lunes, 28 de octubre de 2013

En Madrid, co corazón

Hoxe o corazón de todos os cidadáns de ben deste país está en Madrid. Presentes ou en espírito, sempre de corazón, estamos alí. Estamos coas víctimas do terrorismo e coas súas familias. Antes; agora e sempre. Compartindo a súa perda e a súa dor. E tamén o seu enfado. As leis son para cumprir. Ó igual que hai que acatar os fallos xudiciais. Pero, dito esto, ninguén nos pode arrebatar o dereito a discrepar. E a sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humáns derogando a doctrina Parot, que para expresalo de xeito simple ven a significar que non sexa o mesmo matar a unha persoa que a 24, suscita, sendo eufemístico, moita controversia. Máxime cando no paquete de posibles beneficiarios entran, ademáis dos terroristas, asasinos e violadores especialmente violentos e reincidentes. Como controvertido é o papel que xugou o representante español no Tribunal de Estrasburgo, o socialista Luis López Guerra, quen sempre se caracterizou por ser contrario á aplicación da Parot. Unha traxectoria que culminou agora e cun resultado que casualmente coincide coa petición que no seu día lle fixera ETA ó Goberno do PSOE coma requisito ante unha hipotética desmantelación da banda. E non podo deixar de salientar tampouco por pintoresca (se me permiten a expresión) a decisión anunciada por Sortu de que non homenaxeará ós etarras que vaian saindo dos cárceres para evitar, segundo dixeron, ferir coa súa actitude ás víctimas. Os sorrisos dos asasinos ás mesmas portas dos presidios son, efectivamente, ofensivos de por sí. O que xa me provoca máis dúbidas é discernir se o anuncio dos herdeiros de Batasuna é por interese, por aquilo de evitar ser enxuiciados por enxalzamento do terrorismo, ou por humanidade. En calquera caso, que todos teñan claro que a posición do Partido Popular fronte o terrorismo segue a ser a mesma. O único que a estas alturas é aceptable de ETA é a súa disolución definitiva, a entrega das armas, e sen ningunha contraprestación ademais. Non haberá impunidade para os asasinos. E o Goberno mantén igualmente a su postura de que as penas, especialmente as de terrorismo, se cumplan íntegramente. Pero hoxe (e sempre) o importante son as víctimas. E estamos con elas.

No hay comentarios: