miércoles, 10 de julio de 2013

A PAC

A negociación da Política Agraria Común, que entrará en vigor en xaneiro do vindeiro ano, rematou por ser beneficiosa para os intereses españois. O ministro Arias Cañete puxou para que o que, de partida, pintaba lesivo rematara por resultar positivo, e acadou, ó termo da negociación, que prácticamente todas as reivindicacións do noso país foran aceptadas pola Comisión Europea. É un logro importante e tamén motivo para felicitar ó equipo que, liderado por Cañete, o acadou. Xa era hora de que os gandeiros e agricultores españois tiveran en Europa quén os defendera. Que o fixera, ademais, cunha única voz; e, por riba, en sintonía con todas as Comunidades Autónomas. En si mesmo, compartir obxectivos, favorecer esa sintonía, marca unha diferenza salientable con tempos non demasiado pretéritos. Quizais ésta sexa unha das razóns que explican o éxito. A nova PAC encamíñase hacia o mantemento dunha agricultura e dunha gandeiría profesionalizada, viva, coa vista posta no futuro. Apoia, en definitiva, un sector agropecuario activo e que representa, non hai que esquecelo, ó redor do oito por cento do noso Producto Interior Bruto. Corrixe ademais, e isto é moi importante, os defectos detectados no sistema de axudas. Así, España manterá ata o 2020 un nivel de subvencións similar ó que tiña ata o de agora, uns 47.000 millóns de euros (10.000 pequenos agricultores galegos terán acceso a elas), e terá potestade para delimitar a superficie agraria susceptible de ser subvencionada. En Lugo, as axudas supoñen ó ano preto de 100 millóns de euros e ó redor de 5.000 son os beneficiarios, que pertencen maioritariamente ó sector lácteo, en consonancia coa relevancia económica que o sector ten na provincia (o lácteo galego xenera o 38% por cento do leite que se produce en España e máis da metade é lucense). Contrariamente o que estaba previsto, tampouco se reducirá a axuda media por hectárea; e ésta aplicarase de xeito flexible. Desbótase igualmente a taxa plana que se prevía inicialmente e que, pola diversidade territorial do noso país, claramente resultaba perxudicial para os nosos intereses. Unha taxa plana, por certo, que o Goberno de Rodríguez Zapatero dera por boa. Coito que o sector primario español síntese mellor representado e defendido en Europa polo goberno do Partido Popular. Os feitos falan por si mesmos.

No hay comentarios: