martes, 4 de marzo de 2014

Debate

Do discurso de Mariano Rajoy no recente Debate do Estado da Nación quédome coa idea de que a mellora da situación xeral do noso país é un triunfo dos españois, froito do seu sacrificio. Correxir os erros económicos cometidos polo Partido Socialista durante a súa etapa de goberno non está a ser doado. Resulta tamén evidente que o efectivo progreso macroeconómico, perfectamente cuantificable, aínda non se fixo sentir nas economías domésticas. Pero, como xa apuntei en varias ocasións dende esta mesma atalaia, hai datos positivos que non deixan sombra de dúbida sobre o cambio de rumbo, que nos permitirá principiar a rendabilizar sen espaventos o esforzo efectuado durante estes dous últimos anos. Dende a prima de risco, ó tipo de interese da débeda, ó índice do IBEX, pasando pola balanza comercial, as exportacións, o récord turístico ou mesmo os datos da EPA ou a revisión á alza do Producto Interior Bruto. A asignatura pentende segue a ser a creación de emprego, estable e de calidade, e tamén nese ámbito hai atisbos de esperanza, que coido que se verán notoriamente incentivados polos anuncios feitos a este respecto polo Presidente. Entre eles, suliño a tarifa plana de cotización durante os dous primeiros anos para contratos estables e que ten coma obxectivo crear emprego neto. Rajoy tamén fixo un adianto das reformas tributarias nas que está a traballar o Goberno, principiando pola exención do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas ós que ingresen menos de 12.000 euros anuais, e que progresivamente permitirá devolver ós contribuíntes o poder adquisitivo perdido en 2012. No debate, a un apocalismo irreal, sen propostas alternativas e sen recoñecemento algún ós avances experimentados, contrapúxose un idealismo realista, baseado en feitos e datos, que abre á porta a unha moderada confianza de que un futuro mellor é posible. A pesar de que o camiño que queda por andar é aínda longo, o avance, lonxe de euforias exultantes, é cuantitativo y cualitativo. Non estaría de máis que todos fóramos capaces de acéptalo e, aínda que sexa moderadamente, alegrarnos por elo.

No hay comentarios: