jueves, 18 de agosto de 2016

ESTABILIDADE OU DESGOBERNO Coa súa decisión de facer coincidir os comicios en Galicia cos vascos, Alberto Núñez Feijóo volve a demostrar que os intereses dos galegos están por enriba de todo. O PPdeG ten enfronte a un conxunto de formacións que non falaron nin de programas nin de proxectos para Galicia, porque a maioría están aínda decidindo a súa fórmula organizativa. Só hai que ver o proceso de casting, a modo de show televisivo, que levaron a cabo. En En Marea, abandeirada da celebración de primarias, foron os alcaldes de Santiago, Ferrol e A Coruña os que elixiron ao maxistrado Luis Villares sen consultar coa militancia, conseguindo así o seu propósito de apartar a Beiras da vida política. Villares, o candidato teledirixido, é un exemplo máis do que a nova política entende por democracia. As Mareas e a formación de Pablo Iglesias esperaron ata o último instante para decidir de qué xeito se presentarán ás eleccións e tomaron a decisión á desesperada. Pola súa banda, o BNG afronta os comicios cos deberes feitos, pero sen saber se tocou fondo na súa perda de apoios electorais. No PSdeG madrugaron para escoller ao seu candidato, Joaquín Fernández Leiceaga, pero parece que agora nin eles o consideran axeitado. As decisións da xestora, que dirixe o partido trala marcha de Gómez Besteiro e as do candidato electo Leiceaga impóñense nas provincias de A Coruña e Lugo, pero non así na de Pontevedra, onde Abel Caballero segue levando a voz cantante. Mentres, en Ourense aínda perdura a sombra do exsecretario Pachi Vázquez. Este é o desmembrado panorama da esquerda en Galicia; fronte a isto o PPdeG continúa sendo un partido sólido e unido, con anos de traxectoria, que non ten dificultades internas e que pode adicar todo o tempo ao que realmente importa: Galicia e os galegos. O modelo que nos espera se Alberto Núñez Feijóo non consegue unha maioría suficiente para mantenerse á fronte da Xunta é o dun popurrí de partidos con incapacidade demostrada para chegar a acordos incluso dentro da súas propias formacións.

No hay comentarios: