lunes, 23 de diciembre de 2013

Benvido 2014

Achégase o remate deste compricado 2013. Pero o Nadal é a antesala dun novo comenzo, unha porta aberta ás ilusións renovadas, ós proxectos; á continuación da vida, en definitiva. Serán estes días tempo para adicar ó lecer, ó descanso e á reflexión. E todo, a poder ser, en boa compaña porque tanto as alegrías como as penas son moitísimo menos levadeiras cando se pasan en soidade. As viandas típicas destas datas a bo seguro que tamén axudarán a crear ambiente. Boa compaña, ó redor dunha mesa ademais, é, na miña opinión, un dos plans máis perfectos que poidan imaxinarse e desexarse. Este ano que está a piques de rematar foi moi difícil. A crise económica obrigou a facer máis reaxustes dos desexables pero coido que o esforzo pagará a pena. Superamos a recesión e, se a tendencia se vai afianzando e os índices macroeconómicos manteñen a mesma senda, os froitos dese sacrificio serán tanxibles neste próximo 2014. Esta mellora é, claro está, un desexo de ano novo pero cunha base moi sólida de realidade. Supera, polo tanto, eses propósitos tan recurrentes nestas datas como a tan manida promesa de que éste si será o ano no que a máxima que nos guiará será a vida sana, no sentido máis amplo da palabra que poidan imaxinar. En calquera caso, permítanme empregar esta atalaia para desexarlles, de corazón, que este Nadal esté cheo de saúde, fortuna e amizade para todos. E que, na medida do posible, eses propósitos de Nadal ós que cada quen se encomenda se fagan realidade. Agardo tamén que os que desafortunadamente están pasando por algunha penuria conten nestas datas coa solidariedade dos demais e sintan esa calor humana da que sempre é importante disponer pero que, nestas datas, é, se cabe, máis desexable e imprescindible. Bo Nadal e feliz 2014.

No hay comentarios: