martes, 5 de marzo de 2013

Rexeneración

O paquete de medidas defendido por Mariano Rajoy durante o recente debate do Estado da Nación, e incluso as anunciadas esta mesma semana por Alberto Núñez Feijoo no Parlamento de Galicia, persegue promover a rexeneración da actividade pública e erradicar a corrupción. As propostas realizadas denotan a vontade decidida de solventar un problema que se está a converter nunha das principais preocupacións dos cidadáns deste país. A preocupación, hai que recoñecelo, está fundada. Pero cando se xeneraliza unha valoración, metendo no mesmo saco a xustos e pecadores, sempre se acaba por ser inxustos. Por elo, repito eiquí o que xa dixen en innumerables ocasións: en política non todos somos iguais. Aínda que, por descontado, é obriga de todos os que nos adicamos a ela manter unha actuación irreprochable, tamén é igual de importante facilitar o desenvolvemento de todos os mecanismos de control que permitan verificar, sen ningún atisbo de dúbida, que esa conducta é efectivamente íntegra e virtuosa. As medidas anunciadas por Rajoy non teñen precedentes na nosa historia democrática e son as máis ambiciosas e, se me permiten, tamén as máis valentes das adoptadas ata este momento. Non nego tampouco que as circunstancias obrigan a elo porque é urxente devolver a honorabilidad á clase política e, por riba de todo, fortalecer ás institucións que nos representan. Tanto Rajoy como Feijoo defenden a cultura da transparencia. Penso que deron sempre sobradas mostras delo. Endurecer as penas contra os corruptos, reforzando os controis, sexan os que sexan necesarios, para erradicar esas prácticas; reformar o código penal nesta mesma liña e controlar as actividades económico-financieiras dos partidos son algunhas das medidas previstas, ás que a bo seguro se poderán engadir outras moitas, que decididamente contribuirán a impedir que persoas innobles exerzan a distinguida función de representar ós seus conciudadanos nos diferentes niveis da administración.

No hay comentarios: