martes, 19 de marzo de 2013

Boa sintonía

Sintonía e cooperación. Ese pode ser o resumo do encontro que veñen de manter esta semana en Madrid o presidente da Xunta e o presidente do Goberno. E coido que non é un mal resumo a tenor das circunstancias. Nun contexto de axustes hai que ser consecuentes pero, pese a elo, hai que aspirar a que as infraestructuras clave para a vertebración de Galicia e para a súa conexión co resto de España vaian executándose segundo os prazos previstos e mesmo que os sectores estratéxicos da nosa economía conten con respaldo gubernamental, sobre todo, por exemplo, á hora de negociar novos acordos na Unión Europea. E eses compromisos foron ratificados. Ademais, é doado imaxinar que entre Feijoo e Rajoy hai moita e boa sintonía. A verdade é que teñen considerables puntos en común, por orixe e tamén por traxectoria. E non cabe dúbida tampouco de que o presidente do Goberno é un interlocutor extremadamente sensible ás circunstancias e peculiaridades da nosa Comunidade Autónoma. Ó fin, tamén por orixe e traxectoria, ten amplos coñecementos da realidade do noso país, dos seus puntos fortes e fracos, das súas carencias e necesidades. Por todo elo, estou convencido de que Galicia ten un excelente interlocutor na Moncloa e que Alberto Núñez Feijoo tamén está a altura do seu cometido e saberá, sen renunciar a nada, fixar prioridades á hora de reivindicar demandas para Galicia. Ambos deron mostras delo durante o encontro ó que fixen mención. A existencia de entendemento entre institucións é básico para que o barco chegue a un porto seguro. A través da cooperación e a colaboración, claramente é moito máis doado atopar solucións axeitadas para todas as partes implicadas por moi compricadas que resulten as circunstancias. Pero para chegar ó entendemento hai que estar predisposto para elo. E aínda que non se trata agora de reprochar actuacións pasadas, non está de máis lembrar que outrora as circunstancias e as actitudes eran distintas e non redundaron precisamente en beneficio dos galegos. Dando por feito que ben está o que ben acaba; é unha obviedade dicir que tanto Rajoy coma Feijoo xogan no mesmo equipo e, de todos é sabido, que traballar en equipo divide o traballo e multiplica os resultados. En Galicia, a boa xestión efectuada polo equipo que lidera Núñez Feijoo está a dar os resultados agardados e o mesmo acontecerá no Estado.

2 comentarios:

pfr dijo...

Es una suerte para los gallegos tener el presidente que tenemos en San Caetano y el presidente que tenemos en la Moncloa. Ánimo, queda mucho por hacer pero todo sea por el futuro de este pais.

pfr dijo...

Es una suerte para los gallegos tener el presidente que tenemos en San Caetano y el presidente que tenemos en la Moncloa. Ánimo, queda mucho por hacer pero todo sea por el futuro de este pais.