martes, 4 de septiembre de 2012

21-O

Anunciar a data de celebración das eleccións en Galicia e que socialistas e nacionalistas cambiaran o seu parecer sobre o adianto dos comicios foi todo unha. Os que días antes instaban, case retaban, a Alberto Núñez Feijoo a fixar canto antes a cita no calendario, aducindo que era o mellor para Galicia e presumindo ademáis da súa preparación para afrontar a contenda, chegado o momento non teñen ningún reparo en atopar motivos de crítica. Son contradiccións que non sorprenden pola súa reiteración pero ás que tampouco hai que afacerse. Que os socialistas foran celebrar primarias e que agora non o fagan por falla de tempo pese a que algún dos aspirantes a concurrir nelas amosou a seu disgusto pola súa cancelanción ou que un histórico líder nacionalista propoña, de cara o 21-O, a concurrencia conxunta das diversas fraccións nas que hai nada se ramificou o grupo frentista (e iso pese a que un dos motivos da ruptura foi precisamente as súa diferenzas ideolóxicas) e incluso amplialo a otras, tampouco nos estraña. Son as incongruencias típicas dos que pensan que todo vale. No único que sempre coinciden uns e outros é na unión contra o PP. Están sempre dispostos a converterse en amalgama cando as perspectivas poñen de manifesto que por separado a victoria é imposible, aínda que eso supoña renunciar a súa identidade diferencial que, canto os ventos son outros, blanden como bandeira. Aparcar a vocación de ser forza maioritaria ou precursor da recuperación das ideas puras non supón problema algún cando o interese partidista, ou mesmo persoal, anteponse ó xeral. Sen rubor nin pudor, buscan reeditar o goberno bipartito. Eu penso nembargantes que os galegos non botan de menos esa duplicidade nin as maneiras acuñadas por aquela bicefalia gubernativa. Así as cousas, coa oposición algo revolta e descentrada, Feijoo opta por apelar á solvencia. Os resultados están aí: contas saneadas e obxectivos de déficit cumpridos. Os logros de Galicia validan o modelo que está a aplicar Rajoy dende Madrid. Claro que sería desexable, e ata necesario, poder recoller os froitos antes, pero é igualmente innegable que a froita só cae da árbore cando está madura. Precisamos algo máis de tempo. Sei que desespera esta espera, pero a desfeita era de tal magnitude e tantos os problemas que requerían urxencia na súa resolución, que resulta imposible atallar dunha vez todos os frentes abertos. En Galicia, durantes estes tres últimos anos e medio e pese as dificultades, fixéronse ben as cousas e iso, estou convencido, será ben valorado pola cidadanía. Diciamos en 2008 que outro xeito de gobernar era posible; en 2012 podemos asegurar que así é.

No hay comentarios: