miércoles, 27 de noviembre de 2013

No ecuador

Estamos no ecuador da lexislatura. Dous anos compricados, moi difíciles. Pero non hai dúbida de que a situación, ainda que lonxe de ser a desexable, está moito mellor do que estaba. Dito esto, poden imaxinar que o meu balance sobre estes dous anos do Goberno de Mariano Rajoy é positivo. A actuación do Presidente neste tempo foi sempre leal co país. En todo momento deu puntualmente conta do que estaba a acontecer e que medidas se adoptaban para tentar resolver os problemas que ían xurdindo, ó mesmo ritmo que se ía desvelando a situación real na que se atopaba a nosa economía. Dicir a verdade resultou daquela novedoso, acostumados como estabamos ó proceder dos gobernantes anteriores. Claro que coa taxa de desemprego que temos non podemos sentirnos satisfeitos. Ese continúa a ser o gran reto ó que temos que darlle solución. Nembargantes, para facelo, deben producirse outros cambios igual de importantes e trascendentes, principiando por medrar a un ritmo suficiente como para afianzar o cambio de tendencia que se está xa a contabilizar no que ó desemprego e a outros factores se refire. Pero, para facer unha valoración seria, por moito que quixéramos que o contexto actual fora outro, temos que ter moi presente o punto do que partíamos. E hai dous anos, para ser concisos, o noso país estaba en grave risco de quebra económica e social, coa prima de risco a niveis nunca vistos, coa sombra da intervención axexando cada día e durante moitos meses e a desconfianza como triste elemento de presentación nos mercados internacionais. Pode que todo esto pareza que está moi lonxe, pero hai menos de dous anos de todo aquilo. E hoxe, con todos os matices indicados, o cambio experimentado polo noso país é radical. Dentro e fora das nosas fronteiras. É innegable que chegar ata eiquí supoxo un sacrificio enorme. Pero cando o barco está á deriva, hai que actuar con valentía e tomar medidas, que non son as desexables, pero que si son necesarias. O proceso de reformas que se están a levar a cabo é obrigado se pretendemos encauzar a situación e consolidar a nosa recuperación económica. Non hai que pecar de optimistas pero tampoco hai que deixarse embargar polo desacougo e ver permanentemente a botella medio vacía. Coido que a actuación do Goberno durante estes dous anos foi acorde coa situación e estivo á altura das circunstancias. España está outra vez onde non debeu deixar de estar, entre os países que ofrecen seguridade e garantía. Estamos no bo camiño, agora temos que consolidar ese inicio de recuperación. Non será doado pero estou convencido de que o camiño que nos queda por percorrer será moito menos duro.

No hay comentarios: