martes, 18 de febrero de 2014

Menos deputados

O Parlamento galego vén de iniciar o proceso para reformar a Lei electoral e o regulamento da Cámara que permita rebaixar de 75 a 61 o número de deputados. A ninguén debería sorprenderlle a proposición de lei presentada polo Grupo Popular, posto que antes de que rematara a pasada lexislatura, amosara a súa disposición a promover esa reforma. Nin sequera os termos da mesma, xa que o número proposto mantense dentro da franxa de representantes fixada polo Estatuto de Galicia; e menos ainda a súa intención, encamiñada ó aforro, que se estima nun millón de euros, pero sobre todo a transmitir á cidadanía unha mensaxe inequívoca de que as institucións, como as familias e as empresas, tamén axustan o cinto en época de crise. Nada nin ninguén é alleo a ela. Coherentemente con esta postura, o PPdeG incluiu a proposta no programa electoral co que concurriu ós comicios de hai dous anos e que foi amplamente respaldado polos galegos. E agora, lóxicamente, é tempo de cumprir o compromiso. A reducción no número de deputados non vai en detrimento da representación democrática nin altera tampouco os resultados electorais nin modifica sustancialmente a composición ideolóxica do Parlamento galego por moito que outras formacións políticas insistan nelo, sen formular ademáis propostas alternativas que teñan unha fundamentación sólida. Outras comunidades autónomas, como Castela-A Mancha, Madrid, Baleares ou Valencia, tamén están dispostas a tomar medidas semellantes. A reducción de deputados coido que é unha medida axustada ás circunstancias e que non hai que menospreciar o efecto exemplarizante que se deriva dela. En calquera caso este é un paso, significativo, pero un primeiro paso que pode ir moito máis lonxe se nos abrirnos a reflexións aínda máis amplas como pode ser, entre outras, o importante montante económico que se adica ás campañas electorais. Trátase de reaxustar e controlar os gastos e iso non atenta, en ningún caso, contra a democracia, pode incluso que sirva para reforzala.

No hay comentarios: