jueves, 1 de septiembre de 2016

Por responsabilidade, polos españois

A necesidade dun Goberno en España é cada vez máis urxente, os españois así o manifestan e asuntos tan importantes coma a elaboración duns orzamentos non poden agardar máis. Para poñer fin a esta situación hai un Partido e un presidente que está poñendo toda a carne no asador e non vai abandonar o intento de que España teña un Goberno serio, responsable e que responda ás necesidades dos españois. Este partido é o Partido Popular e o seu presidente Mariano Rajoy, que recibiu o apoio maioritario e o encargo tralas eleccións do 26 X de dirixir e marcar o rumbo de España. O PP é un partido forte e unido, cun presidente leal e responsable que se preocupa dos máis de 46 millóns de españois; en contraposición a outros, coma Pedro Sánchez, que tristemente segue pensando en si mesmo. O próximo 30 de agosto, Mariano Rajoy responderá ao encargo do Rei e ao mandato das urnas e someterase á sesión de investidura coa clara e decidida intención de que España teña un Goberno que funcione e non en funcións. Para isto, o PP está demostrando sobradamente que sabe dialogar, que quere pactar e que busca, coa man tendida a outras formacións políticas, para que os españois teñan un Goberno que afronte os retos e as preocupacións da gran maioría. Agora ben, a pelota está no tellado do PSOE. Pedro Sánchez debe deixar de pensar en si mesmo e mirar polos intereses xerais de España, xa que neste momento histórico ao PSOE correspóndelle dar unha saída á situación de bloqueo na que nos encontramos e evitar así ir a unhas terceiras eleccións. Por responsabilidade, polos españois e en consecuencia do que as urnas reafirmaron con forza o pasado 26 X, o PSOE e Pedro Sánchez deben antepoñer os intereses xerais de España aos seus propios, saír da senrazón do ‘non’ que practican por sistema e permitir que España teña Goberno e non vaiamos así a unhas terceiras eleccións, que é o que o PP e Mariano Rajoy estamos intentando evitar con todas as nosas forzas.

No hay comentarios: