lunes, 14 de mayo de 2012

Queixome do engano

O Goberno de Mariano Rajoy quere garantir o futuro das xeracións vindeiras. Ó Partido Popular preocúpalle o que está a pasar hoxe (é perentorio e é ademais a súa obliga), pero non se desentende da posteridade, dos efectos que poden ter mañá as medidas que adopte hoxe. Rajoy, o seu Goberno e o partido que o respalda, non pretende inhibirse das súas responsabilidades de goberno como fixeron outros. E iso a pesar de que algunhas desas medidas non foran adoptadas por convicción senón por obrigación. Si, é así, refírome á manida, pero moi presente e real, herdanza recibida, ese legado do que renegan con tanto énfase os socialistas e sobre a que, con alevosía y reiteración, tanto mentiron. Gobernar, como moi ben definiu nalgunha ocasión o presidente Núñez Feijoo, consiste en dicir a verdade e xestionar a realidade. E non vou enumerar a retahíla de erros, mentiras e incumprimentos que lles debemos ós socialistas. Pois ante un contexto tal, hai que reaccionar e actuar; tomar decisións que, pese a ser excepcionais e temporais, provocan unha lóxica inquedanza entre a cidadanía. Rajoy, a maiores dos reaxustes ós que as circunstancias obrigan, adícase a rectificar o que se fixo mal e a poñer en práctica o plan de actuación previsto: puxar por acadar a estabilidade orzamentaria poñéndolle coto a un déficit disparado e acometer reformas estructurais, entre as que destacan a reforma laboral e a reestructuración do sistema financieiro. Baixo a premisa da austeridade, a ampla acción reformista que está a levar a cabo o Goberno pretende, como fin último e principal, recuperar o crecemento económico e dinamizar o mercado laboral. E nesa dirección encamíñase o paquete de medidas que se están a aplicar. Mariano Rajoy falou claro durante a comparecencia que tivo esta semana no Senado: “non me queixo da herdanza senón do engano”. Porque é inengable, por moito que os socialistas tenten desviar a atención hacia outros asuntos, que as súas mentiras están a condicionar sustancialmente a actuación do seu gabinete. Rajoy quere, así o dixo tamén na Cámara Alta, que o legado que deixe o seu Goberno se achegue máis ó que recibiu Zapatero no 2004 que ó que lle quedou a el hai catro meses. Xa se sabe, dilapidar é sinxelo; atesourar recursos algo máis complexo.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

de acuerdo totalmente

quieren que no recordemos la herencia recibida pero... es inevitable, porque condiciona la labor de este gobierno

deberían de ser juzgados

Jose dijo...

Suscribo todo o artigo tanto no fondo como na forma. Pero se houbera que suliñar algunha parte do mesmo sería a derradeira: "dilapidar é sinxelo; ateusorar recursos algo máis complexo". E así é: para gastar vale calquera, non require un talento especial agás se se pretende facelo con racionalidade, sen esquecer a escasez dos recursos dispoñibles.

Anónimo dijo...

Todo muy correcto, pero esa herencia recibida, no llegó en gran medida de las comunidades autónomas gestionadas por politicos del Partido Popular?
Evidentemente no me refiero a toda la herencia, porque el anterior gobierno central tendrá mucho que ver, pero la famosa desviación del deficit, creo que no.
Y por otro lado ya que el problema de la deuda soberana era cuestión de que los mercados no confiaban en el anterior gobierno,Rodriguez Zapatero, sobre todo. ¿Como es que hoy hemos llegado a un máximo histórico? 470 puntos creo.
Bueno claro, tambien es la Herencia Recibida.

Caixa Galicia y Caja Madrid en manos de quien están?

Mateo dijo...

A cruda realidade que temos que afrontar é a dun momento difícil. De aquí somentes se sae con unha política eficiente y eficaz coma a que estades a facer.
Os resultados chegarán iso teñoo moi claro.
Acabámonos de enterar de que Griñán recortará os funcionarios e intentará reducir o déficit con reformas ou "recortes" como lle gusta dicir a Sr. Valenciano.
Non queda outra.