da austeridade e das reformas estructurais como se pode avalar un crecemento económico sostible. A austeridade (pese a que algúns insistan no contrario) non é incompatible con políticas orientadas a favorecer o crecemento e esta proposta de Rajoy está a contar co respaldo maioritario dos líderes europeos.

No hay comentarios: